13/10/19

PRIMEIRA ARTE CRISTIÁ


O cristianismo nace en Palestina, entón parte do Imperio Romano.
Relixiosamente existía un culto oficial que actuaba como unificador: o culto ao Emperador, que coexistía outros cultos diversos. Nese marco nace o cristianismo que achegaba ideas que prenderon con facilidade entre o pobo, ideas como a salvación dos xustos, a redención e a vida eterna, ao tempo que falaba de liberdade e igualdade, entrando así en oposición coas bases do mundo romano tales como o politeísmo ou a escravitude.
A súa difusión, favorecida pola propia organización administrativa e viaria do Imperio, foi rápida. Pero debemos diferenciar:
  • Os primeiros tempos da clandestinidade: paleocristiá
  • A legalización da nova relixión polo Edicto de Milán  de Constantino no 313: primeira arte cristiá 
  • O carácter de relixión oficial  a partir de 391 que se manifestará nas dúas partes do antigo Imperio en formulacións artísticas propias: bizantinas e prerrománicas respectivamente
En conxunto a arte do cristianismo vai significar:
  • A disolución do clasicismo aínda sendo a súa herdeira. 
  • A modificación da significación, agora dominan a crenza e a fe
  • A necesidade interpretativa pois conta cun compoñente intelectual cheo de convencionalismos para transmitir a fe
  • O teocentrismo e cesaropapismo (propaganda, sentido áulico)
Esteticamente imponse a idealización, o simbolismo, a desnaturalización e a expresividade


PALEOCRISTIÁ, ata  o 313

Os primeiros cristiáns non constrúen senón quen adaptan o xa existente ás súas necesidades
  • Domus ecclesiae (a casa da asemblea, en tanto lugar de reunión), vivendas de particulares adecuadas á liturxia,
  • Catacumbas como lugares de enterramento -non hai incineración- e celebración do banquete fúnebre. Non pensemos que o facerse subterráneas ten que ver coa prohibición do cristianismo: os seus inicios son anteriores e a mesma lei romana tiña por sagrado e inviolable calquera enterramento.
Como os enterramentos pagáns houberon de escavarse fora da área urbana pois dentro dela estaba prohibido. Comezaron aproveitando os túneles abandonados dos que se extraía area e materiais de construción e continuaron ese modelo: estreitos corredores con loculi nas paredes, e cubicula ou criptas, segundo tamaño, no fondo das galerías para persoas notables, neste caso baixo arcosolio. Expandíronse anarquicamente agás algúns casos, e os corredoiros chegaron a medir varios quilómetros.
Decóranse con pinturas esquemáticas, nun só plano, simétricas, antinaturais, frontais, que están impregnadas dun forte sentido simbólico e expresivo de raíces orientais.
As imaxes adquiren unha finalidade didáctica, han de transmitir os contidos da fe, sen valorar a estética. Se ben se serve da linguaxe de tradición clásica evoluciona cara á perda de todo o accesorio para quedarse só na idea.
  • Iconografía
A necesidade de contar con modelos iconográficos propios significativos a empregar no marco das (pinturas, lápidas e sarcófagos), tivo resposta na asunción de símbolos e temas clásicos coñecidos, cambiando o significado: o Bo Pastor (claramente derivado do Moscóforo), a vide xa non alude a Baco, Orfeo (xa que rescatou a Eurídice dos infernos), e toman episodios do Antigo Testamento coma David entre os leóns, Xonás e a balea, Moisés,...
A representación de Xesús resultou máis problemática ó non contar con antecedente algún. Foi preciso "inventar" unha imaxe de culto, configuraron tres modelos: un efebo novo sen barba -Christus puer- segundo a estética helenística, un home maior barbado -Christus barbatus-, modelo de orixe siríaca, e o Christus didaskalos ou magister -cun rolo na man e xesto explicativo- que respondían ós prototipos dos filósofos.
Do mesmo modo precisaron crear símbolos propios interpretados tan só polos seguidores cristiáns: a Eucaristía (1 e 2); a pomba cunha rama de oliveira ou nos orantes como símbolos da alma salvada na paz de Deus (3 e 4); a áncora e o pavo real en alusión á salvación e á resurrección, respectivamente (5-6)

Snow
Forest
Mountains
Mountains
Mountains
Mountains

Monograma de Cristo (Crismón). Formado coas dúas primeiras letras da palabra Cristo en grego -X (ji) e P (ro), letras iniciais de Xrhistus, traducción do hebreo de Mesías (o unxido)-. Alfa e omega: principio e fin.
O pez, en grego ἰχθύς (ICHTHYS): Xesucristo Fillo de Deus Salvador, Iησοῦς Χριστὸς Θεοῦ Υἱὸς Σωτήρ

Snow
Snow
Forest

Sen relación cos modelos iconográficos, mencionemos esta curiosa pintura dunha catacumba de Via Latina: ¿unha lección de anatomía con Aristoteles?



PRIMEIRA ARTE CRISTIÁ, IV-V


A partir do s. IV, comeza a edilicia de basílicas, mausoleos e martirios; melloran os traballos escultóricos e pictóricos con representacións que cada vez máis lonxe da realidade, suceden en escenarios desmaterializados,  con figuras redúcense aos contornos cun forte trazo, incluso a cor faise abstracta.

ARQUITECTURA

Espazo adecuado á liturxia para acollemento dos fieis. Inclúe residencia de bispos e sacerdotes Modelo, en menores dimensións, tomado da basílica romana para desvincularse do templo pagán e porque se adecúa á súa función e subliña o eixe lonxitudinal que marca o avance cara ó altar.
En xeral emprega materiais baratos no exterior (ladrillo, cachotería) que contrasta coa riqueza interior de mosaicos e mármores.
Son catro os modelos construtivos
  • basílicas, tomando como modelo as basílicas civís romanas  da administración de xustiza con certas modificacións
  • mausoleos, enterramentos monumentais de persoas relevantes. Seguen tipoloxía dos mausoleos romanos
  • martyria, mausoleos de santos e mártires. O mesmo esquema
  • baptisterios, para celebrar a cerimonia do bautismo

BASÍLICAS
PLANTA ALZADO ÁBSIDA

Lonxitudinal de tres ou cinco naves, separadas por filas de columnas, a central máis ancha.
Coloca a entrada nos pés non nos laterias
Desenvolve o cruceiro e crea o transepto, nave transversal que da un novo simbolismo: cruz
Precedida dun nártex para os catecúmenos (os non bautizados

Nave central máis elevada (camiño de Deus) A diferencia de alturas permite abrir ventanais (claristorio) que acentúan a importancia emocional da nave central
Tribuna para mulleres -matroneo- sobre as naves laterais

Presbiterio semicircular marcado por gran arco de triunfo; delimita o espazo dos fieis cun iconostasio
ORNAMENTACIÓN ELEM.SUSTENTANTES CUBERTAS

Ornato e luz para suxerir a presenza divina

Columnas de capiteis corintios -a miúdo reaproveitados-, arcos de medio punto e de medio punto peraltados
Armaduras de madeira e bóvedas de cuarto de esfera na ábsida
MAUSOLEOS e MARTYRIA
PLANTA EXTERIOR-INTERIOR CUBERTAS

Preferencia polas centralizadas coa tumba no centro seguindo o modelo dos mausoleos romanos
Os martyria esixen un deambulatorio de circunvalación

Repiten o contraste
Bóvedas semiesféricas, cúpulas, bóvedas vaídas e de canón
Nos deambulatorios, de canón anular
BAPTISTERIOS
PLANTA PÍA EXTERIOR-INTERIOR

Exentos
Centralizada (poligonal ou circular) coa pía no centro

Bautismo por inmersión


ARTES PLÁSTICAS






  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir