08/04/12

COLLAGE/COLAXE, PAPIER COLLÉ

Técnicas artísticas cuxa denominación derivada do francés coller, que significa pegar.
Consiste en adherir sobre un soporte obxectos de natureza e procedencia diversa, ata compoñer a obra definitiva. Cando o que se adhiren son elementos planos como papel ou teas para definir a forma, prefírese a denominación de papel pegado ou papier collé.
Considerada unha técnica de arte abstracta, sen embargo os elementos empregados son recoñecibles pero ó se ensamblar dun xeito distinto, adquiren unha significación diferente.
O collage foi moi empregado polos vangardistas do século XX, particularmente Picasso (abaixo, Natureza morta con cadeira de reixa, 1912) e Braque.


A continuación un exemplo de papel pegado nunha obra de Braque realizado en 1913, Bodegón.




Pero tamén outros artistas se serviron do colaxe como medio de expresión como esta obra de 1983 realizada por Jasper Johns









  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir