Se Ikea fíxese Stonehenge |
E moito humor en vídeos
Os Monty Python, os pais de A vida de Brian, ¿recordades?, fixeron durante anos programas de humor na BBC. Estes son algúns dos episodios
Neste caso o video non recolle completo o final: houbo alguén que non votou a favor porque non ergueu o brazo, ¿quen?, a Venus de Milo
Algo sucede no museo cando pecha .....
Os humoristas da serie Muchachada Nui fan unha serie de sketches baixo o nome de Cuadro barroco. Serve para distintos temas sobre os que dialogan ambos personaxes, podes velos en YouTube
A obra que utilizan é un anónimo flamengo do século XVII ás veces atribuído a Quentin Massys. O cadro coñécese como como Os cambista ou O recadador de impostos e o seu garante.
Esta é unha das parodias, máis relacionadas coa arte.
E unha animación do 2006 obra do director taiwanés, Goo-Shun Wanag, da Escola de Artes Visuais de Nova York, inspirada na litografía de Escher Ascendendo e descendendo (1960).
Trátase dunha figura imposible, unha ilusión óptica, na que se engaña a perspectiva, que Escher toma de Penrose matemático inglés) quen presentou a figura no 1958 xunto con outras formas imposibles.
Á esquerda a figura de Penrose e á dereita a litografía de Escher
Trátase dunha figura imposible, unha ilusión óptica, na que se engaña a perspectiva, que Escher toma de Penrose matemático inglés) quen presentou a figura no 1958 xunto con outras formas imposibles.
Á esquerda a figura de Penrose e á dereita a litografía de Escher
A web Worth1000, dedicado á fotografía, celebra moitos concursos sobre edición de imaxes, o caso que nos interesa é aquel no que pedía que a partir de obras de arte e por adición de elementos se realizaran novas posters publicitarios, é dicir trátase de tunear a obra orixinal. O resultado é realmente divertido, só vos amoso algunhas das creacións, pero podedes pasar un bo rato vendo moitas outras que se encontran pola rede.
Maior significación ten a contrapublicidade: unha parodia dos anuncios. Emprega as técnicas publicitarias para alterar as mensaxes. Realmente constitúe unha forma de protesta contra a sociedade de consumo polo que enlazan cos movementos antiglobalización. Existen moitas páxinas deste tipo con imaxes como estas.