23/11/2011

AS SÚAS LABORES

Ata fai ben pouco as mulleres eran educadas exclusivamente para ser amas de casa. En Crónica dunha morte anunciada, García Márquez escribe:

elas foran educadas para casarse. Sabían bordar con bastidor, coser a máquina, tecer encaixe de bolillos, lavar ,...
En España, e durante moito tempo, as mulleres sen estudios ou sen unha profesión cubrían a folla de empadroamento poñendo SL no apartado "profesión". Pero, ¿que era SL?. As siglas respondían a Sus Labores, o que equivalía a dicir que o papel da muller era atender a casa para cumprir unhas funcións básicas: coidar do esposo e dos fillos. Por sorte hoxe esta concepción restritiva do papel da muller ten desaparecido.
Certo que a muller facía e segue a facer labores, entendendo como tal coser, fiar, bordar, tecer, palillar, ...... Isto é o que a miúdo ten recollido a pintura ao longo dos séculos: a muller facendo labores no fogar.
Nas imaxes que seguen vemos o modo habitual do tratamento do tema: a muller soa, nun marco espacial reducido -sexa interior ou exterior-, concentrada, nun entorno silencioso e calmo, allea ao que pasa ó seu redor, seguramente pensando.




































Outra forma de velo era presentando a muller como nai, ocupada no labor ó mesmo tempo que coida dos fillos, ensinando á filla ou traballando en grupo.

Get the flash player here: http://www.adobe.com/flashplayer

Tamén nas clases máis poderosas as mulleres practican labores, seguro que non por necesidade senón como entretemento "moi feminino". Mira




Pero pasa o tempo e chega a revolución industrial e a máquina de coser, no século XIX. Foi unha innovación de fortes repercusións, ata o momento o xeito de coser tiña evolucionado moi pouco desde a introdución das agullas de aceiro. Agora con ela, a diferencia doutra maquinaria industrial, a muller pode elaborar as roupas e vestimentas da xente da casa, bordar manteis ou facer cortinas, con moita máis facilidade, teñen un espazo propio para un labor ó que lle dedican o tempo que queda das rutinas diarias.

Pouco cambia sen embargo o xeito de mostralo na arte, segundo vemos nestas dúas obras á dereita e esquerda. Segue a representación individualizada, mantense ese aire de recollemento e silencio -só roto polo traqueteo da máquina-, a concentración no traballo que xa víamos anteriormente.



Carlos Maside,Costureira, 1945










Edward Hopper, Muller cosendo a máquina, 1921





A máquina de coser trouxo outra consecuencia: moitas mulleres vanse converter en costureiras ou modistas. Un traballo socialmente admitido e có que se colabora na economía doméstica, pero certamente un traballo duro. Thomas Hood publicou no 1843 esta Canción da camisa na que glosa a miseria das costureiras inglesas
Con dedos cansados y magullados
Con párpados pesados y enrojecidos,

Se sienta una mujer, en harapos poco femeninos,

Manejando aguja e hilo

¡Cose, cose, cose!
En la pobreza, el hambre y la suciedad,

Y aún, con una voz doliente

Canta la "Canción de la camisa."…
Coa costura a muller incorporase ó mercado laboral como profesional liberal, ás veces có seu propio taller cheo de aprendizas ou incluso cunha tenda para a venda directa. Non son moitas as obras que reflicten esta temática, queden como mostra as que seguen






Paul Signac, Dúas deseñadoras na rúa do Cairo, 1885-86

















Stitfer Moritz, Costureiras, 1889




















 













Fernando Botero, Taller de costura, 1957













0 comentarios:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir