08/07/2009

A PIEDADE DO VATICANO, MIGUEL ANXO

Piedade do Vaticano, 1500


Un cardeal francés embaixador de Francia na corte papal encárgalle a obra para a súa tumba na capela de Santa Petronila. Miguel Anxo conta con 25 anos. Está esculpida nun único bloque de mármore de 1,74 m de altura
O fotografo austríaco, afincado en Nova York, Robert Hupka, obtivo permiso para pasar varios días e noites, a soas, facéndolle fotografías cando a obra estivo exposta na Exposición Universal de Nova York en 1964. O resultado foron máis de 1.000 fotogramas en branco e negro e en cor, con distintas máquinas e distintas lentes, tomados desde todos os puntos de vista, incluso cenitais grazas a un pequeno entarimado que construíu ex professo.
Unha selección de 150 imaxes foron publicadas nun marabilloso libro, Viaxe ó redor dunha estatua. Tamén conformaron unha exposición que percorre Europa. Son tomas fermosas, silenciosas, sereas, inquedantes e que invitan á reflexión, ó tempo que permiten apreciar a perfección técnica da escultura. El mesmo dixo "por primeira vez souben o que é estar diante da verdadeira grandeza"

Saber e ver máis sobre a exposición e Robert Hupka










0 comentarios:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir