04/06/12

TÉCNICAS PICTÓRICAS


FRESCO

Ha de comezarse por preparar o muro para regularizar a superficie, normalmente aplícanse dúas capas, unha primeira de area e cal (en relación 3:1) denominada arriccio, e unha segunda máis fina -revoco ou intonaco- tamén de area e cal, pero neste caso cunha area máis miúda e con maior proporción de cal. Ha de pintarse sobre a superficie de revoco húmida, de aí a denominación da técnica, o que esixe rapidez e impide refacer. Os pigmentos son de orixe mineral e empréganse diluídos en auga. Por un proceso de carbonatación o muro absorbe os pigmentos que pasan a formar parte del. Para pasar o boceto ó muro, realízase unha sinopia que reproduce o boceto a gran escala en silueta de cor vermella. Coa sinopia sobre a capa do primeiro revoco, o arriccio, ían picándose os contornos cun punzón e espoldrexase cun saqueto de hollín para deixar como guía marcas das formas no muro. En ocasións tamén podía facerse o debuxo directamente.


Neste fragmento da Capela Scrovegni, o manto da muller da dereita perdeu a capa de cor e pódese ver a sinopia





TEMPLE

As cores, de orixe mineral ou orgánica, dilúense en auga con aglutinantes, que podían ser ovo ou goma arábiga. Permite retocar aínda en seco.




ÓLEO 

As cores disólvense en aceite de liñaza e resina. Fanse as mesturas na paleta ata acadar a tonalidade desexada. Permitía un traballo mais lento, porque tarda en secar, facer veladuras con capas superpostas de cor moi diluída, potenciar a luminosidade e intensificar o colorido Mira no segundo vídeo o concepto de pintar alla prima e a obtención de veladuras.
A obra en alta resolución no Museo do Prado en Google Earth





ACUARELA

Realízase sobre papel diluíndo as cores en auga.

ACRÍLICO

Realizase con pinturas acrílicas -que inclúen resinas sintéticas como aglutinante-  diluídas en auga. Mira no vídeo o que son os empastes.



Rematamos cun fragmento da película La joven de la perla, na que vemos a preparación dos materiais pictóricos






 





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir