A presenza do obxecto na historia da arte ten un longo percorrido que posiblemente deberíamos iniciar no Cubismo e con Picasso (Natureza morta con cadeira de palla,
1912). Pero foi o Dadaísmo quen radicaliza o emprego dos obxectos con
diferentes e variadas formulación que terán continuidade ata o presente.
A arte obxectual naceu no ámbito das vangardas do século XX -Cubismo, Futurismo, Dadá,..- como unha mostra da antiarte, como un cuestionamento da concepción artística. Neste contexto, un obxecto é seleccionado non polo seu valor plástico como entidade illada, senón como un punto de partida para ser transformado na súa significación á marxe das normas establecidas. Neste sentido de valor semanticamente significante enlaza coa arte conceptual en tanto que a idea prevalece sobre a forma, de modo que o importante é a planificación previa mentres que a execución redúcese a unha mera cuestión mecánica
Vexamos algunhas das configuracións clásicas con obxectos seleccionados -apropiados- para o seu emprego en composicións significativas
Roda de bicicleta, 1913
|
Literalmente o "xa feito" polo emprego de materiais usados.
Os mais famosos son os de Duchamp, un obxecto de produción industrial en serie cambiado de contexto, sen modificar, asinado e titulado con un nome que nada ten que ver coa súa función orixinal -recordemos A fonte-.
Non se trataba de afirmar que tal obxecto era unha obra de arte, en absoluto procura unha emoción nin leva a cabo unha intervención estética, senón de sinalar o inadecuado da definición de arte.
Man Ray manipula o obxecto engadindo outros elementos, no caso de Regalo (1921)-á dereita-, unha ringleira de cravos a unha prancha de ferro, deste xeito introduce unha contradición entre o resultado e a función primeira do obxecto. O xogo combinatorio leva ó absurdo.
Fragmentos de distintos materiais combinados e insertos dentro do cadro segundo a intuición do artista á marxe de toda regra pictórica ou plástica. O collage cubista daba continuidade á fragmentación pictórica no plano.
HANNAH HÖCH, Cut with the Kitchen Knife through the Beer-Belly of the Weimar Republic, 1919 H. BAYER, Soidade do cidadán, 1932 |
O Surrealismo combina elementos dispares suxestivoscos que configurar unha nova imaxe, objet trouvé.
Neste caso o obxecto é descontextualizado e sumado a outros, carentes
do seu significado e función orixinaria, resultando un novo obxecto cunha
significación diferente, a miúdo simbólica conectada ó inconsciente pola
súa asociación formal. Representa unha das vías do obxectualidade
surrealista.
Schwitters, Relief in Relief, 1942-45 |
Esta denominación foi empregada por primeira vez no 1953 por Jean Dubuffet. Son moi característicos os do dadaísta, Schwitters, como unha variante do collage. Combina materiais sen transformar, non-artísticos, de refugallo e obxectos comúns rexeitados pola sociedade, ós que denomina Merz -polo corte casual da palabra Kommerz que figuraba nun dos seus primeiros collages-. Non intentan explicar a natureza nin plasmala, senón facer unha interpretación persoal dos sentimentos que provoca -o que enlazaría co Expresionismo- a través dunha nova linguaxe.
As assemblages adoitan empregar sempre materiais de desfeito, o que non se facía nas combinacións de obxectos anteriores, pero manteñen como eles a disfuncionalidade. Como técnica artística manifestouse dentro de practicamente todos os estilos que se suceden no século XX tanto en Europa coma nos Estados Unidos: Neodadaismo, Fluxus, Costructivismo, Minimalismo, Arte Povera, Nova Obxectividade, ... Conecta có Junk Art/arte da reciclaxe cuestionando a nobreza dos materiais
Posto que cabe todo tipo de composicións, encontramos modelos moi distintos:
- As combine-painting de Robert Rauschenberg, mesturando pintura con cousas reais sexan rodas, animais disecados, coches,....
|
|
Sen título, 1945 |
- As caixas de Joseph Cornell e con disparidade de obxectos ordenadamente colocados. Veñen ser unha poética da memoria, el as denomina "teatros do soño"
- Os armarios, case instalacións que recordan os retablos, de Louise Nevelson, con restos de madeira apertadamente distribuidos en caixas, recuberto todo con pátinas brancas, douradas ou negras. Quizais unha evocación do faiado da memoria e do inconsciente.
|
|
- Le tableau piège, trampa de mesa, ou the snare-pictures (pinturas trampa) de Daniel Spoerri con vaixelas, restos de comida, .... todo acumulado casualmente disposto todo soble un tableiro e colgado da parede coma se dun cadro se tratara. Suxire a mutación visual producida polo paso do tempo
- As acumulacións de obxectos de uso similar ou non, idénticos ou da mesma familia, enteiros ou deformados, agrupados plasticamente en ritmos caóticos ou repetitivos. A acumulación suxire mais que un obxecto illado.
|
|
Richard Stankiewicz, Little Phaeton Dreams, c. 1922
|
- As combinacións escultóricas con desperdicios industriais sustraidos da mesma funcionalidade da máquina.
O pioneiro do emprego da chatarra nas artes plásticas foi Richard Stankiewicz (á dereita), realizando composicións figurativas primorasamente ordenadas cun punto de humor e alto grado de inxenio.
Co mesmo tipo de materiais pero empregados de xeito non figurativo, David Smith crea configuracións abstractas expresionistas de fomas caligráficas lineais e curvas-un debuxo no espazo-, que coa súa carencia de masa semellan formas etéreas cheas de forza expresiva.
Pola súa parte as máquinas-escultura de Jean Tinguely servídose de materiais igualmente industriais exploran no campo da cinética ó introducir o movemento pero tamén o sonoro, concretamente o ruído, resultante do movemento dos mecanismos ou
instrumentos insertados na estructura e activados polo espectador.
Co mesmo tipo de materiais pero empregados de xeito non figurativo, David Smith crea configuracións abstractas expresionistas de fomas caligráficas lineais e curvas-un debuxo no espazo-, que coa súa carencia de masa semellan formas etéreas cheas de forza expresiva.
Australia, 1951 |
Fatamorgana, Méta-Harmonie IV, 1985 (ver en acción) |
Pistoletto, Venus dos trapos, 1974 |
Revisado o pasado en todas estas mostras que se moven entre a arte obxectual e conceptual demos un paso adiante coa street art, a arte da
rúa, unha das significativas mostras da arte contemporánea cunha vertente denominada Trash art, que
engloba as manifestacións artísticas -pinturas, esculturas, instalacións,
happenings, collages,... - construídas con elementos de reciclaxe tomados do
lixo, ou co lixo mesmo, mais ou menos modificados, movéndose, en principio á marxe dos circuitos artísticos. Enlazan coa
arte conceptual, a arte Povera (á dereita) e o Junk Art/ arte da reciclaxe que vimos de ver.
Pois ben, neste ámbito de outsiders hai exemplos ben interesantes como podemos ver na colección de imaxes que segue con obras de:
Francisco de Pájaro, extemeño afincado en Londres comezou a pintar sobre as bolsas do lixo da rúa -di que porque non podía mercar materiais-. Crea figuras cheas de inxeño e ironía, xoga cos distintos niveis, combina e transforma para crear composicións reivindicativas. Adoita escribir enriba "art is trash" a arte é lixo.¡Magnífico e orixinal!
RAE, xunto co graffiti mural realiza divertidas montaxes escultóricas sobre elementos urbanos en Nova York
Debemos engadir a Bordalo II, artista portugués que leva a cabo verdadeiras instalacións de animais en relevo.
Vik Muniz. Este brasileiro emprega todo tipo de materiais reciclados ou naturais - terra, chocolate, pezas de puzzle ou azucre - para compoñer imaxes que en moitas ocasións toma da historia da arte. Nas imaxes que seguen versiona: A morte de Marat de David, Narciso de Caravaggio e Hipomenes e Atalanta de Guido Reni.
Donald Edwards e as esculturas por empaquetado (moito recordan as de Judith Scott, se ben estas non son figurativas)
Neumáticos nas poderosas esculturas de Yong Ho Ji |
Marc Bourlier, con anacos de madeira atopados nas praias |
El Anatsui é un artista africano que realiza enormes murais como grandes tecidos de cores elaborados con todo tipo de refugallos: tapóns, latas esmagadas, arames. Un traballo minucioso, lento, custoso pero que logra o efecto de telas suntuosas en cores brillantes que se ondulan xerando ricos efectos luminosos.
As paisaxe de Tom Deininger constitúense con multitude de obxectos sen empregar pintura nin pinceis, as formas derivan da acumulación (mira os detalles da versión de Monet)
As paisaxe de Tom Deininger constitúense con multitude de obxectos sen empregar pintura nin pinceis, as formas derivan da acumulación (mira os detalles da versión de Monet)
HA Schult e a instalación de Trash People, grandes esculturas
humanas a gran escala de materias reciclados (¿evocación dos guerreiros de Xian?) dispostas en perfecta formación. A mostra percorreu diversas
cidades do mundo como reclamo contra da altísima xeración de lixo
na actualidade
FOTOGRAFÍA E INSTALACIÓNS
As instalacións de Alejandro Durán transforman a paisaxe con materiais plásticos arrastrados pola mar facendo composicións coas que critica o consumismo en defensa do medio ambiente
Na mesma liña
Fotografías de Barry Rosenthal na serie Found in Nature. Bodegóns de materiais arrastrados polo mar, agrupados en orde por cores e formas |
Vilde Rolfsen, realiza suxerentes e sorprendentes paisaxes nebulosos formados polas bolsas de lixo |
Fotografías de Horacio Salinas |
E logo están todos aqueles que dan forma a pequenas esculturas que se moven entre a arte e as manualidades, pero sempre cun alto grado de creatividade
E o summum do traballo con lixo é a experimentación levada a cabo polo creativo Justin Gignac. No 2001, apostou pola importancia do empaquetado independentementee do contido, así que deseñou un perfecto cubo transparente no que metía lixo auténtico recollido das rúas de Nova York. Marketing, marketing, marketing,...., os cubos -numerados e firmados- vendéronse coma churros, ¡un recordo turístico da cidade: garbage!