13/04/2013

Mark Rothko



Morton Feldman, compuxo no 1971 esta peza, Rothko Chapel, que se interpretaría na capela que acolle obras de Rothko, quen tamén influíu no seu deseño. 
A capela, de pequenas dimensións e planta octogonal, encontrase na Universidade católica de Houston. Concibida como un espazo ecuménico, de reflexión, de procura de espiritualidade, relixiosa ou non. Nos enormes murais predominan as cores escuras: negros, violetas e marróns, que destacan na nudez dos muros.
Rothko non chegou a ver a obra rematada pois as súas continuas depresións levaronno ao suicidio no ano 1971, un ano antes da inauguración do edificio.

A música de Feldman semella acompañar a experiencia espacial da capela.













A cantante e compositora estadounidense Dar Williams publica no 1991 o álbum All My Heroes Are Dead, no que se inclúe a canción Mark Rothko Song.
Neste  vídeo acompañase a canción de imaxes de Rothko e a súa obra.







0 comentarios:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir