22/08/2013

Russolo e a música futurista


Luigi Russolo foi un pintor futurista e firmante do Manifesto escrito por Marinetti.
O Futurismo foi un movemento artístico de primeiros do século XX. Prescindía de mirar ó pasado, só interesaba o futuro, polo que a súa temática ten moito que ver coa ciencia e os logros do mundo moderno: electricidade, velocidade, a fotografía,...


Dinamismo dun automóbil



Sen embargo foi no campo da música onde Russolo tivo maior recoñecmento e se mostrou máis creativo, especialmente coma teórico.
Expresou os seus principios na Arte dos ruídos -o ruído é fermoso-, un manifesto no que subliña a necesidade de incorpara os sonidos procedentes do mundo das máquinas, o ruído é símbolo de modenidade -igualmente se incorpora á pintura- e do entorno. Mais estes elementos sonoros non son suficientes, é preciso crear novos sonidos, invertar mecanismos que produzan ruídos. Así creou o entona-ruídos, un complexo mecanismo que permitía crear e controlar ruídos diversos.



Paralelamente, se cambiaban os sonidos, as partituras terían que modificarse para poder interpretar as composicións. Mantendo o pentagrama, sustituiu as notas por liñas-notas, un sistema sinxelo para marcar a elevación, descenso ou mantemento do tono de sonido-ruído; as liñas verticais serven para marcar a duración da nota; os puntos indican os tonos en octavas.



Para que te fagas unha idea, aquí queda este vídeo



O primeiro concerto de música futurista tivo lugar en abril do 1914, saldándose cun notable escándalo. Sen embargo a súa influencia tivo gran incidencia na música experimental posterior.
Recordemos que tamén Duchamp fico interesantes experimentos musicais.




0 comentarios:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir