UNHA IMAXE E UNHAS VERBAS
Camille CLAUDEL Comezou a traballar con Rodin -el contaba 49 anos, ela 19- converténdose en modelo, musa e amante. Despois de quince anos, Camille rompe a relación sen que Rodin tivera renunciado ao seu matrimonio nin a outras amantes. Pasaría os derradeiros trinta anos da súa vida encerrada nun psiquiátrico.
|
Feroz amiga miña [...] Esta noite, recorrín (durante horas) sen encontrarte, os nosos lugares, ¡que doce me sería a morte! ¿Por qué non me esperaches no taller? [...] Camille, miña amada a pesar de todo, a pesar da locura que sinto vir e que será obra túa se isto continúa, ¿por qué non me cres? [...] Hai momentos nos que francamente creo que te olvidarei. Pero nun só instante, sento o teu terrible poderío. Ten piedade, malvada. Non poido máis, non podo pasar xa un día sen verte. Se non, a atroz locura. Acabouse, xa non traballo, divinidade malfeitora, e sen embargo ámote con furor. Miña Camille, tranquilízate, non teño amizade con ningunha muller, e toda a miña alma pertenceche. [...] esa rapaza espida é a miña irmá. A miña irmá Camille, implorante, humillada, de xeonllos, ela tan soberbia, tan orgullosa, e sabes que o que se lle está quebrando, nese mesmo instante, diante dos vosos ollos, é a súa alma. |