Unha introdución ó Expresionismo
CATALOGACIÓN
Obra de 1893 do pintor noruegués, Edvard Munch, pintada en cartón con óleo, temple e pastel. Realizou un total de catro versións e unha litografía. É unha das tres obras do Friso da vida.
Corresponde á vangarda do Expresionismo, un xeito de reflectir a angustia do ser humano mergullado na propia destrución o que xa tiña os seus antecedentes en Goya ou en Van Gogh.
A súa personalidade depresiva fai que os temas principais teñan que ver coa angustía de vivir, a morte e o sufrimento psíquico. Desde Oslo pasou a París con 22 anos, pero non se integrou en ningún dos movementos artísticos pois ningún ó seu parecer se interesaban polos estados de ánimo que el quería reflectir.
Nesta obra proponse expresar como unha súbita inquedanza transforma totalmente as impresions sensibles.

CONTEXTO
.........
Munch e o belga Ensor foron os pais desta corrente expresionista de principios do século XX que se desenvolve na Europa Central. Realizaron unha obra atormentada, de cores violentas, rostros esqueléticos e situacións angustiosas, por medio de amplas e crúas pinceladas.
En realidade habería que falar de varios expresionismos, pois a este grupo inicial de Munch seguiron os grupos alemáns denominados A Ponte (Die Brücke), O Xinete Azul (Der Blaue Reiter) e a Nova Obxectividade. Todos desenvolven a súa actividade no período previo á Primeira Guerra Mundial, amosan unha pintura moito máis reivindicativa, e derivan nalgúns casos cara á abstracción e ó cubismo.

O Expresionismo de Munch e Ensor (unha obra súa) resulta ilustrativo do lado pesimista da vida no período de preguerra, un desencanto fronte ó progreso e ó positivismo. A súa pintura caracterízase pola cor pura e arbitraria, agresiva con preferencia polas tonalidades escuras; pinceladas ondulantes que transmiten o ritmo dos sentimentos; formas simples, con marcadas distorsións. En certo sentido pode semellar un novo romanticismo pois prima o plasmar os estados de ánimo do artista sen procurar a beleza ou renunciando ós valores estéticos.
Os expresionistas sentiron tan intensamente o sufrimento humano, a pobreza, a violencia e a paixón que se inclinaron a crer que insistir na harmonía e na beleza na arte só era posible se se renunciaba a ser honrado. Querían afrontar os feitos nus da nosa existencia e expresar a compaixón polos desherdados aínda mellor se era a costa de sacar ós burgueses das súas casillas.
ANÁLISE
Nunha primeira versión titulábase Desesperación, que representa clara e dolorosamente a angustia de vivir expresada por medio do berro.
El mesmo conta a experiencia da que parte:

Camiñaba eu con dous amigos pola estrada. Ocultouse o sol, tinxiuse o ceo dun vermello coma o sangue e eu sentín coma un sopro de angustia. Pareime, apoieime na varanda, indeciblemente canso; por riba da cidade e do fiordo dun azul anegrado planeaban nubes sanguinolentas como linguas de lume. Os meus amigos seguiron camiñando, mentres eu fiquei alí cravado, tremendo de medo. Parecíame que oía o berro inmenso, infinito da NaturezaO cadro presenta unha escena cunha figura en primeiro plano, situada de fronte, mentres outras dúas avanzan cara ao fondo. Todas elas se sitúan no lado esquerdo, paralelas á varanda, posiblemente dunha ponte, que define unha liña diagonal, subliñada polas pinceladas do chan, a única de certa estabilidade da obra. Todo o lado dereito recolle a paisaxe, paisaxe que no é tal, ceo, auga e terra derrétense nun conglomerado de trazos ondulantes e cores estridentes.
As figuras do fondo están só insinuadas, a súa configuración formal queda esvaecida, acentuando así o misterio da escena, é posible interpretalas en contrate coa figura principal como testemuñas mudas, ignorantes da angustia. Son seres que non se cuestionan a súa vida e a natureza do seu propio vivir.
A figura centrada no primeiro plano situase de fronte ao espectador e defínese máis claramente. É sen dúbida o xesto o que chama a atención, o berro da natureza provoca tensión e pánico. Todas as liñas semellan converxer ata ese centro da cabeza que berra, falseada coma unha caricatura. O temor destrúe a anatomía, o corpo treme nunha ondulación única, os trazos do rostro desaparecen pola forza da expresión quedando reducido a unha impactante caveira de ollos desorbitados e as meixelas afundidas. Neste berro profundo toda a natureza se distorsiona coma un eco que coas súas ondas expande o tremor por todas partes ó seu redor, as liñas semellan cobrar vida por medio deses trazos enormes e convulsos que recordan a van Gogh.Tecnicamente o trazo é sumamente solto con liñas que flúen a través do soporte, o que debemos relacionar coa continuidade do tempo, o transcurso da vida, a imposibilidade de deter o destino.
As cores son estridentes e arbitrarias: azuis, laranxas, vermellos. Domina a gama fría no ángulo esquerdo contrastando coa gama cálida no lado dereito. En calquera caso son cores arbitrarias, antinaturalistas, o mesmo que a luz, non hai un foco determinado nin emprego de sombras.
Así pois compositivamente hai dúas partes ben diferenciadas separadas pola varanda. Un lado esquerdo coas figuras e a construción onde dominan os trazos diagonais e as cores frías, e un lado dereito coa natureza -o fiordo e uns barcos- na que dominan as ondulacións en gamas cálidas contrapostas ó redor da lingua escura do fiordo. Tanto unhas liñas como as outras outorgan forte dinamismo ó conxunto. Ambas partes quedan unificadas polas linguas de lume que configuran o ceo.
A diferencia de escala das figuras, as marcadas diagonais e as ondas crean unha clara sensación de espazo que nos leva de diante atrás
A pesar da figuración, nada hai realista, nada está detallado pois o que se representa é a emoción interna, non a realidade exterior: a soidade do ser humano e o seu pesimismo, angustia existencial. O resultado é inquietante, agresivo, impactante pois o aspecto externo do acontecemento está tratado dun xeito naturalista pero o horror interno incide nel para simbolizar os sentimentos, distorsionando e destruíndo a imaxe.

A obra non gustou ó público, non tanto porque transtocara a natureza como porque o resultado prescindira da beleza. Veradeiramente Munch podería responder que un berro de angustia non é fermoso e que deixaría de ser sincero se só mirase o lado agradable da vida.
MUNCH, El grito from Asun on Vimeo.
Unha visión renovada nesta talla en madeira realizada por Isamu Noguchi no 1959. Replicouna logo en bronce. A súia obra na que emprega todo tipo de materiais en formas abstractas adquiren un valor poético na propia sinxeleza. É o creador das lámpadas de papel (Akari) que tan imitadas serían.