23 de nov. de 2011

AS SÚAS LABORES

Ata fai ben pouco as mulleres eran educadas exclusivamente para ser amas de casa. En Crónica dunha morte anunciada, García Márquez escribe:

elas foran educadas para casarse. Sabían bordar con bastidor, coser a máquina, tecer encaixe de bolillos, lavar ,...
En España, e durante moito tempo, as mulleres sen estudios ou sen unha profesión cubrían a folla de empadroamento poñendo SL no apartado "profesión". Pero, ¿que era SL?. As siglas respondían a Sus Labores, o que equivalía a dicir que o papel da muller era atender a casa para cumprir unhas funcións básicas: coidar do esposo e dos fillos. Por sorte hoxe esta concepción restritiva do papel da muller ten desaparecido.
Certo que a muller facía e segue a facer labores, entendendo como tal coser, fiar, bordar, tecer, palillar, ...... Isto é o que a miúdo ten recollido a pintura ao longo dos séculos: a muller facendo labores no fogar.
Nas imaxes que seguen vemos o modo habitual do tratamento do tema: a muller soa, nun marco espacial reducido -sexa interior ou exterior-, concentrada, nun entorno silencioso e calmo, allea ao que pasa ó seu redor, seguramente pensando.




































Outra forma de velo era presentando a muller como nai, ocupada no labor ó mesmo tempo que coida dos fillos, ensinando á filla ou traballando en grupo.

Get the flash player here: http://www.adobe.com/flashplayer

Tamén nas clases máis poderosas as mulleres practican labores, seguro que non por necesidade senón como entretemento "moi feminino". Mira




Pero pasa o tempo e chega a revolución industrial e a máquina de coser, no século XIX. Foi unha innovación de fortes repercusións, ata o momento o xeito de coser tiña evolucionado moi pouco desde a introdución das agullas de aceiro. Agora con ela, a diferencia doutra maquinaria industrial, a muller pode elaborar as roupas e vestimentas da xente da casa, bordar manteis ou facer cortinas, con moita máis facilidade, teñen un espazo propio para un labor ó que lle dedican o tempo que queda das rutinas diarias.

Pouco cambia sen embargo o xeito de mostralo na arte, segundo vemos nestas dúas obras á dereita e esquerda. Segue a representación individualizada, mantense ese aire de recollemento e silencio -só roto polo traqueteo da máquina-, a concentración no traballo que xa víamos anteriormente.



Carlos Maside,Costureira, 1945










Edward Hopper, Muller cosendo a máquina, 1921





A máquina de coser trouxo outra consecuencia: moitas mulleres vanse converter en costureiras ou modistas. Un traballo socialmente admitido e có que se colabora na economía doméstica, pero certamente un traballo duro. Thomas Hood publicou no 1843 esta Canción da camisa na que glosa a miseria das costureiras inglesas
Con dedos cansados y magullados
Con párpados pesados y enrojecidos,

Se sienta una mujer, en harapos poco femeninos,

Manejando aguja e hilo

¡Cose, cose, cose!
En la pobreza, el hambre y la suciedad,

Y aún, con una voz doliente

Canta la "Canción de la camisa."…
Coa costura a muller incorporase ó mercado laboral como profesional liberal, ás veces có seu propio taller cheo de aprendizas ou incluso cunha tenda para a venda directa. Non son moitas as obras que reflicten esta temática, queden como mostra as que seguen






Paul Signac, Dúas deseñadoras na rúa do Cairo, 1885-86

















Stitfer Moritz, Costureiras, 1889




















 













Fernando Botero, Taller de costura, 1957













20 de nov. de 2011

MULLERES DESESPERADAS

Observa os títulos de crédito da serie televisiva de Mulleres desesperadas, ¿recoñeces as obras que se utilizan?






Por se non as recoñeces, estas son as referencias que se aparecen:

Adán e Eva.
Lucas Cranach, o Vello, 1507
O matrimonio Arnolfini.
Jean van Eyck, 1434
Litografía do templo de Philae en Exipto
David Roberts, s.XIX

American Gothic.
Grant Wood, 1930
Pin-up, chicas de calendario.
Gil Elvgren.
Unha estética dos anos 20
Am I Proud. Poster dos anos 40
Dick Williams
Lata de sopas Campbell.
Andy Warhol, 1969
Couple Arguing and Romantic Couple
Robert Dale, 1960




OBRAS DE BEN PRETO

Se ben nada hai mellor que desfrutar dunha pintura en directo, a tecnoloxía permite ver cadros a unha altísima resolución.
Google Earth, programa de instalación gratuíta, e o Museo do Prado chegaron a un acordo que permite visualizar 14 grandes obras dos seus fondos cun detallismo microscópico e unha nitidez verdadeiramente sorprendente, nin cunha visita en vivo o espectador pode achegarse a ver partes do cadro que nalgúns casos poden estar a tres metros de altura.
As Meninas de Velázquez, O Xardín das Delicias do Bosco, Os fusilamentos do 3 de maio de Goya ou o retrato dun Cardeal de Rafael, son algunhas desas obras mestras que se poden ver.
As obras son
Para acceder ás imaxes debes ter instalado o programa, ir a Madrid e picar no Museo do Prado.
¡Non deixes de miralo!

Aquí queda unha mostra do Xardín das Delicias do Bosco






Outras obras de outros moitos museos (Thyssen-Bornemisa, Tate de Londres, MOMA de Nova York, Rijksmuseum de Amsterdam,...) poden tamén verse ampliadas en http://www.googleartproject.com/.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir