29/04/15

OBRAS QUE TOMAN VIDA




 
 
Unha proposta nesta liña de vivificar as obras de arte (como o flashmob da Rolda de noite) é a planteada por Julien Casabianca:  sacar as obras dos museos e levalas á rúa. Unha exclaustración para tomar aire.
Entendámonos!, non se trata de que se tome un lenzo con marco e todo e, segundo os gustos de cada quén, o colguemos pola cidade. Noooon.... acabaríamos no cárcere!
A idea de partida é dobre, por un lado que moita xente non visita nin visitou nunca un museo e por outra parte que aínda tendo visitado museos -grandes ou pequenos- hai moitas obras que pasan desapercibidas, que non paramos a contemplalas, en fin que non son as top pero que son noso patrimonio. Así que, fagamos unha foto dalgún personaxe da obra elixida, a imprimimos e a pegamos na rúa -con pegamento que se quite facilmente- elixindo lugares nos que tal acción se permita, lugares degradados, cheos de graffitis, edificios en ruínas,... .  aportando un novo e fermosos elementos á marxe da publicidade que nos invade.

Na súa páxina web están as instruccións, por exemplo “No cuelguen a Jesús, ni a María, ni a reyes ni a reinas", o objectivo é a xente do común que tamén están presentes na historia da arte. Unha acción liberadora do encerro no que se atopan, de aproximación ó viandante, de rescate do esquecemento e de curiosidade por saber máis desas personas pintadas.
O proxecto, Outings Project, lanzado en 2014 tivo notable éxito, extendeuse por moitas cidades e son bastantes os museos que colaboran na idea: Louvre, Carmen Thyssen de Málaga, Museo del Romanticismo de Madrid, National Gallery de Londres, etc.

 



O Alive Museum de Seul (Corea do Sur), ven de incorporar o último en tecnoloxía ás exposicións de arte.
Só coñecemos os resultados por medio do video que segue, presentación no canal CBS, pero realmente sorprende. As obras toman vida, falan, intercomuncian cos visitantes




  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir