16 de ago. de 2009

Andy Warhol: Velvet Underground, Lou Reed e John Cale, David Bowie

A Velvet Underground foi un grupo musical formado a finais de 1964 en New York por Lou Reed e John Cale, principais compositores e os membros mais coñecidos. O grupo comezou a labrar unha reputación na escea underground da cidade chamando a atención de Andy Warhol quen se converteu no seu manager. Este animounos a incluír a cantante e modelo Nico, por entonces xa estrela da Factory, quen formaría parte da banda no primeiro cd, e a actuar na súa exposición de arte multimedia, a Exploding Plastic Inevitable. Pagoulles tamén o estudio de gravación para o seu primeiro LP e debuxou a portada (á dereita9. Sen embargo comezou a ter fortes discrepancias con Lou Reed sobre o camiño musical que debían seguir, polo que a súa relación artística rematou por romper.


La mañana del domingo trae el alba
Es una sensación de inquietud a mi lado
Temprano amanecer, la mañana del domingo
Son los años perdidos todavía tan próximos
¡Cuidado!, tienes el mundo detrás
Siempre hay alguien que te llama
No es nada

Domingo por la mañana y estoy cayendo
Tengo un presentimiento, no quiero saberlo
temprano amanecer, la mañana del domingo
Son todas las calles que cruzaste no hace mucho
¡Cuidado tenés al mundo detrás
Siempre hay alguien que te llama
No es nada.
¡Cuidado! tienes al mundo detrás
Siempre hay alguién que te llama
No es nada
La mañana del domingo
La mañana del domingo
La mañana del domingo

O grupo continuaría a súa andadura con catro discos máis de estudio, pero a progresiva marcha dos seus membros orixinais fixo que se separasen en 1973, con puntuais reunións durante os anos noventa. Aínda que nunca foron un grupo de éxito, comercialmente falando, co paso dos anos foron considerados un grupo de culto e músicos de referencia para varias xeracións de artistas.
A súas letras arriscadas sobre temas controvertidos, coma as drogas ou o sadomasoquismo, abriron portas para que outros grupos o fixeran. Así mesmo a súa música de tentes experimentais, empregando diferentes tipos de distorsións, cambios de ritmo, incluíndo o ruído, e sempre aberta á innovación axudaron notablemente ó desenvolvemento de xéneros coma o punk rock ou o rock experimental e seguen sendo, aínda hoxe, un grupo de referencia para un gran número de grupos.

Tempo despois, en 1987, a morte de Warhol fixo coincidir a Reed e Cale, e xuntos decidiron facer un disco en homenaxe do amigo desaparecido. O resultado é Songs dor Drella, publicado en 1990. Drella é resultado de sumar dúas palabras coas que se designa a Warhol: DRE por Drácula e ELLA por Cinderella.
Inclúen temas en referencia á súa cidade de nacemento, ó seu estudio, ó traballo, á repetición de imaxes característica da súa obra, ós seus medos,.. Déixovos a moi sentida Hello, it´s me, unha fermosa despedida.


Andy, soy yo, hace tiempo que no nos vemos
Querría haber hablado más contigo cuando estabas vivo
Cuando actuabas con timidez creía que era seguridad en ti mismo
Hola, soy yo
Te extraño mucho, extraño tu mente
No escucho ideas como esas desde hace mucho, mucho tiempo
Me encanta verte dibujar y verte pintar
Pero la última vez que te ví, te dí la espalda
Cuando Billy Name estaba enfermo y encerrado en su cuarto
Me pediste algo de speed, creí que era para ti
Siento haber dudado de tu buen corazón
Parece que las cosas acaban antes de empezar
Hola, soy yo, aquella exposición fue fantástica
Con tu cartel pintado de vacas y las almohadas plateadas flotantes
Ojalá te hubiese prestado más atención cuando se reían de vos
Hola, soy yo.
"Disparan a un artista pop", decía el titular
"¿Cuenta el tiroteo? ¿Warhol murió de verdad?
Te dedican menos tiempo por robar un coche
Recuerdo haber pensado mientras escuchaba un disco mío en un bar.
Te odian de verdad, ahora todo cambio
Pero guardo un cierto resentimiento que nunca voy a poder borrar
Me diste donde dolía, no me hizo gracia
Tus diarios no son un epitafio digno
En fin, Andy, supongo que tenemos que irnos
Espero que de algún modo te guste este pequeño espectáculo
Sé que llega tarde, pero es la única forma que conozco
Hola, soy yo, buenas noches Andy
Adiós, Andy

Traduccións tomadas de http://www.loureed.8m.com

No 1971, no seu álbum Hunky Dory, Bowie publicara unha canción así titulada Andy Warhol, a quen non lle gustou nada. Bowie acudiu a cantala ó seu estudio, as versións que circulan é que Warhol estaba morto de vergoña e tomou moi a mal esta homenaxe irónica, o único que dixo foi : "os teus zapatos son moi bonitos, David", e marchouse.
O estribillo di algo así como: "Andy Warhol ten unha pinta escandalosa/cólgao da miña parede/Andy Warhol, pantalla de prata (polo cine)



Outros moitos músicos tomaron a figura de Warhol e a súa significación para compoñer cancións, así Llittle Joy presenta esta canción How to hang a Warhol (Como colgar un Walhol)

iiiiiiiii aaaaa


0 comentarios:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir