24/10/2009

Yves Klein e o Azul Klein

 

No 1958 Domenico Modugno presentou no Festival de San Remo a canción Nel blu dipinto di blu, coa que acadou o primeiro premio. A canción tivo éxito en todo o mundo, e foi record de vendas. Nos EEUU rebautizouse como Volare, foi versionada por Frank Sinatra, Ella Fitgerald, Louis Amstrong, Adriano Celentano, Al Bano, Eros Ramazotti e Laura Pausini, entre outros.







Volare, oh oh, cantare, oh oh oh oh nel blu
dipinto di blu felice di stare lassu

 
O título da canción viña da cor azul recentemente creado por Yves Klein, un azul intenso, brillante, ultramarino, que patentou co nome de Azul Klein ou Azul Klein Internacional (IKB) e ó que lle daba a significación do infinito cósmico e do que dicía que mostraba o invisible facéndose visible. Estas obras están en conexión coa arte conceptual e coa arte minimalista.
Desde moi novo, Klein interesouse polas composicións monocromas. Se ben realizou monocromías de diversas cores, terminou por centrarse no azul que pasaría a empregar de xeito exclusivo en lenzos, esculturas (á dereita, Venus en azul, 1961) e na serie Antropometrías do Período Azul, nas que as modelos pintaban o seu corpo desa cor e logo deixaban a impronta do corpo sobre pel ou lenzo apoiándose nel. Estas obras poden considerarse antecedento do Body Art.
Mira o vídeo das performances das pinceladas viventes de 1960.
 
 


0 comentarios:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir