08/10/19

BIZANCIO


Á morte de Teodosio no 395, o Imperio Romano divídese entre os seus fillos

Honorio recibe Occidente, capital en Rávena. Remata coas invasións bárbaras no s. V Arcadio recibe Oriente/Bizancio, capital en Constantinopla. Remata coa caída en mans otomanas no 1453

A civilización bizantina resulta da suma da tradición occidental e das aportacións orientais.
Os piares do Imperio foron a economía, a política exterior que amosou sempre unha tendencia á expansión e a Igrexa que serviu de elemento de unificación.
A potenciar o Imperio serviron as manifestacións artísticas. Crearon espazos susntuosos para desenvolver a liturxia, exaltaron a grandeza sobrehumana do emperador, o basileus, e ilustraron mediante imaxes o mundo transcendente, o invisible fíxose patente por medio de símbolos.
Da súa expansión quedaron mostras de grande relevancia coma as catedrais de San Marcos en Venecia, da Natividade de Kiev ou a de San Basilio en Moscú, xa no século XVI.
Economía comercial favorecida pola súa estratéxica situación
Unificación relixiosa baixo a fe ortodoxa
Cesaro-papismo: emperador pola gracia de Deus, o seu representante na terra. Ten o poder máximo do goberno, o exército e da igrexa
Herdanza romana máis a influencia grega e oriental, ademais da cristiá
Arte ó servizo do Estado (arte áulico) e da Igrexa (teocracia)
Sometido a regras, disciplinado e conservador. Tende á uniformidade e ós convencionalismos
No ámbito artístico é preciso diferenciar as seguintes etapas
  • 1ª Idade de Ouro, s. V-VII. Auxe con Xustiniano s.VI. Iconoclastia no VIII
  • 2ª Idade de Ouro, s.IX-XII. Volta ás imaxes. Expansión cara a Rusia e nordeste
  • 3ª Idade de Ouro, s.XIII-XV. Inicio da decadencia

ARQUITECTURA


MATERIAIS PLANTAS ARCOS
Variados (ladrillo, cachotería e pedra). Recubrimento de mosaicos, placas de bronce ou mármore pero exteriores pobres (diferencia entre corpo e espírito)
Preferencia polas centralizadas ou combinando

De medio punto, ás veces peraltados
SOPORTES CAPITEL ALBARDA CUBERTAS
Columnas de capiteis corintios ou troncocónico invertido, con cimacio. Biselado a trépano, niño avespa Resulta da fusión do capitel e o cimacio
Armaduras de madeira (tradición occidental) Bóvedas: de canón, para espacios lonxitudinais; de aresta, para espacios cuadrangulares; cúpulas sobre pendentes, en espacios cuadrangulares, ás veces gallonada
CONTRARRESTOS ORNATO CONCEPCIÓN ESPACIAL

Por grosos machóns, contrafortes externos e estructuras baldaquino
Materiais ricos que cobren os pobres: mármores de cores e mosaicos Formando extensos campos que desdebuxan os contornos
Continuo, dinámico, dilatado, desmaterializado (cúpulas, brillo dos mosaicos). O muro semella non ser un elemento estático, é un elemento de unión entre a masa e o baleiro das arcadas. Suxire infinitude e sorpresa

Constrúense edificios de carácter relixioso (basílicas, mausoleos, martyria) e civil (circos, anfiteatros, arcos de triunfo,..)

Análise de Santa Sofía (ir)

MOSAICOS

Herdanza romana e paleocristiá, pero pasa ás paredes e ás cubertas e fuxe de representar a realidade. Arte espiritual, ideal e mística A riqueza material ten por finalidade acercar o home á omnipotencia de Deus


Teselas de pasta vítrea, mármores e incluso pedras preciosas, cortadas segundo necesidade do debuxo)
Fondos dourados (o infinito, a divinidade). As referencias espaciais, se as hai, son abstraccións
A cor, os brillos e os reflexos axudan a conseguir un espacio simbólico sobrenatural, un espacio celeste

A natureza non se copia, só é un elemento que serve para identificar as escenas ou para cooperar na composición.
Organización en paneis. Grupos illados en espazos continuos Formas planas, bidimensionais, sen profundidade. Non hai sombras nen, habitualmente, claroscuros

A súa definición formal e proporcións está previamente establecidas por estrictas regras. Canon estilizado (9 cabezas) destacando a intensidade da mirada (espírito). Cabeza, tres partes (Trinidade) módulo: nariz.
Isocefalia, pero tamén tamaño por xerarquías
Figuras arquetípicas, inmóbiles, hieráticas. Antinaturais pois son símbolos eternos e inmutables

En lugar de afondar no espacio, as formas avanzan cara ao espectador en perspectiva invertida (é contraria á perspectiva lineal, as liñas de fuga saen do interior da imaxe, avanzan cara ó espectador e converxen no punto de fuga que está diante. Figuras de diante maior tamaño que as de atrais.
Superposición de planos e franxas de profundidade (arriba, o porto de Classe)
Modelos e ubicación prefixados: Pantocrátor na cúpula; Xuízo Final, esceas dos Evanxeos no nártex; Virxe Theotokos (Nai de Deus), Cristo en maxestade na ábsida; Santos, mártires nos laterais da nave maior



Crea modelos iconográficos da Virxe, especialmente nas iconas sobre táboa. Importante resaltar a figura de María como "Nai de Deus" (Concilio de Efeso, 431).
Son modelos que van pervivir no tempo.






  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir