CATALOGACIÓN
Arquitectura pública para o ocio, un anfiteatro romano na cidade de Roma. Os anfiteatros resultan da suma de dous teatros e son unha creación romana que comezara con construcións en madeira. Neles tiñan lugar espectáculos e xogos cruentos: loita de gladiadores (munera), loita de animais entre sí (venationes) ou cos gladiadores (bestiarii) e simulación de batallas, incluídas posiblemente as batallas navais (naumaquias).
Tratase do anfiteatro Flavio situado ó lado da Domus Aurea de Nerón e da súa figura colosal, de aí o nome. Inaugurado no ano 80 d.C. con xogos que duraron 100 días. A súa capacidade é de 50.000 espectadores en 80 filas de bancadas que eran ocupadas en orde social desde as clases dirixentes ata as clases máis baixas da plebe na parte alta, seguida de mulleres e escravos.
Foi Vespasiano quen decidiu facer un gran anfiteatro no mesmo lugar dun anterior destruído por un incendio, logo o seu fillo Tito engade o terceiro piso, sen galería e con pilastras. Remata definitivamente Diocleciano.
Materiais: formigón nos muros, nas bóvedas e na cimentación, toba na partes baixas, ladrillo nos muros que soportan as bancadas, travertino para os muros inferiores do exterior en bloques suxeitos por grampas de chumbo e bronce como recubrimento, madeira na bancada superior.
Non hai un autor ou autores recoñecidos, en todo caso, a autoría non ten maior relevancia na arquitectura romana, o relevante é quen encarga as obras, é dicir o Estado, polo que sempre son símbolo do poder imperial ó tempo que se someten ós principios vitruvianos de venustas, firmitas e utilitas.
Como todos os anfiteatros presenta planta oval. As dúas partes principais son: area-o espazo dos xogos-, e a cavea -as bancadas para o asento dos espectadores-.
A area é espazo no que se desenvolvían os xogos e que queda delimitada polo podium, un muro de case 4 m de altura, que o separaba das bancadas da cavea. Estaba decorado con pranchas de mármore e nichos .
Debaixo da area, con piso de madeira recuberto por area, estaban as dependencias subterráneas para o servizo do propio anfiteatro (almacéns, enfermería e gaiolas dos animais) que constituían todo unha complexa estrutura realizada en ladrillo. No podium ábrense dúas portas: á dereita a Porta Triumphalis, e á esquerda a Porta Libitinaria, por onde se evacuaba nas vítimas.
A bancada ou cavea, dividida en altura en tres sectores: inma, media e summa cavea (a parte superior estaba destinada a mulleres e nenos) é o lugar dos espectadores. Nos extremos do eixe menor erguíanse dúas tribunas para a familia imperial e as maxistraturas. O acceso realizábase con extraordinaria axilidade desde as arcadas da planta baixa a través de corredores interiores, os vomitoria. Os andares sostéñense sobre corredores con bóvedas anulares de canón, con arcos de reforzo embutidos, e de aresta.
Parece ser que toda a cavea podía ser cuberta por un velario, un toldo para dar sombra ós espectadores ou protexer da choiva. Son visibles os mastros no piso alto. A dificultade da súa montaxe obrigaba a que só expertos, neste caso mariñeiros, se ocupasen da manobra.
No alzado exterior quedan claramente diferenciados os catro niveis que se levantan sobre un podium. Os tres primeiros, separados horizontalmente por entaboamentos decorativos, con galerías de oitenta arcos de medio puntos, con semicolumas apegadas nos espazos intermedios, de diferente orde en cada andar (dórica-toscana, xónica e corintia) aínda que son meramente ornamentais non estruturais. Era este un esquema típico de todos os edificios públicos. O derradeiro piso carece de galería polo que resulta un enorme e pesado ático superposto no que alternan panos lisos e panos con pequenas fiestras rectangulares, e presenta pilastras de capiteis corintios, rematando cunha saínte cornixa.
En conxunto é todo o sistema sustentante de arcos o que define o sentido estético do exterior a partir da combinación da curvatura dos arcos que acollerían esculturas e a horizontalidade dos entaboamentos.
Tecnicamente o Coliseo exemplifica o dominio romano de técnicas construtivas con materiais distintos segundo as necesidades de lixeireza e flexibilidade. Sen esquecer que foi preciso drenar o lugar e facer unha moi fonda cementación. Sobre un basamento de tufo e travertino, ergueuse o esqueleto tamén en travertino conformado polos soportes fixados no chan e conectados entre si por grandes arcos de ladrillo na parte alta e por outros arcos de travertino en cada andar, son estes os que darían soporte á cavea. Os muros que unen os piares fanse en toba en opus quadratum, na planta baixa, e en cemento con ladrillo nos restantes niveis. Os perpiaños ían unidos por grampas metálicas. Os elementos decorativos (no podium, nos nichos, nos asentos das primeiras filas) estaban realizados en mármore pero hoxe conservase moi pouco.
O Coliseo é o anfiteatro maior do mundo, serviu de modelo a outros levantados nas cidades romanas (Nimes en Francia, Verona en Italia, entre os mellor conservados). Resulta un exemplo claro da eficacia da enxeñería romana, nun edificio plenamente funcional, á que se suma o sentido estético de base grega (hai unha evocación dos perístilos gregos) con achados que han ser imitados, principalmente a superposición de ordes.
Tratase do anfiteatro Flavio situado ó lado da Domus Aurea de Nerón e da súa figura colosal, de aí o nome. Inaugurado no ano 80 d.C. con xogos que duraron 100 días. A súa capacidade é de 50.000 espectadores en 80 filas de bancadas que eran ocupadas en orde social desde as clases dirixentes ata as clases máis baixas da plebe na parte alta, seguida de mulleres e escravos.
Foi Vespasiano quen decidiu facer un gran anfiteatro no mesmo lugar dun anterior destruído por un incendio, logo o seu fillo Tito engade o terceiro piso, sen galería e con pilastras. Remata definitivamente Diocleciano.
Materiais: formigón nos muros, nas bóvedas e na cimentación, toba na partes baixas, ladrillo nos muros que soportan as bancadas, travertino para os muros inferiores do exterior en bloques suxeitos por grampas de chumbo e bronce como recubrimento, madeira na bancada superior.
Non hai un autor ou autores recoñecidos, en todo caso, a autoría non ten maior relevancia na arquitectura romana, o relevante é quen encarga as obras, é dicir o Estado, polo que sempre son símbolo do poder imperial ó tempo que se someten ós principios vitruvianos de venustas, firmitas e utilitas.
CONTEXTO
O mesmoANÁLISE
Toda a construción está exenta, é dicir, o mesmo que no caso dos teatros, e en oposición ós gregos, a edificación non busca o apoio dunha ladeira, senón que é o cemento romano o que lles permite construír completamente desde o chan.Como todos os anfiteatros presenta planta oval. As dúas partes principais son: area-o espazo dos xogos-, e a cavea -as bancadas para o asento dos espectadores-.
A area é espazo no que se desenvolvían os xogos e que queda delimitada polo podium, un muro de case 4 m de altura, que o separaba das bancadas da cavea. Estaba decorado con pranchas de mármore e nichos .
Debaixo da area, con piso de madeira recuberto por area, estaban as dependencias subterráneas para o servizo do propio anfiteatro (almacéns, enfermería e gaiolas dos animais) que constituían todo unha complexa estrutura realizada en ladrillo. No podium ábrense dúas portas: á dereita a Porta Triumphalis, e á esquerda a Porta Libitinaria, por onde se evacuaba nas vítimas.
A bancada ou cavea, dividida en altura en tres sectores: inma, media e summa cavea (a parte superior estaba destinada a mulleres e nenos) é o lugar dos espectadores. Nos extremos do eixe menor erguíanse dúas tribunas para a familia imperial e as maxistraturas. O acceso realizábase con extraordinaria axilidade desde as arcadas da planta baixa a través de corredores interiores, os vomitoria. Os andares sostéñense sobre corredores con bóvedas anulares de canón, con arcos de reforzo embutidos, e de aresta.
Parece ser que toda a cavea podía ser cuberta por un velario, un toldo para dar sombra ós espectadores ou protexer da choiva. Son visibles os mastros no piso alto. A dificultade da súa montaxe obrigaba a que só expertos, neste caso mariñeiros, se ocupasen da manobra.
No alzado exterior quedan claramente diferenciados os catro niveis que se levantan sobre un podium. Os tres primeiros, separados horizontalmente por entaboamentos decorativos, con galerías de oitenta arcos de medio puntos, con semicolumas apegadas nos espazos intermedios, de diferente orde en cada andar (dórica-toscana, xónica e corintia) aínda que son meramente ornamentais non estruturais. Era este un esquema típico de todos os edificios públicos. O derradeiro piso carece de galería polo que resulta un enorme e pesado ático superposto no que alternan panos lisos e panos con pequenas fiestras rectangulares, e presenta pilastras de capiteis corintios, rematando cunha saínte cornixa.
En conxunto é todo o sistema sustentante de arcos o que define o sentido estético do exterior a partir da combinación da curvatura dos arcos que acollerían esculturas e a horizontalidade dos entaboamentos.
Tecnicamente o Coliseo exemplifica o dominio romano de técnicas construtivas con materiais distintos segundo as necesidades de lixeireza e flexibilidade. Sen esquecer que foi preciso drenar o lugar e facer unha moi fonda cementación. Sobre un basamento de tufo e travertino, ergueuse o esqueleto tamén en travertino conformado polos soportes fixados no chan e conectados entre si por grandes arcos de ladrillo na parte alta e por outros arcos de travertino en cada andar, son estes os que darían soporte á cavea. Os muros que unen os piares fanse en toba en opus quadratum, na planta baixa, e en cemento con ladrillo nos restantes niveis. Os perpiaños ían unidos por grampas metálicas. Os elementos decorativos (no podium, nos nichos, nos asentos das primeiras filas) estaban realizados en mármore pero hoxe conservase moi pouco.
O Coliseo é o anfiteatro maior do mundo, serviu de modelo a outros levantados nas cidades romanas (Nimes en Francia, Verona en Italia, entre os mellor conservados). Resulta un exemplo claro da eficacia da enxeñería romana, nun edificio plenamente funcional, á que se suma o sentido estético de base grega (hai unha evocación dos perístilos gregos) con achados que han ser imitados, principalmente a superposición de ordes.
Síntese en imaxes e vídeos