CATALOGACIÓN
Obra arquitectónica de carácter civil, unha residencia urbana pacega da familia Pitti en Florencia. Considerase deseñada por Brunelleschi se ben faleceu antes de comezaren as obras polo que a súa autoría adoita circunscribirse ó esquema central.
Realizado no Quattrocento italiano, na segunda metade do século XV, serve de exemplificación do movo modelo de residencia renacentista dos nobres e ricos burgueses florentinos que, renunciando ós edificios fortificados, constrúen as súas ricas vivendas integradas na cidade e abertas a ela.

CONTEXTO
ANÁLISE
O Palacio Pitti, neste caso situado no extrarradio, exemplifica os trazos que definen estas residencias:
-volume pechado organizado en torno dun patio central, pois a vida concíbese cara a dentro. Se ben se eliminan as torres defensivas, o carácter pechado crea unha masa con aspecto de fortaleza que deixa constancia do poder económico e político dos seus donos.
- articulación horizontal marcada pola división en tres pisos subliñada polas marcadas cornixas e balaustradas que os separa así como polas fiestras
-a gradación do aparello almofado, xa empregado na arquitectura romana: na planta baixa os sillares sobresaen de xeito moi marcado e desigual, nas plantas superiores o almofado é menos alto e perfectamente regular
- sucesión rítmica das fiestras e os arcos de medio punto adovelados que as enmarcan
-a decoración limítase ós elementos construtivos, o mesmo aparello e os ventanais
Os Pitti ó se arruinar venderán o edificio ós Medici que o ampliaron considerablemente.