Peza a modo de tabliña que remata o capitel
Espazo semicircular, poligonal ou rectangular, orientado ao leste, que remata a cabeceira dalgunhas igrexas e na que se sitúa o altar. Pode haber unha ou máis ábsidas, sempre número impar e a central de maior desenvolvemento. En ocasións unha ábsida acolle pequenas ábsidas secundarias denominadas absidiolas.
Aplícase a calquera van ou oco no que o arco ten maior luz nun paramento que noutro, preferentemente dende o exterio ao interior.
Moldura que enmarca o arco na arquitectura musulmá.
Nas mesquitas, torre dende a que o muecín chama a oración.
ALMOFADO: aquel muro de cantería no que os perpiaños presentan as xunturas biseladas ou refundidas de xeito que a súa parte frontal resulta en relevo.
De CACHOTERÍA: O construído con materiais non uniformes, normalmente de pedra sen labrar ou de tosca labra, e aparellado de forma irregular. No caso de ser en seco, sen morteiro, adoita calzarse con cascallos ou ripios para o mellor asentamento dos cachotes.
CICLÓPEO: o construído con grandes pedras irregulares e sen argamasa.
De PERPIAÑOS: o realizado con pedras cortadas a escuadra, de sección rectangular e paralelepípedas, ben traballados e de xuntas finas.
A arcada é toda sucesión de arcos soportados por columnas ou piares. A columnata é a sucesión de columnas que soportan un arquitrabe.
INTRADORSO-EXTRADORSO. A parte interior e cóncava denomínase intradorso. A parte exterior e convexa denomínase extradorso.
Arco exterior rampante -con arranques a distinta altura- que descarga sobre o muro ou sobre un contraforte, os empuxes laterais das bóvedas. Serve tamén para conducir as augas de choiva ata as gárgolas a través da canle no seu extradorso. Característico da arquitectura gótica.
O constituído por dous segmentos de circunferencia de igual radio e de dous centros no seu trazado. Forma un ángulo na clave e o intradorso é cóncavo. Denomínase tamén arco oxival.
Aquel que se asemella á quilla invertida dunha nave. Ten catro centros no seu trazado. Moi empregado no gótico flamíxero.
Son aqueles que se cruzan e por tanto comparten algunha doela.
Aquel no que as doelas arrancan en despece horizontal e se insertan no muro.
Aquel de curvatura superior á semicircunferencia. Pode ter maior ou menor frecha -peralte-. Na arte califal presenta un peralte da metade do radio mentres na arte visigoda o peralte é dun terzo.
Aquel de curvatura semicircular, de xeito que a frecha é igual á semiluz.
Arco de medio punto que cingue a bóveda de canón para reforzala e se dispón transversalmente ao eixo lonxitudinal da nave dividíndoa en tramos. Se compre a mesma función e disposición, pero en forma apuntada, denomínase perpiaño.
Arco disposto paralelamente ao eixo lonxitudinal da nave, dun soporte a outro, e que a separa da outra nave.
O formado por lóbulos, seccións de circunferencia, xustapostas e dispostas no intradorso. O número de lóbulos é variable, de trilobulados a polilobulados.
Non se debe confundir co arco angrelado, ou tamén festoneado, que presenta no intradorso pequenas ondulacións rematadas en picos
O formado pola combinación de liñas rectas e curvas.
Perasltado é aquel de medio punto que prolonga en recto o seu arranque de xeito que supera a media circunferencia sendo a frecha maior que o radio ou semiluz. Ou tamén, cando o centro da semicircunferencia está por riba da liña de impostas.
O rebaixado é aquel de curvatura inferior á media circunferencia, de xeito que a frecha é superior á semiluz. Ou, dito doutro xeito, cando o seu centro está por debaixo da liña de impostas.
Son xeminados cando dous arcos xustapostos simétricos comparten o mesmo arranque, mainel ou parteluz.
Parte inferior do entaboamento que apoia directamente sobre a columna.
Cada unha das roscas ou molduras dispostas de xeito concéntrico en torno dun arco. O conxunto de arquivoltas crea unha portada abucinada. Son propias da arquitectura románica e gótica presentando habitualmente decoración tanto figurada coma xeométrica.
Escultura masculina que realiza a función de soporte adosado ou exento.
Varanda formada por balaústres. Os balaústres son pequenas columnas de perfil composto por molduras combinadas cadradas e curvas, ancheamentos e estreitamentos sucesivos.
Estrutura amodo de dosel apoiado en catro piares ou columnas que se sitúa sobre o altar ou sobre unha tumba.
Edificio, polo regular de planta central, destinado ao bautismo. Tamén se denomina así o lugar onde se atopa a pía bautismal dentro das igrexas.
Parte inferior da columna ou piar sobre a que apoia o fuste. Adoita combinar molduras cuadrangulares, cóncavas e convexas (plinto, escocia, toro, bocel), mais ou menos labradas.
Cuberta que se forma ó se cruzaren perpendicularmente dúas bóvedas de canón de igual frecha resultando dese cruce catro arestas angulares.
Cuberta semicilíndrica, orixinada polo desprazamento dun arco de medio punto sobre soportes paralelos ao longo dun eixo lonxitudinal.
Cuberta abovedada que se forma polo cruce (clave) en aspa de arcos ou nervios estruturais sobre os que se apoia a cuberta propiamente dita ou plementería con función de recheo. Os nervios transmiten os empuxes aos piares polo que non se precisa reforzar o muro como coa bóveda de canón, facilitando así a apertura de vanos nos muros. A forma máis sinxela é a de catro nervios e catro plementos (cuatripartita), pero se os nervios se multiplican (terceletes) teremos entón bóvedas sexpartitas (1), reticuladas, de abano (3), estreladas (2),.....
Aquela formada pola intersección de dúas bóvedas de canón de distinto diámetro o que da lugar a catro panos triangulares esféricos con arestas entrantes (vistas desde abaixo) que se unen en plano ou nunha liña. Adoita empregarse para cubrir espazos rectangulares.
Corresponde a un cuarto de esfera e adoita cubrir o espazo da ábsida semicircular.
Bóveda semiesférica que ó cubrir espazos cadrados queda cortada por catro planos verticais correspondentes ós lados do cadrado.
Representación dunha figura humana que comprende a parte alta do corpo incluíndo a parte alta dos ombreiros e o nacemento dos brazos.
Xénero pictórico que representa escenas históricas, literarias, bíblicas ou lendarias, e que trata de ser moralmente edificante ou ter carácter conmemorativo. Adoitan ser obras de gran formato por necesidades do seu contido narrativo.
Xénero pictórico que representa escenas e temas tomados da vida de acotío. Caracterízase polo seu grande realismo.
Norma que regula as relacións de proporcións ideais entre as partes dun edificio ou entre os membros do corpo humano a fin de establecer un modelo de máxima beleza e harmonía. É un término de orixe grega que significa regra, modelo.
Ambas son pezas en voadizo a modo de ménsulas. Os canzorros, característicos da arte románica, contan con labras figurativas, a miúdo obscenas e grotescas. Os modillóns presentan perfil escalonado. Os de rolos con decoración de roleos, rosetas ou espirais (orixe islámica), outros con decoración figurada
Elemento arquitectónico situado sobre o fuste dunha columna, piar ou pilastra e sobre o que apoia un arco, un arquitrabe ...Presenta moi distintas configuracións ornamentais sendo as principais:
Soporte, exento ou adosado, que substitúen o fuste por figuras femininas.
Construción elevada sobre o cruceiro dunha igrexa, en forma de torre de planta cadrada, octogonal ou poligonal, que encerra no seu interior unha cúpula e que pode ir rematado por un chapitel (bulboso, cónico, piramidal).
Último piso da nave gótica ocupado por ventanais.
Técnica pictórica que se serve dun forte contraste de luces e sombras, zonas iluminadas e zonas escuras, a fin de acentuar os volumes e resaltar a profundidade. Cando o claroscuro é moi marcado para remarcar o dramatismo, falamos de tenebrismo.
Galería porticada con arquerías ao redor dun patio, xeralmente de planta cuadrangular.
A doela central en forma de cuña que pecha o arco ou a peza que pecha as bóvedas de cruzaría.
Aquela columna que presenta fuste helicoidal.
Cliente que encarga e paga unha obra directamente ao artista. En certa medida, é un mecenas en tanto Que patrocina as artes.
Engadido exterior groso a modo de pilastra que serve para reforzar o muro dunha edificación e contrarrestar os empuxes das bóvedas.
Palabra italiana que serve para expresar a oposición harmónica das distintas partes do corpo da figura humana, especialmente cando algunha deles se encontra en movemento ou en tensión e a súa simétrica en repouso. Unha perna queda afincada no chan mentres a outra dobra e adiantase, o que repercute na cadeira e nos ombreiros. A mesma oposición tensión-relaxación se mostra nos brazos, ao tempo que a cabeza xira lixeiramente. Favorece a sensación de movemento e rompe a lei de frontalidade.
Diferencia segundo a sensación de temperatura que transmiten. Cores cálidas son as que, no círculo cromático van do vermello ó amarelo. Teñen carácter expansivo e producen emotividade.
Cores frías son as que van do azul ó verde. Teñen carácter entrante e racionalizador.
O seu carácter entrante favorece a profundidade, os azuis do fondo acentúan o efecto de lontanza. Doutra banda tenden a parecer de menor tamaño que as cálidas, compara nos cadrados.
O contrate ven dado polo uso de cores complementarias, da luz e a sombra, ou servíndose de cores de temperaturas opostas. Exemplo, Matisse.
As harmonías lógranse combinando cores próximas no círculo cromático. Exemplo, Klee.
A cor local é a propia do obxecto (un limón é amarelo) mentres que a cor simbólica modifica a cor local outorgándolle outras significacións. No ámbito cultural occidental, o branco significa pureza, inocencia, virxindade; o negro, morte tristeza pesar; o vermello asociase coa paixón, a sensualidade, a violencia e a agresividade. Gauguin ou Grosz intensifican ou modifican a cor como recurso expresivo
É aquela que se aplica por igual sen graduación tonal nin efectos de claroscuro.
Aquelas cores pigmento que non se poden reducir a outras por non resultaren de mesturas. Son primarias: amarelo, azul e vermello.
As cores pigmento que se obteñen por mestura de dúas cores primarias. A maior ou menor saturación de cada unha xenera as tonalidades.
Son as secundarias que contrastan coa primaria que non entra na súa composición: azul, complementaria da alaranxada; verde, complementaria da vermella; violeta, complementaria da amarela.
Na arquitectura clásica, parte que sobresae no alto do entaboamento despois do friso. En xeral, a parte superior e saínte da cuberta que remata un edificio.
Parte da igrexa reservada ao clero. Adoita localizarse no centro ou nos pés da nave maior.
Serie de adornos calados conformados por formas xeométricas,vexetais ou antropomórficas reiteradas que coroan un edificio ou outros elementos da edificación (reixa, coro).
Monograma de Cristo formado polas dúas primeiras letras do seu nome en grego: X-ji- e P-ro-. Adoitan engadirse, unha a cada lado, as letras gregas alfa e omega coa significación de principio e fin de todas as cousas.
Cuberta semiesférica, xerada pola rotación dun arco. Pode cubrir un espazo circular -preferiblemente denomínala "bóveda semiesférica-, poligonal ou cadrado. Nestes dous últimos casos precisa apoiar sobre pendentes (pechinas) ou trompas.
Contrabalanceo acusado do contraposto, ata adquirir trazo curvilíneo ou en S, que acentúa a sensación de dinamismo. Caracterizaba a composición das esculturas de Praxíteles de quen toma o nome.
Corredor que rodea a traseira do altar maior. Adoita ser prolongación das naves laterais nas igrexas de tres naves. Tamén chamado xirola.
Cada unha das pezas en forma de cuña coas que se forma a volta do arco. A central denomínase clave e a primeira, inmediata ó arranque, recibe o nome de salmer.
Estrutura arquitectónica das ordes clásicas, encima dos soportes e constituído por arquitrabe, friso e cornixa.
Engrosamento do fuste dunha columna, na súa parte central, para corrixir as desviacións da perspectiva e conseguir que pareza recta en lugar de cóncava, que é como parecería de carecer de entáse.
Maneira de representara unga figura disposta perpendicularmente pu oblicua ao plano no que se repreents.
Aquela que pode ser contemplada desde calquera punto de vista ao seu redor pois non está adosada a nada e está traballada por todos os lados. Tamén denominada exenta.
Técnica pictórica que esfuma os contornos e os tonos ó tempo que os planos afastados quedan somerxidos nunha néboa vaporosa. Trata de plasmar os efectos atmosféricos para lograr profundidade É propia da pintura de Leonardo da Vinci e, en certo sentido, da súa achega á perspectiva aérea.
É límite cando os elementos arquitectónicos delimitan o espazo influíndo nas formas do relevo ó restrinxir a súa expansión de xeito que este adquire forma mural, modera os volumes e só suxire o movemento sen romper a continuidade de planos. O espazo concibido como límite é propio da arte grega arcaica ou da arte románica (lei do marco). Pola contra, o espazo medio é o aberto á expansión dos volumes escultóricos de modo que supera os límites impostos pola arquitectura, estendéndose como formas vivas en planos múltiples e contrastados que a luz quebra. Favorece a dispersión dos volumes, o xogo de baleiros e as rupturas bruscas. É propio da arte helenística ou da arte barroca.
Estatua de canon xeralmente esvelto, adosada ao fuste dunha columna ou a un muro e aproximadamente da súa mesma altura
Escultura de bulto redondo que representa unha figura humana a cabalo. Ten carácter de obra conmemorativa de personaxes relevantes.
A crepidoma -ou crepis- dos templos gregos consta de tres banzos, dous inferiores, os estereóbatos, e un superior, o estilóbato.
Conxunto de trazos orixinais e persistentes dun artista, dunha época, dunha escola ou dunha zona xeográfica, que permiten identificar as obras como feitas por el ou neles. Así podemos falar do estilo de Velázquez, do estilo mozárabe, do estilo impresionista ou do estilo gótico francés. O término deriva do estilo -stylus-, punzón de madeira, marfil ou de oso rematado no outro extremo en espátula para poder borrar alisando o barro ou a cera. Empregouse en Mesopotamia para escribir sobre táboas de arxila e en Roma sobre superficies enceradas.
Elemento en forma de tronco de pirámide invertida empregada con función de soporte, a modo de pilastra.
Faixa decorativa de desenvolvemento horizontal, situada entre o arquitrabe e a cornixa no entaboamento das ordes clásicas(2). Tamén se aplica a calquera faixa decorativa horizontal.
Parte da columna ou puiar que constitúe o seu "pé dereito", entre o capitel e a basa. Pode ser liso, sogueado, estriado, salomónico ...
Remate ornamental formado por dúas liñas que crean no alto un ángulo agudo e un triángulo moi peraltado. Presente sobre certas arcadas, moi especialmente na arte gótica.
Remate no beiral dos tellado que remata o desaugadoiro dos mesmos. Adoita presentarse ornamentado con motivos esculpidos, a miúdo de formas fantásticas.
O happening -acontecemento, suceso- constitúe unha modalidade de arte aque escenifica unha acción para romper o comportamento convencional do espectador diante da obra. Performance -arte vivo- refírese ás intervencións levadas a cabo por artistas que se serven da súa propia actuación ou da dos seus colaboradores nun determinado espazo escénico e durante un tempo concreto. Non se trata dunha representación senón dunha presentación. O happening ten máis de improvisación que a performance e maior número de participantes. En ambos casos prevalece a idea, polo que está ligado á arte conceptual e moi influenciados polo dadaísmo.
A primeira estuda a orixe, formación e desenvolvemento dos temas figurados e dos atributos cos que se poden identificar e dos que adoitan acompañarse. A iconoloxía estuda o sentido que as formas, as imaxes... dunha obra, posúen en canto concirnen ao alegórico ou simbólico dependente do momento e lugar no que foi creada.
Parede que nas igrexas bizantinas separa o bema onde se sitúa o altar -equivalente ao presbiterio-, do resto do edificio.
As igrexas prerrománicas presentan un uro pouco levado que cumpre a mesma función
Fiada de pedra ou ladrillo, a miúdo sobresaínte, sobre a que se asentan un arco ou unha bóveda.
Elemento horizontal que pecha no alto un vano -porta ou fiestra- apoiando nas xambas ou pé dereitos.
Liña compositiva en serpentina. Conforma un xiro violento sobre si mesma de modo que as figuras contrabalancean cabeza, ombreiros e cadeiras. É unha configuración moi propia do Manierismo.
Bovediña en forma de media lúa aberta na bóveda principal sobre unha fiestra para incrementar a luz.
Italianismo que significa "améndoa" que serve a designar o óvalo ou marco amendoado que circunda a Cristo en Maxestade, especialmente na arte románica.
Peza ornamental en beiral e voada que serve para soster algún elemento arquitectónico (balcóns, cubertas, arcos).
Espazo rectangular que media entre dous triglifos no friso da orde dórica. Adoita ornamentarse con relevos ou simplemente con cor. Na imaxe, metopa en verde e triglifo en vermello.
Forma prismática ornamental realizada en xeso, que penden a modo de estalactitas. É propio da arquitectura musulmán. Poden presentarse en arcos, capiteis ou bóvedas
Execución en barro ou cera, dun modelo escultórico que se ha realizar en material máis consistente. En pintura, todo o que lle dá aspecto de vulto redondo, é dicir tridimensional, servíndose fundamentalmente da cor e a luz.
Peza que a modo de ménsula soporta un elemento voado.
Espazo das basílicas paleocristiáns e bizantinas situado na entrada principal e aberto ao patio porticado, reservado aos catecúmenos (adultos non bautizados). Nas igrexas románicas identifícase co vestíbulo da portada principal.
Xénero pictórico que representa seres inanimados, como animais mortos e vexetais, así coma obxectos e útiles diversos. Tamén se denomina bodegón.
Luminosidade que rodea a cabeza dalgunhas figuras como símbolo de espiritualidade. Aínda que se empregaa como sinónimo de aureola, esta define a luminosidade que rodea todo o corpo.
Pequeno vano de forma circular, poligonal ou ovalada.
Obra pictórica que reproduce un exterior natural ou inspirado na natureza. A partir do século XVI a paisaxe converteuse nun xénero pictórico propio.
Representación de Cristo triunfante, sentado, cos Evanxelios na man esquerda e a dereita en actitude bendicinte. Habitualmente vai enmarcado nun ovalo que o circunda, denominado mandorla.
Elemento vertical en forma de columna ou piar, que divide a anchura ou luz dun vano (fiestra ou porta). Pode portar, especialmente nas portadas, unha estatua como elemento ornamental. Pode denominarse tamén mainel.
Triángulo curvo que soporta unha cuberta semiesférica ou cúpula. Serve para pasar da planta cadrada á circular polo que se precisan catro pendentes.
Modo de conseguir plasmar no plano a terceira dimensión ó representar a atmosfera que envolve os obxectos, debuxando os fondos e os contornos das formas máis esvaídos. Toma en consideración a gradación dos tons e a imprecisión das liñas producida pola intermediación da atmosfera.
Modo de conseguir plasmar no plano a terceira dimensión dispoñendo as figuras ó longo de liñas imaxinarias ou reais -liñas de fuga-, que converxen nun punto de fuga e son cada vez máis pequenas a medida que se desexa presentalas máis lonxe do espectador.
Aquel modo de representación que amosa con maior tamaño as personaxes que pola súa importancia queren ser resaltados. Propia da Idade Media e tamén denominada perspectiva teolóxica.
Soporte vertical exento de sección cadrada, rectangular ou poligonal. Cando se adosa ao muro sen sobresaír demasiado, denomínase pilastra.
En principio, é a arte da representación gráfica utilizando pigmentos mesturados con outras sustancias orgánicas ou sintéticas. Tamén se emprega para referirse a aquelas obras de arte que polas súas calidades producen unha gran sensación de textura.
Remate arquitectónico apuntado dun elemento vertical.
Planta lonxitudinal de forma rectangular. Adoita estar dividida en naves separadas por columnas e rematadas nunha ou máis ábsidas.
Aquela na que os muros exteriores equidistan aproximadamente dun punto central. Adopta forma circular, poligonale de cruz grega.
Planta centralizada en forma de cruz cos catro brazos iguais.
Planta lonxitudinal en forma de cruz cun travesaño máis curto que o outro. O brazo menor denomínase transepto e o lugar no que ambos se cruzan é o cruceiro. Pode presentar unha o varias naves.
Arte de plasmar ou modelar obxectos por manipulación de materiais brandos e dúctiles. Tamén se refire ás calidades dunha obra que a fan expresiva especialmente pola consecución de calidades formais.
Peza, normalmente pictórica, formada por varias follas ou paneis que se pregan sobre si mesmas.Previre em pregarse esta denominación cando son máis de dúas -díptico- ou tres follas -tríptico-
Espazo na cabeceira das igrexas que circunda o altar maior ou o antecede, normalmente separado da nave por uns banzos, e que se reserva aos sacerdotes.
ALTORRRELEVO: aquel relevo que sobresae do seu fondo máis da metade do seu vulto. BAIXORRELEVO: aquel relevo que sobresae do seu fondo menos da metade do seu vulto OCORRELEVO: aquel no lugar de saír as formas afúndense no plano, característico da arte exipcia.
Estrutura arquitectónica que cobre muro posterior ao altar no que se sitúan as imaxes de culto -eswculturas ou pinturas-.
Reprodución artística pictórica, escultórica ou fotográfica, dunha persoa. Pode ser individual ou de grupo; de corpo enteiro, de medio corpo ou de busto. Cando se fai dun mesmo recibe o nome de autorretrato.
Escena pictórica, propia da arte barroca, que reproduce a abertura das nubes con gran aparato lumínico, deixando contemplar unha visión celestial con figuras tales como Deus, Xesucristo, a Virxen pu os santos.
Vano circular calado con decoración de tracería e ás veces pechado con vidreiras de cores, que aparece sobre todo na arte medieval gótica.
Técnica de relevo que diminúe o seu bulto en función da profundidade a representar. Iniciado na arte romana foi retomada non Renacemento.
O tambor é o corpo cilíndrico ou poligonal sobre o que arranca a cúpula e no que abren fiestras para aumentar a iluminación. A finalide é darlle maior elevación e mellorar a visión exterior. Sobre a cúpula móntase a lanterna, un corpo a modo de pequena torre con fiestras que iluminan o punto central da cúpula.
Técnica escultórica consistente en deixar apenas traballadas algunhas superficies de xeito intencional.
Técnica escultórica de modelado plástico, conseguido por medio dos panos da roupa, tratados como se estiveran mollados de xeito que se pegan ao corpo e acusan as súas formas.
Representación dos catro evanxelistas e dos seus correspondentes símbolos: anxo- San Mateo touro - San Lucas león - San Marcos aguia - San Xoán Pode rodear ó Pantócrator ou un Agnus Dei.
Espazo delimitado polo lintel e as arquivoltas nas portadas románicas e góticas ou tamén o espazo triangular no interior dun frontón.
Representación anatómica dunha figura que carece de cabeza, e de extremidades. Como a maioría de esculturas clásicas sobreviviron mutiladas, os artistas do Renacemento tomaron o modelo como tal e así perviviu como exemplo de estudio anatómico.
O trampantollo ou trompe-l'œil, é unha técnica pictórica que intenta que pareza real aquelo que non o é. Tratase pois dun engano visual moi empregado polos artista da rúa (Banksi, John Pugh) e na fotografía (Erik Johansson) ou, desde fai un tempo, no mundo dos fogóns (Subijana).
Nas plantas de cruz latina, a nave transversal.
instrumento de escultor que serve para furar. Por extensión, a escultura feita a trépano é aquela que presenta profundas incisións e ocos xerando amplos contrastes de luz e sombra.
A tribuna constitúe unha galería sobre as naves lateras e da súa mesma anchura que se abre á nave central dun templo e onde poden acomodarse os fieis. É característica das igrexas de peregrinación Inspirado no matroneum das basílicas paleocristianas. O triforio redúcese a un pequeno pasadizo de circulación aberto en ventanais de carácter ornamental por riba das arcadas das naves. Propio da arquitectura gótica. Tamén chamado ándito.
Elemento arquitectónico con forma de rectángulo saínte e surcado por tres acanaladuras verticais -glifos-, que serve de decoración. Caracteriza o friso da orde dórica e alternase regularmente coas metopas (Na imaxe en vermello).
Estrutura triangular rematada en forma de bovediña que serve para achaflanar as esquinas e máis concretamente para sustentar a bóveda semiesférica que se levanta sobre base poligonal.
Xénero artístico, dentro das naturezas mortas e bodegóns, que simboliza o efémero da vida. Tratados de xeito realista, inclúen elementos alusivos á insignificancia e brevidade de todo o terreal (caveiras, reloxos, velas, libros). O termo deriva do texto do Antigo Testamento "Vanitas vanitatum et omnia vanitas", vaidade de vaidades e todo é vaidade.
Memento mori (recorda que vas morrer) é unha variante coa mesma significación e similares elemento.
Superposición de finas capas de pintura transparente sobre outras de cor opaca. Esta técnica, propia do óleo, suaviza os tons e ofrece unha especial luminosidade a modo dun velo transparente.
Rolo en espiral característico do capitel xónico. Tamén presente como elemento ornamental noutras partes arquitectónicas.
Elemento vertical que sostén a parte superior que pecha un vano (arco ou lintel) sempre que non sexan columnas.
© Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008