Amosando publicacións coa etiqueta escultura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta escultura. Amosar todas as publicacións

07/01/24

ESCULTURA DAS VANGARDAS


A escultura, do mesmo xeito que a pintura vive unha revolución radical aínda que máis lenta (depender de encargos, custos dos materiais) pero adquire valor por si mesma, independizada dun conxunto ou dun entorno.
Maniféstanse dúas tendencias contrapostas:

Tendencia continuadora


Respecta a forma e a técnica, defende a integridade do mundo visible, unha actitude claramente humanista e, inicialmente, unha marcada influencia de Rodin.


MAILLOL, A noite.
Formas redondeadas, voluminosas e sensuais

JOSÉ CLARÁ, A deusa
Formas clasicistas, idealizadas

VICTORIO MACHO, Monumento a Ramón y Cajal
Simboloxía: o heroe e as fontes da vida e da morte



Tendencias rupturistas


  • EXPRESIONISMO
Máis interesado no contido espiritual que nos aspectos formais
Inacabado, formas rugosas,  novos materiais (formigón, lascas metálicas)

W. Lehmbruck. Xuventude sentada, 1916-17

O suízo GIACOMETTI, ligado ao Informalismo, reduce o corpo humano a formas torturadas, alongadas, só osos e pel, superficies ásperas reflectindo a soidade do ser humano. Tamén os animais adquiren semellantes anatomías.

Home que camiñaO gato

O aragonés PABLO SERRANO evoluciona cara a composicións por ensamblaxe de pezas de refugallo

Quixote

  • ABSTRACCIÓN
Xoga unicamente coas formas desinteresándose  de todo problema espiritual
 

- CUBISMO
Paralelo ás manifestacións pictóricas, descompón a natureza en formas xeométricas pero engade os xogos cóncavo-convexo e os baleirados.

 PICASSO 
A escultura Cabeza de muller, 1909, está considerada a primeira obra cubista en vulto redondo 

ARCHIPENKO:   Muller peiteándose, Muller paseando
Desde un xogo de formas fluídas  a xogos das formas cóncavas e convexas, os ángulos e as arestas que interactúan co espazo e introducen dinamismo



GARGALLO: O profeta, Bailarina
Grande uso do baleiro recupera o movemento


JULIO GONZÁLEZ: A Monserrat, Muller peiteándose


DUCHAMP-VILLON: Cabalo, Muller sentada
Suxerencia das formas internas entre anatomías e máquinas


BOCCIONI: Formas únicas de continuidade no espazo, Desenvolvemento dunha botella no espazo
Combinación coa simultaneidade, futurismo. Dinamismo rectilíneo ou xiratorio


- ORGÁNICA

BRANCUSSI: Bico, Paxaro no espazo, Musa durmida
Móvese entre as formas cubistas e a comunicación expresionista. Evoluciona cara á abstracción, lograr a esencia e o significado real da obra oculta no seu interior,  eliminando detalles e simplificando formas. 
Preferencia polas formas pechadas e figuras xeométricas básicas (cubo, cilindro, pirámide) parara logo camiñar cara ás formas ovoides (ovo=orixe)



H. MOORE: Nai con neno, Muller recostada
Combina abstracción e figuración, modelados amplos e curvos que xeran recollemento. O oco adquire o mesmo protagonismo que a masa.
Antinaturalismo, a realidade non se reproduce senón que se recrea.



HANS ARP: Pastor de nubes, Folla descansando
Desde o grupo Dadá ao organicismo e a abstracción



HENRI LAURENS: Outono, Anfión
Estivo  conectado co cubismo e co Escola de París



ALBERTO SÁNCHEZ: O pobo español ten un camiño que conduce a unha estrela, Muller castelán



  • SURREALISMO E DADAÍSMO 

DUCHAMP: A fonte, Botelleiro


LOUISE BOURGOIS: Arco de histeria, Maman



  • ABSTRACCIÓN NON FIGURATIVA
Desarticula as formas sen referencia ao mundo circundante

PEVSNER: Cuarta dimensiónSuperficie en expansión



CHILLIDA: Eloxio ao horizonte, O peite do vento
Estruturas de corte arquitectónico. Mestura de informalismo, minimalismo y land art. 



Outras tendencias recentes



CALDER
Arte cinética. Móbiles definidos como "obxectos libres ou debuxos en catro dimensións", placas planas  que se moven nunha coreografía sutil e sempre cambiante, ordenadas sen simetría
Os elementos colgantes en principio eran  figuras estilizadas de perfil caricaturizado, logo pasa a formas xeométricas por influencia de Mondrian e finalmente a figuras ameboides por influencia de Miró e Arp en formación arborescente. Tamén se interesa polas sombras xeradas e os sons producidos.



GEORGE SEGAL: Situacións humanas, A cola do pan
Incorpora o escenario coa reacción do público



NIKI DE SAINT PHALLE: As tres Gracias, Bañistas
Novo realismo francés



RON MUECK: Mask II, A girl
Hiperreralismo




ROBERT SMITHSON (Spiral Jetty), CHRISTO e JEANNE CLAUDE ( The Floating Piers)
Land Art



CLAES OLDENBURG: Ponte de culler e cereixa, Plantador
Pop Art. Monumentalidade no espazo urbano



CARL ANDRÉ (Elementos en serie), SOL LEWITT (Cinco estruturas modulares)
Minimalismo,  obxectos simples de pura contemplación estética


ANISH KAPOOR: Cloud Gate, Dismemberment-Site1)
Dentro da abstracción


YAYOI KUSAMA: Narcissus Garden, Pumpkin
Móvese entre o Pop Art e a arte conceptual, xunto coa realización de happenings, instalacións e performances.



JEFF KOONS, Balloon Dog, Tulipáns
Divertimento, consumo, ironía. Entre o kitsch e a arte









  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir