14/08/09

Picasso visita o planeta dos simios



Adam and the Ants, banda inglesa dos 80, compuxo a canción a raíz dunha visita a España. Contan que a compañía discográfica quixo agasallalos cunha cea na casa dun dos novos ídolos españois do momento: Miguel Bosé. As cousas non ían moi ben e o cantante, Adam, refuxiouse no baño onde descubriu que as paredes estaban decoradas cunha serie de debuxos de Picasso: de aí ven a canción.
Non é na súa honra nin unha homenaxe, pero como resulta curiosa a súa orixe e crítica a súa letra, aí vai.

See the spaniard eating chocolatesSee the spaniard have a ballSee the spaniard trust in no oneHe’s on quality street, ...As the masters rot on wallsAnd the angels eat their grapesI watched picasso visit the planet of the apesAs the masters rot on wallsAnd the angels eat their grapesI watched picassoPablo picassoVisit the planet of the apes (yeah)See the spaniard seek companionSee the spaniard take it allSee the spaniard sell his friends outHe’s on quality street, ...And pretenders pretendTo their patronage lend
But it’s the ones we don’t seeThat always fascinate me

As the masters rot on wallsAnd the angels eat their grapesI watched picasso visit the planet of the apesAs the masters rot on wallsAnd the angels eat their grapesI watched PicassoPablo PicassoVisit the planet of the apes (yeah)As the real heroes diedAnd their ideas suppliedTo a fat little magpieWith money in his eyesThey bowed and they scrapedAs opinions he shapedNow every little sketch a fortune will fetchAnd the bleach killer kills, ...And as the masters rot on walls
(see the spaniard sell the whole world)...

Piero della Francesca

¡Un divertimento!: Javier Crahe canta a Piero della Francesca ironizando sobre as formas xeométricas



09/08/09

HUMOR EN VIÑETAS E VÍDEO






























Se Ikea fíxese Stonehenge



E moito humor en vídeos
Os Monty Python, os pais de A vida de Brian, ¿recordades?, fixeron durante anos programas de humor na BBC. Estes son algúns dos episodios






Neste caso o video non recolle completo o final: houbo alguén que non votou a favor porque non ergueu o brazo, ¿quen?, a Venus de Milo







Algo sucede no museo cando pecha .....


Os humoristas da serie Muchachada Nui fan unha serie de sketches baixo o nome de Cuadro barroco. Serve para distintos temas sobre os que dialogan ambos personaxes, podes velos en YouTube
A obra que utilizan é un anónimo flamengo do século XVII ás veces atribuído a Quentin Massys. O cadro coñécese como como Os cambista ou O recadador de impostos e o seu garante.
Esta é unha das parodias, máis relacionadas coa arte.



E unha animación do 2006 obra do director taiwanés, Goo-Shun Wanag, da Escola de Artes Visuais de Nova York, inspirada na litografía de Escher Ascendendo e descendendo (1960).
Trátase dunha figura imposible, unha ilusión óptica, na que se engaña a perspectiva, que Escher toma de Penrose matemático inglés) quen presentou a figura no 1958 xunto con outras formas imposibles.
Á esquerda a figura de Penrose e á dereita a litografía de Escher









Xa temos falado da publicidade en relación coa arte, imos ver agora como a creatividade e o divertimento se conxugan.
A web Worth1000, dedicado á fotografía, celebra moitos concursos sobre edición de imaxes, o caso que nos interesa é aquel no que pedía que a partir de obras de arte e por adición de elementos se realizaran novas posters publicitarios, é dicir trátase de tunear a obra orixinal. O resultado é realmente divertido, só vos amoso algunhas das creacións, pero podedes pasar un bo rato vendo moitas outras que se encontran pola rede.

 


Maior significación ten a contrapublicidade: unha parodia dos anuncios. Emprega as técnicas publicitarias para alterar as mensaxes. Realmente constitúe unha forma de protesta contra a sociedade de consumo polo que enlazan cos movementos antiglobalización. Existen moitas páxinas deste tipo con imaxes como estas.







  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir