23/09/19

LAND ART


Na historia da arte a paisaxe apareceu como fondo no que sucedían os distintos acontecementos, para logo acadar valor por si mesmo (paisaxistas ingleses, Romanticismo e, sobre todo, cos impresionistas)
E desde sempre o ser humano intervén na natureza, por  motivos utilitarios, económicos ou por creencias.

Pero a arte contemporánea viu na natureza mesma un marco de inspiración para a creación de formulacións estéticas, e ás veces como punto de reivindicación en defensa do medio ambiente.
Lonxe das cidades, lonxe dos museos, lonxe das galerías, lonxe dos xéneros tradicionais, os artista de Land Art transforman o territorio en variadas intervencións servíndose dos propios materiais naturais -pedras, terra, auga, madeira,...- ou engadindo outros de distinto signo para acadar un xogo visual ben sorprendente.
Como tendencia e movementon artístico nace no Oeste dos Estados Unidos a finais dos  anos 60 do pasado século. Enlaza coa arte minimal, a arte povera e a arte conceptual.
Utilizan a paisaxe como lenzo das súas intervencións, unha vía verdadeiramante novidosa que acabará por enlazar tempo despois cos movementos ecoloxistas. A finalidade á alterar artisticamente a natureza para provocar emocións, modificar a percepción e as expectativas comúns do espectador
A variedade de manifestacións da Land Art é inmensa, aínda así teñen en común:
  • o carácter efémero ó estar expostas ás inclemencias do tempo e ós efectos da erosión. De aí a importancia da fotografía e do vídeo  para deixar constancia (curiosamente significa o retorno ás exhibicións en museos e galerías)
  • as grandes dimensións que precisan de espazos non habitados, apartados, agrestes, incontaminados pola intervención humana
  • unha custoso financiación, unha longa planificación e un traballoso proceso constructivo 
  • non é obra a que se inserta na paisaxe, é a paisaxe o medio para a súa realización, a mesma natureza propón a experiencia
  • o dominio de formas xeométricas e abstractas mesturando arquitectura, escultura e debuxo
  • sen función utilitaria, tan só a expresión persoal do artista


MICHAEL HEIZER
Tras abandonar Nova York comezou os seus trabllos nos desertos de California e Nevada, para practicar escultura en negativo excavando no chan, desde a pequena á gran escala. O tempo irá modelando a intervención do mesmo modo que altera a entorna




ROBERT SMITHSON
O outro dos pioneiros pero sobre todo teórico e impulsor do movemento
Sen dúbida a súa Spiral Jetty  é a obra de Land Art mais coñecida e recoñecible. Realizouse no 1970 na orilla do Gran Lago Salado de Utah. Precisou mover e colocar unhas 5.000 toneladas de bloques de basalto negro, area e sal cristalizada cos que se forma unha especie de camiño que se adentra na auga para descrebir unha espiral no sentido contrario ás agullas do reloxio. Un percorrido de case medio kilómetro


No 1971 continuo a desenvolver as ideas de círculos e espirais, nunha obra que non chegou a ver rematada. No pantano dunha canteira abandonada da cidade holandesa de Emmen, ergue unha colina de ascenso espiral -a modo dun zigurat- e unaha illa artificial formada por unha estrutura simétrica circular de 43 m. de diámetro en dous semícírculos opostos -auga-terra- e dúas linguas afrontadas: unha que se adentra na auga e outra que  penetra na terra como unha canle. A enorme rocha que estaba no centro non puido ser desprazada polo que houbo que mantela, isto dificulta a aprenhensión das formas e significados opostos, pois crea unha centralidade non desexada.




DENNIS OPPENHEIM
Case poéticas resultan as súas formas circulares recortadas na neve ou no xeo con máquinas recolledoras en campos de trigo. Foi dos primeiros en practicar Body Art

Annual Rings, 1968. Aneis concéntricos, unha alegoría do crecemento das árbores
One Hour Run, 1968. Marcas con moto de neve nun roteiro continuo dunha hora





WALTER de MARÍA
A obra mais impactante é a denominda The Lightning Field (1974), unha intervención no deserto de Novo México consistente dispuxo 400 postes metálicos de entre 4,7 e 8,3 metros de alto para adaptalas ó nivel do terreo -todos quedan igualados a 6- distribuidos ritmicamnte á mesma distancia nunha cuadrícula de case 2 km2.  Nesta área son habituais s tormentas con fortes descargas eléctricas das e os postes actúan como pararraios atrendo esas descargas que dan lugar a espectaculares descargas, unha imaxe estética creada pola propia natureza e dirixida pola man do home


 Curiosamente é unha instalación visitable durante seis meses do ano, non na época de choivas


JAMES TURRELL
O gran artista da luz natural ou artificial (un exemplo), corvirtiu un vello e apagado cráter, Roden Crater, do deserto de Arizona nun lugar no que o obxecto da arte é a propia luz. Un ambicioso proxecto iniciado en 1974, coa compra do terreo, que exteriormente non modifica practicamente a formación xeolóxica


Pero no interior, a base de tuneis, cámaras e galerías crea ó longo dos anos unha nova paisaxe interna, xogando coa luz que penetra pola grande óculo, coma se dun observatorio se tratase, e por outras fiestras abertas ó ceo. Unha experencia visual cambiante do tempo, a luz e o espazo


RICHARD LONG
Leva a cabo lixeiras intervencións modificando minimamente a paisaxe e empregando os materiais naturais sen modificar que atopa no mesmo lugar. Formas simples e nítidas -liñas, círculos, espirais, cruces- que marcan o camiño seguido nas súas pisadas, a mostra da súa presenza na natureza. 
Abaixo: Sculpture, Inglaterra (1968) A line made by walking, Inglaterra (1967), Unha liña en Escocia (1981) e Paddy Field - Chaff Circle, na India (2003) con grans de arroz.


ROBERT MORRIS 

Observatorio en Flevoland (Holanda), unha certa débada con pasado  a través deste  Stonehenge moderno.
Realizado no 1971 por medio de dous aneis de terra concéntricos á ceo aberto, o exterior de 90 m de diámetro e o interior de 24.Un lugar desde o que seguir o tránsito día-noite  e o seguimento das estacións. Vídeo
Misterio, recollemento, espiritualidade



NANCY HOLT
Sun Tunnels (1973-76 no deserto de Utah. Catro grandes cilindros de formigón -5, 5 m  de longo por 2.5 de diámetro- colocados horizontalmente sobre o terreo, dispostos en aspa e orientados cara á saída e posta do sol, de modo que nos solsticos e nos equinoccios a luz penetra inundando completamente os tuneis. Diversas perforacións practicadas nas paredes configuran catro constelacións do hemisferio norte e, segundo as crenzas do ioga, pódese practicar o sungazing, mirar o sol, con fins terapeúticos. En calquera caso, as entradas de luz permiten en palabras da autora traer o ceo á terra.



CHARLES ROSS 
Star Axis en Novo Mexico iniciado en 1975, así chamada pola súa alineación coa estrela Polar. Contén cinco elementos principais: a pirámide solar para facer o seguimento do desprazamento dasombra ; cámara da hora desde onde seguir a rotación terrestre durante unha hora; cámara ecuatorial desde a que observar as estrelas na liña do ecuador; túnel das estrelas, alineado ó eixe da Terra desde onde seguir as variacións de alineacións da Terra e as estrelas



CHRISTO
Christo y Jean Claude, apropiación dos edificios, monumentos, paisaxes, .. que empaquetan do mesmo xeito que a sociedade de consumo envolve coidadosamente productos para darlles un valor engadido



Outras propostas









  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir