Os tapices son tecidos realizados con fíos coloreados con escenas ou motivos decorativos. Están pensados para ser colgados polo que, en certo sentido, imita á pintura.
Para elaborar un tapiz, o primeiro é deseñar un tema, debuxalo e colorealo como se dun cadro se tratara, un óleo sobre lenzo que será a base sobre a que traballe o tecedor. Estes modelos a escala real son os denominados cartóns, recorda os realizados por Goya para a Real Fábrica de Tapices (abaixo, O quitasol).
Na seguinte imaxe vemos a disposición que terían algúns dos tapices de Goya no comedor do Palacio do Pardo, para os Príncipes de Asturias, o futuro Carlos IV e a súa muller Mª Luisa de Parma.
No tear móntase a urdidoira (os fíos dispostos horizontal ou verticalmente) na que se van intercalando por medio de canillas e en varias pasadas os fíos de cores, alternando con pasadas de algodón que configura a trama) para ir dando forma á composición.
O bosquexo ou cartón colócase detrás da urdidoira e sobre ela se vai traballando, como ves na imaxe inferior.

A Real Fábrica de Tapices en Madrid, fundada en 1721 por Filipe V, emprega o tear de alto lizo, no que a urdidoria está disposta verticalmente. O traballo é sumamente laborioso e lento, o que explica o alto custo.
Se ben a técnica do tapiz ven de moi lonxe, acada gran difusión a partir do gótico no s. XIV., conservamos en España unha obra de grande relevancia o Tapiz da Creación da Catedral de Xirona que data de finais do s. XI ou primeiros do s. XI (clica para velo en grande).
Tempo despois, xa no s. XVI, pasou a empregarse tamén na tapicería.
Abaixo, unha imaxe do cuarto de Carlos IV no Palacio Real cun tapiz de Goya, e tapices no Palacio do Pardo.
E unha revisión histórica da Real Fábrica de Tapices de Madrid