07/06/09

CANTEIROS DO PASADO E RESTAURACIÓNS DO PRESENTE


Os canteiros adoitaban deixar marcas para indicar a autoría do traballo, equivalía á súa sinatura. Outras opinións consideran que son o equivalente das facturas, marcando na pedra o punto do traballo realizado e cobrado.
Habitualmente tratase de signos sinxelos coma letras, números ou cruces, pero ás veces eran máis orixinais con figuras de ferramentas, instrumentos musicais, formas vexetais, obxectos diversos (como a chave de abaixo), etc.


Na Catedral de Santiago

Se a arte románica é unha arte simbólica, biblia pauperum, e os artesáns debían reflectir o mellor posible as ideas a transmitir, tiñan sen embargo un espazo no que traballar con maior liberdade, os canzorros. Os motivos son do máis diverso: seres fantásticos, animais, figuras humanas, anxos, formas vexetais ou xeométricas, e os máis curiosos, aqueles que representan escenas eróticas e obscenas.

Todo isto é sabido, pero, se visitamos algunhas catedrais e igrexas españolas encontramos cousas verdadeiramente asombrosas. Miras as imaxes:

1. Catedral de San Antolín de Palencia:
un fotógrafo nunha gárgola


2.- Catedral Nova de Salamanca, Portada de Ramos: un coello, un astronauta, un demo comendo un xelado, unha cegoña,...





3. Santa María a Maior de Trujillo (Cáceres): o escudo do Athletic de Bilbao nun capitel


4. Na Catedral de Calahorra (A Rioxa), encontramos un teléfono móbil, con data das súa execución.

E en Escocia na abadía de Paisley, encontramos un verdadeiro alien.

A mesma idea na Capela de Belén en Saint-Jean-de-Boiseau (Francia), mais aliens e gremlins



Todos estes xogos deben ter outro significado: está en relación coas restauracións. INVESTIGA




  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir