Música e arte van da mán (non encontrei a autoría desta estupenda liña temporal)
Os artistas e as súas obras son fonte de inspiración constante para moitas composicións musicais de todo tipo. Eles mesmos levaron a cabo experiencias musicais (Russolo, Duchamp).
Quede aquí un recopilatorio das obras máis significativas. Algunhas outras están engadidas nos comentarios.
VAN GOGH ![]() |
DON MCLEAN, Vincent (Starry, starry night), 1971 Fermosa canción inspirada polo lenzo homónimo do pintor. |
![]() |
| JONI MITCHEL, Turbulent Indigo, 1994 A cantante e pintora canadiense gañou o Grammy dese ano con este disco. A canción fai referencia ó estilo de Van Gogh e ós "curiosos" da súa figura. Na carátula xa amosa a fonte de inspiración, ela mesma se autorretrata como Van Gogh. |
![]() |
|
| JONATHAN RICHMAN and MODERN LOVERS, Vincent Van Gogh, 1985 Montaxe con obras de Vincent. | ![]() | |
| JIMMY CAMPBELL, Another Vincent Van Gogh, 1969 |
![]() |
|
MAX ERNST ![]() |
MISSION OF BURMA, Max Ernst, 1981 Esta banda estadounidense, de culto nos anos 80 inclúe na letra referencias a obras do artista ó tempo que xogan coa palabra "dadá". ![]() |
![]() |
BASQUIAT ![]() |
COWBOY JUNKIES, My Little Basquiat, 2007 Banda canadiense formada no 1985. |
![]() |
ANDY WARHOL ![]() |
||
| LOU REED e JOHN CALE, Hello, it's me, 1990 Tempo despois, en 1987, a morte de Warhol fixo coincidir a Reed e Cale, e decidiron facer un disco en homenaxe do amigo desaparecido. O resultado é Songs dor Drella, publicado en 1990. Drella é resultado de sumar dúas palabras coas que se designa a Warhol: DRE por Drácula e ELLA por Cinderella. Inclúen temas en referencia á súa cidade de nacemento, ó seu estudio, ó traballo, á repetición de imaxes característica da súa obra, ós seus medos,.. Déixovos a letra da fermosa despedida (letra en español) |
![]() |
|
| DAVID BOWIE, Andy Warhol, 1990 Publicada no álbun de 1971, Hunky Dory. Bowie acudiu a cantala ó seu estudio, as versións que circulan é que Warhol estaba morto de vergoña e tomou moi a mal esta homenaxe irónica, o único que dixo foi: "os teus zapatos son moi bonitos, David", e marchouse. O estribillo di algo así como: "Andy Warhol ten unha pinta escandalosa/cólgao da miña parede/Andy Warhol, pantalla de prata (polo cine) |
![]() |
|
| LITTLE JOY, How to hang a Warhol
(Como colgar un Warhol), 2008 |
![]() |
|
CHAGALL ![]() |
THE WEEPIES, A Painting By Chagall, 2006 Esta é unha montaxe feita coa música e obras do pintor de orixe rusa. |
![]() |
DE KOONING ![]() |
MANIC STREET PREACHERS, Interiors(Song for Willem de Kooning), 1996 | ![]() |
VERMEER
|
JONATHAN RICHMAN, No One Was Like Vermeer, 2008 |
![]() |
ENSOR ![]() |
THEY MIGHT BE GIANTS, Meet James Ensor, 1994 Grupo indie estadounidense de música experimental que algúns definen como rock intelectual polo pouco convencional da temática das súas composicións, a miúdo conteñen referencias á historia, ciencia, cine, literatura, arte ou música doutros artistas. A monaxe do video recolle a súa obra e a letra en inglés O pintor belga James Ensor (1860-1949) está considerado como precursor do expresionismo tanto pola temática -o grotesco e o macabro- como polo tratamento pictórico de forte cromatismo. Aínda sen ter relación coa arte, non podo deixar de poñer esta canción do mesmo grupo, particularmente o divertido video, referido ós reis de Mesopotamia: Sargón, Hamurabi, Asurbanipal e Gilgamesh (non van en orde cronolóxica). Foi publicada no album Else en 2007. |
![]() ![]() |
FRIDA KAHLO ![]() |
SERGIO ARAU, Mi Frida sufrida, 1994 Debuxante, músico e cineasta mexicano, ofrécenos esta canción na honra de Frida Kahlo facendo referencia á súa biografía (desde a polio que lle deixou mal unha perna ó accidente de autobús que lle fracturou a espalda), á súa ideoloxía comunista (acolleu a Trotsky cando fuxiu da URSS), á súa pintura surrealista e á súa vida con Diego Rivera. O video está montado con fotografías de Frida. |
![]() |
MAN RAY |
THE FUTUREHEADS, Man Ray, 2004 A banda británica que editou o seu primer single no 2002, recolle no álbum do mesmo nome esta canción referida ó fotógrafo dadaísta e surrealista |
![]() |
PICASSO ![]() |
Outro artista fonte de insparación de moitas cancións MODERN LOVERS, Pablo Picasso, 1976 Escrita por Jonathan Richman para esta banda de rock estadounidense. Foi despois versionada por moitos grupos e cantantes, como exemplo a versión de DAVID BOWIE cun videoclip realizado no 2004 na Universidade de París VIII (Art and Tecnologie de L'Image). |
![]() ![]() |
| PAUL McCARTNEY & WINGS, Picasso's Last Words (Drink To Me), 1973 | ![]() | |
| CLAUDIA PHILLIPS, Picasso, 1989 | ![]() | |
| LUKA BLOOM, Gone to Pablo, 1988 | ![]() |
|
| ODIO A BOTERO, Play Basquet With Pablo Picasso, 2003 | ![]() |
|
| PETER BJORN&JOHN, Blue Period Picasso, 2009 | ![]() |
|
| NEIL DIAMOND, The Last Picasso, 1974 | ![]() |
|
| GUY CLARK, Picasso's Mandolin, 1992 | ![]() |
|
| ADAM & THE ANTS, Picasso visita o planeta dos simios, 1992 Conpuxeron a canción a raíz dunha visita a España. Contan que a compañía discográfica quixo agasallálos cunha cea na casa dun dos novos ídolos españois do momento: Miguel Bosé. As cousas non ían moi ben e o cantante, Adam, refuxiouse no baño onde descubriu que as paredes estaban decoradas cunha serie de debuxos de Picasso: de aí ven a canción. Non é na súa honra nin unha homenaxe, pero como resulta curiosa a súa orixe e a crítica da súa letra, aí vai. |
![]() |
|
ROTHKO ![]() |
MORTON FELDMAN, Rothko Chapel, 1971 Trátase dunha peza para interpretar na capela que acolle obras de Rothko, quen tamén influíu no seu deseño. A capela, de pequenas dimensións e planta octogonal, atópase na Universidade católica de Houston. Concibida como un espazo ecuménico, de reflexión, de procura de espiritualidade, relixiosa ou non. Nos enormes murais predominan as cores escuras: negros, violetas e marróns, que destacan na nudez dos muros. Rothko non chegou a ver a obra rematada pois as súas continuas depresións leváronlle ao suicidio no ano 1971, un ano antes da inauguración do edificio. A música de Feldman semella acompañar a experiencia espacial da capela. |
![]() |
| DAR WILLIAMS, Mark Rothko Song, 1991 Neste vídeo acompañáse a canción con imaxes de Rothko e da súa obra |
![]() |
|
RAY JOHNSON ![]() |
MANIC STREET PREACHERS, Locust Valley, 2003 Banda galesa que triunfou nos 90 cun rock de letras intelixentes e con carga politica de esquerdas. A canción incluída no álbum Lipstick Traces, é unha homenaxe a Johnson, o mesmo título toma nome do lugar onde viuviu o pintor ó abandonar Nova York. A letra alude ó feito de ser un descoñecido para o gran público e á súa reclusión nunha pequena casa de campo blanca, como el mesmo dicía. |
![]() |
| JOHN CALE, Hey Ray, 2011 Cale recrea o ambiente de Nova York dos anos 60, que Cale e Ray viviron. Recordemos que Cale, xunto con Lou Reed, foron os cerebros da Velvet Uderground, grupo promovido pola Factory e Andy Warhol, e que constituiron unha avanzada na música experimetal. As súas discrepancias con Reed acabaron por separalo do grupo. |
![]() |
|
MONA LISA Esta obra de Leonardo, icona da pintura, serve de pretexto para unha composición interpretada e reinterpretada unha e outra vez. Orixinalmente a canción, creada para a película Captain Carey, U.S.A. e interpretada por Tommy Lynn, foi gañadora do Óscar á mellor canción orixinal dese ano, 1950 |
NAT KING COLE converteuna en número 1 |
![]() | NINO BRAVO foi o seu mais recoñecido intérprete en España, con algunhas variacións na letra. |
![]() |
| JERRY LEE LEWIS | ![]() | |
| JESSE MALIN | ![]() | |
| WOLF ALICE | ![]() |
|
| Panic! at the Disco | ![]() |
|
| will.i.am | ![]() |
|
| MODERN TALKING | ![]() |
|
| STARS DOWN | ![]() |
|
GOYA |
Andrés Valero-Castells, compositor e director de orquesta, compuxo no 2002 esta obra orquestal Os Fusilamentos de Goya. | ![]() |
| Enrique Granados (1867-1916), compositor e pianista, namorado de Goya como el mesmo recoñéceu, compuxo en 1910 unha serie de tonadillas al estilo antiguo coas que pretendía reflectir o ambiente da vida española na época en que Goya pintaba as súas Majas. Unha desas tonadillas é La maja de Goya que foi, e segue a ser, interpretada por diversos artistas. |
![]() |
|
ESCHER |
TEENAGE FANCLUB,1993 |
![]() |
MIGUEL ANXO ![]() |
COUTING CROWS, When I Dream of Michelangelo, 2008. Inspirada na bóveda da Sixtina e a loita creativa de miguel Anxo. |
![]() |
RUSSOLO ![]() |
Ver entrada |
|









.jpg)











