PARQUE DO PASATEMPO
Juan García Naveira, emigrara á Arxentina xunto co seu irmán Xesús, no ano 1870. Fixeron unha importante fortuna que empregaron en obras altruístas para a súa cidade natal, Betanzos. Aquí impulsaron unha residencia para a terceira idade, escolas gratuítas, varios lavadoiros públicos, refuxios para discapacitados e colaboraron sempre con axudas sociais ás persoas desfavorecidos.
Pero seguramente a obra máis orixinal promovida e dirixida persoalmente por Juan García Naveira foi este conxunto construído a principios do século XIX coa fin de amosar o aprendido a través da lectura ou ó longo das súas viaxes.
Era un Parque Enciclopédico segundo o definiu Luís Seone, un libro de pedra, que ocupaba uns 90.000 metros cadrados e incluía arquitectura, escultura, cerámica e xardinería.
As obras iniciadas entre 1893 e 1895, serviron para dar traballo a ducias de obreiros -en momentos de máxima actividade, chegou a contar con 200 traballadores- que a cambio do contrato estaban obrigados a aprender a ler e escribir, o que engadía un valor cultural para a poboación.
O conxunto organizouse en dúas partes: o xardín e o Pasatempo, propiamente dito.
Tamén pervive outro pequeno estanque cunha balea coa boca aberta que leva ao Hades, unha copia do Bosque Sagrado de Bomarzo (magnífico xardín do Castelo dos Orsini, construído no século XVI, e magnífica a novela homónima de Mujica Laínez)
No cuarto e quinto nivel, un zoolóxico acollía animais exóticos como llamas ou un iac, xunto con outros comúns: ocas, cisnes e patos.
As obras iniciadas entre 1893 e 1895, serviron para dar traballo a ducias de obreiros -en momentos de máxima actividade, chegou a contar con 200 traballadores- que a cambio do contrato estaban obrigados a aprender a ler e escribir, o que engadía un valor cultural para a poboación.
O conxunto organizouse en dúas partes: o xardín e o Pasatempo, propiamente dito.
- O primeiro, na parte inferior e chá, incluía vexetación variada, un labirinto vexetal, fontes, paseos, e estanques. Accedíase a través dun portalón custodiado por dous leóns en mármore tallados en Italia, un durminte e outro ó axexo (foron vendidos ó Santuario de Covadonga onde hoxe custodian a súa entrada). O paseo continuaba pola Avenida dos Emperadores Romanos, con bustos que os representaban, e a Avenida dos Álamos, dedicada a grandes literatos.
- O Pasatempo, ocupaba a aba do monte ó longo de cinco terrazas sucesivas conectadas por escaleiras ou por grutas artificiais. No Estanque do Retiro do primeiro nivel, hai un templete oriental sobre unha illa artificial e cos muros de cunchas de moluscos. Enmarcan o estanque diferentes relevos ilustrativos de feitos históricos: o sacrificio do indio Tupac-Amaru, os mártires cristiáns no circo, o fusilamento de Torrijos, .... E unha graciosa representación dun buzo traballando debaixo do mar.
Tamén pervive outro pequeno estanque cunha balea coa boca aberta que leva ao Hades, unha copia do Bosque Sagrado de Bomarzo (magnífico xardín do Castelo dos Orsini, construído no século XVI, e magnífica a novela homónima de Mujica Laínez)
Nas paredes do segundo nivel repítense os murais: o canal de Panamá, a muralla de China, a árbore xenealóxica do capitalismo, un dirixible, unha locomotora. E o máis curioso, a viaxe a Exipto dos García Naveiro.
A través de pasadizos e grotas chegábase a un xardín no terceiro nivel, presidido por un xigantesco león en cemento, mirando á cidade.
A morte do seu promotor e a Guerra Civil provocaron a decadencia do conxunto, que se fixo maior co recheo de zonas, a construción da estrada que o atravesa, a edificación de naves, a división en hortas, etc. Hoxe entrouse en proxectos de recuperación.
Mira á dereita (imaxe tomada de Celtiberia.net), a liña vermella sinala os terreos que orixinalmente pertencían ó conxunto do Pasatempo, a zona sombreada en rosa indica o que queda na actualidade.
Mira á dereita (imaxe tomada de Celtiberia.net), a liña vermella sinala os terreos que orixinalmente pertencían ó conxunto do Pasatempo, a zona sombreada en rosa indica o que queda na actualidade.
O ALEMÁN DE CAMELLE
No 1962 chegou a Cemelle un alemán, de nome Manfred Gnädinger, era un home culto e educado, fora profesor de debuxo pero seu interese polo medio ambiente tróuxoo ata a Costa da Morte e aquí quedou ata a súa morte, coincidindo co desastre do Prestige.
Se nun principio conectou coa xente da vila, despois volveuse anacoreta, deixou de vestirse, só se cubría cun taparrabos, e fíxose vexetariano.
Comprou un terreo, levantou unha pequena casa e comezou a desenvolver o seu traballo escultórico para facer un museo ao aire libre. É unha forma de Land Art.
Recollía todo o que o mar arrastraba a terra, coas pedras de cantos rodados apiladas e coloreadas en vivas cores creaba esculturas de formas orgánicas de gran beleza. Do mesmo modo pintaba con círculos as mesmas rochas, é dicir interviña na paisaxe cos mesmos elementos da paisaxe engadindo a cor ao granito.
¿Porqué comezamos por revisar este traballo do Pasatempo e o de Camelle?, pois porque nos enfronta a unha disxuntiva: ¿é arte ou non é arte?. É esta unha cuestión que sempre queda no aire, que foi cuestionada ó longo do tempo (recordemos a Duchamp) e que seguramente nunca chegará a concitar unanimidade na resposta.
Neste caso podemos dicir que se trata de arte marxinal ou outsider, é dicir aquela feita por non profesionais, persoas autodidactas que traballan seguindo exclusivamente o seu propio criterio á marxe dos estándares culturais. Curiosamente estes outsider remataron, por unhas ou outras razóns, por facerse famosos. A denominación foi creada no 1972 polo crítico de arte Roger Cardinal para superar á de Art Brut, un término co que Dubuffet se refería á arte das persoas con deficiencias mentais.
Na arte marxinal non se procura a beleza formal clásica, as obras resultan do impulso interior creativo do seu autor e adoitan empregar todo tipo de materiais mesturados e a miúdo de reciclaxe.
Resulta máis estraño ver a obra arquitectónica marxinal, ou a escultura a gran escala, porque os seus autores son persoas que constrúen sen coñecementos específicos de técnicas edificatorias e, sen embargo, as súas construcións seguen a estar en pé.
A publicación do libro Escultecturas margivagantes: la arquitectura fantástica en España, serve para definilos como a suma de arquitectos e escultores, marxinais e extravagantes.
MÁIS ESCULTECTOS
A publicación do libro Escultecturas margivagantes: la arquitectura fantástica en España, serve para definilos como a suma de arquitectos e escultores, marxinais e extravagantes.
MÁIS ESCULTECTOS
a) En España
b) Fóra de España
LOCALIZACIÓNS
Ver Escultecturas margivagantes en un mapa más grande
Despois de ollar a obra destes escultectos margivagantes, dámonos de conta das semellanzas: a maioría ponse mans á obra despois de se xubilar, nunca antes tiveron contacto co mundo da arte pero moitos estiveron empregados no ámbito da construción, sérvense de materiais de refugallo que seleccionan e clasifican con gran coidado pero tamén materiais naturais do entorno, traballan con verdadeiro afán dun xeito incansable, comezan a pequena escala pero logo continúan ata a súa morte sen un respiro durante 20 ou 30 anos, a improvisación inicial é substituída por unha planificación que só está na súa mente, seguen unha técnica repetitiva, actúan de xeito individual coa dedicación dun anacoreta, alleos a toda crítica ou reticencia, a creatividade convertese nunha obsesión.

Agora observa estas imaxes
|
||
|
|
¿Máis outsiders?. Non, son obras de artistas de recoñecemento mundial. As catro primeiras son obra de Gaudí e as dúas últimas de Christo, un artista representativo de land-art que cobre con enormes lonas paisaxes como neste caso na costa de Australia ou empaqueta árbores en Suíza. Da que pensar, ¿hai tanta diferencia?, ¿que che parece?.
De feito cóntase que cando a Sam Rodia lle amosaron fotos das torres da Sagrada Familia, dixo "¿Tivo axudantes?, eu fíxeno so".