Camille CLAUDEL
Comezou a traballar con Rodin -el contaba 49 anos, ela 19- converténdose en modelo, musa e amante. Despois de quince anos, Camille rompe a relación sen que Rodin tivera renunciado ao seu matrimonio nin a outras amantes. Pasaría os derradeiros trinta anos da súa vida encerrada nun psiquiátrico.
|
|
Feroz amiga miña [...] Esta noite, recorrín (durante horas) sen encontrarte, os nosos lugares, ¡que doce me sería a morte! ¿Por qué non me esperaches no taller? [...] Camille, miña amada pese a todo, a pesar da loucura que sinto vir e que será obra túa se isto continúa, ¿por qué non me cres? [...] Hai momentos nos que francamente creo que che esquecerei. Pero nun só instante, sento o teu terrible poderío. Ten piedade, malvada. Non podo máis, non podo pasar xa un día sen verte. Se non, a atroz loucura. Acabouse, xa non traballo, divindade malfeitora, e sen embargo ámote con furor. Miña Camille, tranquilízate, non teño amizade con ningunha muller, e toda a miña alma perténceche.
Carta de Rodin, 1883.
|
[...] esa rapaza espida é a miña irmá. A miña irmá Camille, implorante, humillada, de xeonllos, ela tan soberbia, tan orgullosa, e sabes que o que se lle está quebrando, nese mesmo instante, diante dos vosos ollos, é a súa alma.
Paul Claudel, 1951
|
POLOS VIEIROS DA ARTE
UNHA IMAXE E UNHAS VERBAS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)