07/06/2009

EMULANDO A ....

 

O estilo de Picasso é claramente recoñecible, podemos pasar un rato xogando ser verdadeiros artistas cubistas, mira nesta páxina para facer a túa obra e revisa a galería, contén algunhas imaxes ben orixinais.










Tamén podemos pintar como Jackson Pollock, coa súa técnica do dripping e a action painting.
Pincha na obra e non te sorprendas ao ver a pantalla en blanco, move o rato.




Pero sempre é mellor o orixinal, vexamos a Picasso e a Pollock traballando








Outra opción que podes seguir é facer un rayograma, para saber o que son mira nesta páxina o concepto e a forma de realizalos.
O máximo expoñende de rayogramas é Man Ray: rebeleime contra da miña cámara fotográfica e tireina. Tomei canto me collía na man: a chave da habitación do hotel, un pano, lapis, unha brocha, un cacho de corda. Non estaba obrigado a bañalos no líquido. Deixábaos sobre o papel seco e expoñíaos á luz uns segundos coma se foran negativos. Estaba moi excitado e divertíame moitísimo.
Agora que xa sabes o sistema visita o MoMA (Museo de Arte Moderna de Nova York) e fai os teus rayogramas, só tes que tomar obxectos combinados como queiras e darlle logo a exposición (expose)
Tamén se pode facer on line un mobil imitando os de Calder, escultor cinético. Vexamos algo do seu traballo antes de imitalo vendo neste video unha das súas obras de maior tamaño situado na entrada da National Gallery of Art



Para facer o teu móbil pica sobre a imaxe para ir Mobile Maker, comeza co deseño da estructura (branches) e logo vas engadindo as pezas que queiras: poderás ir sumando mais estructuas e máis elementos, vas vendo o resultado e ti decides. Finalmente para fixalo e comece a moverse: balance e see motion.




A Tate de Londres desenvolveu no 2008 unha exposición de Street Art e paralelamente creou unha aplicación para poder realizar graffitis on line, podes probar



A National Gallery de Washington permite practicar a expresión por medio de composicións abstractas. Arriba tes unha galería de imaxes e abaixo a aplicación para realizar a tua obra





0 comentarios:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir