12/06/10

NUNHA BOTELLA DE VODKA

A vodka sueca, Absolut Vodka, foi introducida no mercada polo empresario Lars Olsson Smih, quen no século XIX desenvolveu un proceso de destilado da augardente do trigo. Para comercializar o produto era preciso comezar polo deseño do envase. Foron publicistas tamén suecos, da axencia Carlson and Broman, os que crearon esa botella que subliñaba o puro e cristalino do produto: transparente, sen etiqueta, coas letras grabadas, a foto do fundador e toques prateados. Certamente recordaba un envase de xarabe que os publicistas virán nunha tenda antiga, pero tamén hai que recordar que o vodka nos séculos XVI e XVII vendíase como mediciña que prometía ter efectos curativos.
O seguinte paso foi facer unha campaña de comunicación e publicidade para introducir a marca no mercado dos EEUU. Agora o encargo recibiuna a axencia estadounidense TBWA, quen, centrándose na botella, só lle engadiu un halo místico para o seu primeiro anuncio: Absolut Perfection. Foi o comezo dun longo camiño, que segue actualmente: o centro publicitario é sempre o envase ó que se lle engaden distintos elementos e significados que abarcan todos os ámbitos culturais.
En 1988, cando a Andy Warhol se lle amosou o envase dixo "quero pintala", e así o fixo: a imaxe da esquerda. Con este deseño de Warhol naceu Absolut Art, coa participación de outros artistas de vangarda: deseñadores gráficos, fotógrafos, ilustadores, artistas plásticos, muralistas, arquitectos. Aquí podes ver unhas cantas mostras, entre elas dos españois Mariscal e Barceló (a imaxe aumenta ó pasar o rato)



Pero tamén homenaxearon a artistas do pasado, empregando obras súas nas que se inserta a famosa botella:



Recentemente, desde o 2007, comezaron un novo tratamento coa campaña In an Absolut World, na que cun toque de humor trata de amosar como sería o mundo ideal. A imaxe inferior, corresponde a un dos novos spots, presenta Times Square de noite con pantallas de obras de arte que corresponden a Manet, Warhol, Goya (dúas obras), Chirico, Seurat, Cezanne, Modigliani, Vermeer, Klimt, Rembrandt, Delauny, Degas, Leonardo, Hooper, e algún máis que non consigo ver. ¿Recoñeces algún destes?. Se picas sobre a imaxe abrírase en maior tamaño


E, xa postos a mirar carteis, vexamos exemplos doutras das series publicitarias da marca.

Absolut Cities: utiliza elementos das cidades cos que recordan a botella, ás veces hai que prestar atención. Comezaron con cidades americanas para logo extenderse ó resto do mundo.Xa ves a de Sevilla có clásico tópico da praza de touros.




Absolute Fashion



Absolut Music


Absolut Films&Literature. Para ver ben os vídeos, ampliar o poster



Non sei se recoñeces os autores e actores, representados por medio das súas obras, son: Psyco, pola película Psicóse, obra de Hitchcock, que aparece no perfil do cartel da esquerda; Potemkin, coa imaxe mítica das escaleiras de Odessa na película de Eisenstein, O acoirazado Potenkim (ver o vídeo); Rosebud, pola película Cidadán Kane dirixida por Orson Wells; Marilynd; basada na mïtica escena da pelïcula a Tentación vive arriba (ver vídeo); Scrooge, o nome do protagonista da novela de Dikens, Conto de Navidade; Tribute, é unha homenaxe ó cine de Almodóvar, a botella está feita coas cintas das súas películas; HG Wells, autor de O home invisible;Karloff, polo actor británico Boris KarloffH, famoso polo seu pael de Frankenstein; Mary Shelley, autora da novela gótica Frankestein; Bran Stoker, autor da novela de terror Drácula .

Sobre feitos e personaxes históricos



Por último, outras ben curiosas






26/05/10

PROPORCIÓN AÚREA

Se ben xa vimos o que era a proporción ou número aúreo, engado este magnífico vídeo que presenta Cristobal Vila de Eterea Studios sobre a natureza e os números: Nature by numbers. Arranca coa serie de Fibonacci e segue co número phi.





Esta é a explicación do reflectido na película

21/05/10

ESPAZOS HABITABLES

Estamos acostumados a certos modelos arquitectónicos clásicos, por iso cando as arquitecturas saen deses canons rompendo os nosos esquemas mentais, sorpréndemonos. Por exemplo, esta casa da dereita (en Vals, Suíza), presenta unha perfecta adaptación o terreo ó se construír subterránea se ben todas as dependencias dan ó exterior
Hai unha moderna ou contemporánea arquitectura de grande calidade, con acertados e complexos deseños, pero hoxe vamos centrarnos en ver esas outras formas sorprendentes de vivendas, nalgúns casos poden facernos rir, noutros poden aterrorizarnos e noutros encantarnos. En todo caso, non nos deixan indiferentes.
Aquí vemos dous exemplos icónicos. A primeira, en Polonia, sorprende pola sensación de inestabilidade, toda ela semella tremer. A segunda, foi construída en Arxentina -Mar del Plata- a mediados do pasado século salvando un pequeno regato de xeito que a vivenda coma un ponte queda ancorada nas dúas veiras. Recorda sen dúbida a Casa da Fervenza (EEUU), construída por Frank Lloyd Wright nos anos 30.




Outras orixinais propostas, ¡e realidades!

Danzing House, república checa

Deconstructivismo

wall house 2, Países Baixos

Postmodernidade

container city, inglaterra

Arquitectura modular reciclada

happy rizzi house, Alemaña

Pop Art

wazoco, países baixos

Estructuralismo

edificio mirador, españa

Postmodernidade

habitat 67, canadá

Brutalismo

cube house, países baixos

Estructuralismo

Reversible destity lofts, Xapón

Arquitectura procedemental

Marina bay sands, Singapur

Organicismo

Wilkinson Residence, Oregón, EEUU

Organicismo

Urban Tree House, Italia

Ecoloxía



Doutra banda, encontramos edificios que transmutan en formas figuradas, moitas veces por razóns publicitarias e de marketing:

Parking, Biblioteca de Kansas City
Edificio de almacenaxe, Boston
Edificio de oficinas, China
Robot Building, Tailandia
Big Basket Buildin, Ohaio-EEUU
Office Center, Lituania
Tianzi Hotel, China
Museo Corpus, Países Baixos
Gagudju Crocodile Hotel, Australia
Centro Ecolóxico, China
Centro de Desenvolvemento Pesqueiro, India
Binoculars Building, California, EEUU
The Merino Story, Nova Zelanda
Toad Museum, Tailandia
Centro Nacional de Artes Escénicas, China



Pero tamén edificios a menor escala mostran imaxinación, con maior ou menor éxito, pero sempre resultan sorprendentes.



O peche coa singularidade de Dalí no Museo de Figueras













12/03/10

Un repaso




O grupo franco-americano Hold Your Horses presentan este video cheo de humor para a canción 70 millions no que os músicos se transmutan en cadros significativos da historia da artem un total de vintacinco, desde Leonardo a Warhol ou desde Velázquez a Otto Dix.



Así que repasemos, mira o vídeo e ¿cantas obras recoñeces? Se non das coa resposta mira nesta dirección a solución.






  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir