10/09/2010

UN CORTO REALIZADO Ó ÓLEO














O artista ruso Alexander Petrov, emprega unha técnica moi especial para realizar cortametraxes de animación.
Sabemos que para cada segundo de animación hai que facer 24 fotogramas de debuxos, isto foi o habitual, recorda as películas clásicas de Disney. pero lhai outras fómulas: con obxectos, con figuras de plastilina, con marionetas ou de xeito dixital.
Petrov realiza cada fotograma con pintura ó óleo sobre grandes planchas de cristal, traballando basicamente cos dedos e ás veces con pinceis para os pequenos detalles. É un traballo moi laborioso, para unha película e 20 minutos precisa case 30.000 imaxes. Resulta así que o que vemos son sucesivos cadros ó óleo sobre cristal, fíxate na imaxe que segue, parece un cadro pero é un fotograma. recordan os cadros dos realistas ou dos impresionistas.


O proceso é lento e complexo. Parte dun storyboard, viñetas debuxadas a lapis, e sen cores, coas que se narra a historia. Logo pasa cada viñeta á placa de cristal, en maior tamaño, pintando con óleo, con poucas cores, como máximo seis, de modo que obtén tonalidades variando a densidade da pintura. A partir dese cadro base, vai filmando ó tempo que modifica o deseño inicial para ir producindo o movemento, é dicir destrúe e refai continuamente.
No seguinte vídeo, aínda que en ruso, podemos ver a técnica.


Basada no libro de Hemingway O vello e o mar, realizou esta curtametraxe de 20 minutos de producción canadense cuns resultados estéticos impresionantes e polo que recibiu un Oscar en 1999, amén de outros premios máis. Está realizada para proxectar en IMAX, un sistema de proxección de moi alata definición de imaxe e de grandes proporcións, pensa que a pantalla IMAX stándar mide 22 m de ancho e 16 m de alto, o espectador semella estar dentro da acción que sucede na cinta.
A curtametraxe narra a historia dun vello pescador, Santiago, que se adentra no mar para pescar esperando que a sorte, que fai moito que non o acompaña, vire. En efecto, un enorme peixe espada pica o anzó, e comeza a loita entre o vello e o peixe,......
Disfrutao aínda que non é o mesmo que velo en IMAX ou en TV.






0 comentarios:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir