¿Qué é a arte?. Non hai acordo sobre isto nin sequera entre os especialistas do pasado, ¿recordades o rexeitamento das obras de Manet ou de van Gogh?, ou do presente: ¿os grafittis son arte?. Tampouco parece ser a beleza a definidora de obra de arte: os canons de beleza mutan co tempo e o grotesco pode ser fermoso.
Seguramente esa pregunta non ten resposta ou o planteamento está equivocado, pode resultar máis xusto preguntarse ¿cando algo é arte?
Dunha banda está a idea, a concepción, a interpretación, doutra a plasmación que é algo máis que unha boa execución, que o dominio da técnica. Pero aínda isto non sería senón a representación dun obxecto, o artista por medio da súa propia linguaxe comunica algo ao espectador que contempla e reflexiona para obter cada quen a súa visión.
A miúdo os artistas volven sobre obras anteriores e reinterprétanas, parafrasean sobre elas, destrúenas para volver a construílas ao seu xeito. Un caso de especial relevancia é o de Picasso que realizou variacións sobre moitas obras, evidentemente de autores que admiraba: Rembrandt, Velázquez, Courbet ou Poussin, son algúns deles.
E, sen dúbida, as dúas obras máis interpretadas son a Mona Lisa de Leonardo e As Meninas de Velázquez. Observa:

Son moitos os exemplos de paráfrase. Nesta presentación déixovos unha mostra que preparei como unha curiosidade.
A música é de Gabin
Neste caso, non vos dou os nomes dos artistas que se revisan, pero creo que moitas podedes acertalas. ¡Ánimo!
Esta páxina ten unha recompilación de imaxes que parodian a Úlltima Cea de Leonardo. Moitas pertencen a montaxes dos personaxes de series televisivas: Os Soprano, Os Simpson, Barrio Sésamo ou House. Outras están en relación co cine, a música, o comic,....