5 de maio de 2013

Marcel Duchamp


O dadaísta Duchamp e o músico John Cage tñan moito en común, ambos eran sobre todo rupturistas, provocadores e subversivos. Se Duchamp "inventou" os ready-made, elevando a categoría de arte aquelo que por si non o era, Cage rompeu coas formas harmónicas tradicionais e empregaba obxectos diversos para as súas composicións (son memorables Water Walk, ou a composición 4: 33 -mira esta interpretación e despois investiga).

Cage compón esta Music for Duchamp no 1947. Tratase da música para a película de Hans Ritcher Dreams that money can buy (1947), concretamente para o fragmento referido a Duchamp.


 
 
 
 



Pero Duchmap non só fixo cine (recorda o visto nesta entrada) senón que tamén compuxo, un total de tres composición, as tres no 1913:




  • - Erratum Musical, peza para tres voces, en principio as súas irmáns e el mesmo, polo que as tres partes da peza teñen os seguintes nomes: Yvonne, Magneleine e Marcel. O xeito de compoñer foi particular, comezou por romper un cartón en pequenos anacos nos que escribiu unha nota, mesturounos todos nun sombreiro para logo ilos sacando e anotando as notas que ían saíndo. Formou tres grupos de 25 notas cada un, o que se corresponde con cada unha das tres partes da composición.
  • - La mariée mise à nu par ses cèlibataires, même. Erratum Musical (formaba parte das notas tomadas para o seu Gran Vidro) non foi coñecida ata despois da súa morte. A elección do/dos instrumentos deixabase ó albur so/dos intérpretes. Unha vez decidido, unhas bolas coas notas musicais carían a través dun embudo aleatoriamente en número distinto -o número de bolas indicaría a tesitura e a orde equivalería ó compás-  No ano 2000 publicouse un CD de Petr Kotik e John Cage interpretando a partitura.
  • - Sculpture Musicale, é só unha breve anotación, polo que queda moito marce de interpretación, na que sinala a emanación de sonidos desde lugares diferentes ata ir conformando unha escultura musical.

Hai que ter en conta que esta composición cofiada ó azar tamén se estaba a darno campo da poesía e da arte a través do movemento Dadá, suprimindo o virtuosismo interpretativo e subliñando pola contra o carácter físico do sonido , sonido -di Duchamp- que crea espazo no que se sumerxe o espectador.

 
 

0 comentarios:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir