As formas anamórficas esixen un punto de vista lateral para obter a visión correcta. A perspectiva non fuga perpendicularmente cara ó fondo, pola contra está invertido, fuga diagonalmente cara adiante, cara a nos, por iso as dimensións se deforman.
Este artificio lúdico foi utilizado sen recibir denominación propia, a de anamorfose, ata mediados do XVII por obra do alemán Gaspar Schott. A primeira coñecida ven da man de Leonardo
Tales divertimentos que precisan un alto dominio técnico espalláronse por todas partes, ás veces para ocultar o prohibido ou facer sátira. Especial éxito tiveron en Alemaña estas adiviñas gráficas ou Cadros con secreto
Erhard Schön, discípulo de Durero, xilografía como a titulada Sal pola porta vello estúpido, 1535. No lado esquerdo, unha escena moralizante na que unha moza se deixa acariciar por un vello mentres lle rouba a bolsa para darlla ó mozo que está detrais da cortina. No lado dereito tan só se ven uns trazos pouco definidos, pero cando se mira adecuadamente aparece unha escena de sexo explícito entre a parella mentres expulsan o vello.
A mais recoñecida é a pintura de Holbein, Os Embaixadores, 1553
No XVII estendeuse a Francia e a España, onde contamos co curioso retrato de Carlos V na Catedral de Palencia que visto de fronte semella unha caricatura, pero ó mirar oblicuamente polo pequeno furado xurda o severo rostro do emperador.
Tamén entón apareceron as deformacións en xogos de espellos cilíndricos e cónicos que chegaron a Europa desde China a través da Ruta da Seda. A deformación anamórfica plana adquire a forma correcta ó se reflectir no espello
Ross McBride emprega este recurso nas súas tazas anamórficas e Bernard Prass para os retratos anamórficos: para captar a forma é preciso elixir o punto de vista correcto para que a acumulación de obxectos dé lugar á forma debida
O mesmo sucede con este traballo de 2002 nometro de Toronto
Os artistas de rúa (ver entrada) e a publicidade se serven das anamorfoses, en casos con grande talento creativo
- HONDA recorre ás ilusións ópticas e ás anamorfoses para crear unha "irreal realidad". No segundo vídoe descubrimos os trucos empregados
- Vodafone