Amosando publicacións coa etiqueta PREZOS DE MERCADO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PREZOS DE MERCADO. Amosar todas as publicacións

10/02/10

PREZOS DE MERCADO


Dan igual as crises, sempre hai un millonario para mercar un cadro ou unha escultura. Abaixo temos as obras que foron rompendo o récord ó longo dos anos.
Actualmente o teito está na obra de Leonardo, aínda que algúns estudosos continúan a dubidar da súa autoría.



Se tales prezos son sorprendentes aínda o son mais os acadados nas vendas privadas. Encontramos dous grandes compradores que bateron o récord de prezos no seu momento.

O Estado de Qatar levou a cabo dúas sonoras compras
  • No 2011, adquiriu por 250 millóns de dólares unha das cinco versións de Cézanne dos Xogadores de cartas (1892-93)

  • No 2015, fíxose coa obra de Gauguin, ¿Cando casarás? (1892). O prezo chegou á barreira dos 300 millóns de dólares.


No 2015, Kenneth C. Griffin, multimillonario xestor de inversións estadounidense, adquiriu dúas obras expresionistas por un monto de 500 millóns de dólares: Interchange  (1955) de De Kooning e Nº17A (1948) de Pollock.
As obras foron cedidas en préstamo temporal ó Instituto de Arte de Chicago, institución da que é benefactor.



As cotizacións de artistas vivos tampouco está mal, especialmente para algúns.

En escultura, o prezo mais alto corresponde a Balloon Dog (Orange) dKoonminge Jeff Koons. Esta escultura de aceiro de Koons que imita a textura dun globo con forma de can, acadou os 43,6 millóns de euros, un novo fito para unha obra dun autor vivo. Foi subastada no 2013 por Christies para unha colección privada.
No Museo Guggenheim de Bilbao hai dúas obras de Koons, o simbólico cadeliño floral denominado Puppy e que preside a entrada ó Museo, e os tulipáns da terraza interior.


En pintura, o artista vivo de mais alta cotización é o alemán Gerhard Richter que en tres momentos pulverizou o seu propio record.
No 2012,  Sotheby's vendeu  Abstraktes Bild (809-4), por 24,6 millóns de euros. A obra pertencía á colección do guitarrista de rock Eric Clapton, e pasou a un comprador anónimo.
Emprega unha técnica simple consistente en aplicar capas de pintura e despois vai varrendo con diferentes raspadores para arrastrar capas pictóricas e deixar outras á vista (ver)


O mesmo autor considera que mercado da arte está a sufrir graves pulsións especulativas. Aínda así outra obra súa, Plaza do Duomo de Milán, acadou os 28,8 millóns de euros no 2013 e outro lenzo da serie Abstraktes Bild, chegou ata os 38, 9.




Supera con moito a antiga cotización de  A supervisora durmindo, de Lucian Freud  vendida no 2008 por 24, 5 millóns de euros  




Os artistas españois quedan lonxe desta cifras. O prezo maior corresponde a Madrid desde Torres Brancas, obra de Antonio López, vendida por 1,74 millóns de euros, superando os 1.038 de Rosa branca de Miquel Barceló.



As mulleres quedan ben lonxe nesta escala:
  • A cifra mais alta en escultura posúea Louise Bourgeois con Araña (1996) vendida por 28,8 millóns de dólares no 2015, superaba a cifra de 8 millóns de La valse (1893) de Camille Claudel



  • Na pintura, Natalia Goncharova con Les fleurs (1912) supera a raia dos 10 millóns no 2008,  Berthe Morisot con Après le déjeuner (1881) pasa a 10.9 en 2013 e Georgia O’Keeffe da o salto ata os 44.4 no 2014 con White Flower nº1 (1932)




As artistas actuais mais cotizadas contan con nomes como Yayoi Kusama e Agnes Martin, e Lita Callebut destaca como española aínda que reside nos Países Baixos.







  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir