Hai iconografías, hoxe en desuso, que resultan difíciles para os crentes e para os culturalmente diferentes. De xeito similar cantas cousas criticamos doutras crenzas!!!
Xa revisamos o tema da lactatio e charitas romana xunto có sangue de Cristo, hoxe analizamos a figura de Lot .
Un personaxe curioso este Lot! Seguimos a súa historia segundo a conta o Xénese 19.
Sobriño de Abrahán, acompañouno na viaxe, por deus ordenada, a Canaán na busca de terras onde asentar, ata que decidiron separarse ante as disputas xurdidas entre as persoas de cada quen (á esquerda, mosaico de Santa María a Maior en Roma, coa separación de ambos)
Entón Lot tomou asento nas fértiles chairas do Xordán onde se levantaban as cidades de Sodoma e Gomorra.
Cando Deus decidiu destruír as dúas cidades pois os pecados dos seus habitantes eran moitos, díxolle a Abrahan que só salvaría a Lot e a súa familia. A tala fin Yahvé enviou dous fermosos anxos disfrazados de homes. Lot acolleunos hospitalariamente na súa casa.
Pero -e aquí está a primeira sorpresa da narración para xustificar a destrución- os varóns de Sodoma esixiron que llos entregaran
—¿Dónde están los hombres que vinieron a tu casa esta noche? ¡Sácalos! ¡Queremos acostarnos con ellos!Lot respondeu
Por favor, amigos míos, no vayan a hacer una cosa tan perversa. Yo tengo dos hijas que todavía no han estado con ningún hombre; voy a sacarlas para que ustedes hagan con ellas lo que quieran, pero no les hagan nada a estos hombres, porque son mis invitados.Os sodomitas intentaron romper a porta, pero os anxos deixáronos cegos e dixeron a Lot
¿Tienes más familiares aquí? Toma a tus hijos, hijas y yernos, y todo lo que tengas en esta ciudad; sácalos y llévatelos lejos de aquí, porque vamos a destruir este lugar. Ya son muchas las quejas que el Señor ha tenido contra la gente de esta ciudad, y por eso nos ha enviado a destruirla.
Os futuros xenros non fixeron caso, pero Lot e a súa familia foron levados polos anxos mentres Sodoma e Gomorra ardían baixo unha choiva de lume e xofre.
Y al rayar el alba, los ángeles daban prisa a Lot, diciendo: Levántate, toma tu mujer, y tus dos hijas que se hallan aquí, para que no perezcas en el castigo de la ciudad. Y deteniéndose él, los varones asieron de su mano, y de la mano de su mujer y de las manos de sus dos hijas, según la misericordia de Jehová para con él; y lo sacaron y lo pusieron fuera de la ciudad.
Y cuando los hubieron llevado fuera, dijeron:escapa por tu vida; no mires tras ti, ni pares en toda esta llanura; escapa al monte, no sea que perezcas.
Asustada, a muller de Lot volveu o rostro para mirar a tremenda catástrofe, inmediatamente quedou convertida en estatua de sal. O castigo por volver a vista aparece no mito de Eurídice e Orfeo: as divindades do inframundo permitiron que a retornara á vida coa condición de que non a mirase ata estar n o exterior e que os raios de sol bañasen de luz a muller, pero Orfeo non puido conterse, volveu a mirada e Eurídice desvaneceuse no aire.
![]() Edward Poynter. O rescate |
Carl Goos. O esvaecemento de Eurídice |
O tema préstase facilmente para unha representación narrativa cos distintos momentos do relato dispostos en orde cronolóxica. Lot protexendo os anxos, os anxos cegando os sodomitas, a cidade ardendo, a fuxida cargando coas súas posesións máis valiosas e a conversión da muller en estatua de sal. En moitas ocasións aparece todo o relato na imaxe.
A iconografía quedou fixada na arte paleocristián das catacumbas no século IV.
![]() Jordaens |
Rubens |
![]() |
| Mosaico Catedral Monreal, s.XII |
![]() Veronés |
Rafael |
Pai e fillas refuxiáronse nunha cova. Elas, temerosas de non ter descendencia, por inciativa da maior emborrachan o pai para xacer con el e dar continuidade a liñaxe. Así o fixeron, durante dúas noites consecutivas emborracharon a Lot, a maior deitouse con el a primeira noite, e a menor fixoo a segunda noite. Destas relacións incestuosas naceron Moab (pai dos moabitas) e Amon (pai dos amonitas).
Nuestro padre es viejo, y no queda ningún hombre en la tierra que se una a nosotras, como es la costumbre en toda la tierra.
Ven, demos de beber vino a nuestro padre, acostémonos con él y conservemos descendencia de nuestro padre.
Pois este tema tan escabroso de dobre incesto e pouco moralizante foi recollido polos artistas do Renacemento, fíxose moi popular na Florencia do XVII e aínda se mantivo máis tarde. Era un pretexto para pintar nus con mulleres en posturas sensuais.
A iconografía mantén os elementos básicos: as tres personaxes, a cova, a bebida, rica vaixela, Sodoma ardendo ao lonxe e, a miúdo a columna de sal. Pero os tratamentos varían incidindo en maior ou menor medida na sensualidade das mulleres e na embriaguez de Lot.
Característico o rostro de sorpresa de vello Lot coa mirada ausente e o nariz e as meixelas vermellas e as actitudes sedutoras das fillas. Pero xunto co acto previo, ás veces xa se constata o xeito no que Lot se deixa levar polo desexo e a luxuria, e o día seguinte co vaso tirado no chán sen saber Lot o sucedido nesas dúas noites.
Con tantos elementos engadidos, pode acabar semellando unha "bacanal bíblica" .
Queda para o debate se Lot é máis culpable de se emborrachar ou do incesto, e se as fillas son culpables da luxuria ou foron levadas polo "natural" desexo de ser nais.
Por pouco edificante o episodio deixou de representarse

















