08/07/2009

A ÚLTIMA CENA, LEONARDO DA VINCI

A obra foi realizada entre 1494 e 1498 para decorar a parede do refectorio do convento dominico de Satan María das Gracias en Milán, por encargo do duque Ludovico Sforza.

Movido polo se afán investigador, non empregou a técnica do fresco senón que a executou ó temple e óleo sobre dúas apas de xeso sobre un enlucido. O experimento fracasou: recén terminada, a pintura empezou a desprenderse da parede.
Os intentos de restauración e conservación non lograron manter o estado orixinal, de xeito que gran parte da superficie orixinal perdeuse.
Isto non impide que sega a ser unha obra impactante pola súa grandiosidade, composición e a individualialización dos personaxes, como el mesmo dixo "cada personaxe debe ser pintado con arreglo á súa idade e condición"
Hoxe podemos disfrutala en alta definición para non perder ningún detalle. Segue o fío.


Dan Brown e o Código da Vinci

O exitoso libro sostén que a figura á dereita de Xesús sería María Magdalena ó confundir os rasgos suaves do rostro de Xoán cunha figura feminina. Hai que recordar que Xoán é o discípulo preferido, o protexido e como tal, respondento ós prototipos, representase como un home moi xoven, imberbe e de longos cabelos para simbolizar que aín non ten madurado. Ademáis, de ser María Magdalena, ¿onde está o duodécimo apóstolo?.
Tampouco se pode admitir esa idea dunha man a maiores. Trátase da man de Pedro que sostén o coitelo seguindo os escritos do Evanxelio de San Xoán onde se dí que Pedro saca unha espada en defensa de Xesús.




0 comentarios:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir