No 1909, a primeira plana de Le Figaro publica o texto de Marinetti Manifesto do Futurismo, (fragmento, texto completo) que xa días antes se recollera na prensa de Bolonia. Un total de 11 puntos nos que o poeta italiano propón non só un novo xeito de facer literatura e arte senón tamén un novo modo de vivir na modernidade.
1. Queremos cantar o amor ó perigo, o hábito da audacia e da temeridade.
4. Afirmamos que o esplendor do mundo enriqueceuse cunha beleza nova: a beleza da velocidade. [...] un automovil ruxindo que parece correr sobre a metralla é máis fermosos que a Victoria de Samotracia.
7. Non hai neleza senón na loita...
10. Queremos destruir e queimar os museos, as bibliotecas, as academias variadas e combater o moralismo, o feminismo e todas as demais cobardías oportunistas e utilitarias.
[....] fundamos hoxe o "futurismo", porque queremos liberar este país da súa fétida gangrena de profesores, de arqueólogos, de cicerones e de anticuarios.
Sen esquecer outros ámbitos artísticos -música, escultura, cine ou literatura-, das que tamén se publicaron manifestos particulares, os principais artistas plásticos adeptos ó movemento -Boccioni, Carrá, Balla, Russolo e Severini- publicaron o Manifesto dos pintores futuristas e o Manifesto técnico da pintura futurista. O primeiro conclúe:
Os mortos serán enterrados nas entrañas máis profundas da terra! O limiar do futuro quedará libre de momias! Abride paso á mocidade, á violencia, á ousadía.
O segundo (texto completo) explicita os principios técnicos:
O xesto que reproduciriamos no lenzo xa non será un momento conxelado no dinamismo universal. Será simplemente a sensación dinámica en si mesma.
De feito, todo se move, todo corre, todo mse transforma rapidamente. A figura nunca está iestable diante dos nosos ollos, senón que aparece e desaparece constantemente. Debido á persistencia da imaxe na retina, as cousas en movemento multiplícanse constantemente; a súa forma cambia como vibracións no espazo que percorren. Así, un cabalo que corre non ten catro patas, senón vinte, e os seus movementos son triangulares.
TRAZOS
- Berce, Milán
- Velocidade como expresión do vórtice da vida
- Exaltación da modernidade a través dos avances tecnolóxicos que simbolizan a perfección (tren, automóbil, fábricas, avións)
- Expresar a enerxía dinámica interior da materia física continuamente transformada no espazo, é o que os separa do Cubismo que amosa unha realidade estática e sólida desde un punto de vista plástico e xeométrico
- Representar a cuarta dimensión: o tempo
- Herdanza da técnica divisionista e da simboloxía simbolista
- O movemento exprésase pola repetición das posicións do movemento ou por liñas de forza
- A cor empregada con valor construtivo
Foi interesante a súa proposta de conectar a vangarda coa cultura de masas ou a creación de fórmulas que serán aproveitadas polo cómic, pola publicidade e no deseño tipográfico
Non obstante, valores defendidos como a guerra, os nacionalismos, a misoxinia ou o militarismo, fainos entroncar cos fascismos, o mesmo Marinetti colaborou no Manifesto Fascista de 1919. Despois da II Guerra Mundial queda circunscrito ás artes aplicadas.
REPRESENTANTES
UMBERTO BOCCIONI
O obxectivo da escultura é a reconstrución abstracta dos planos e dos volumes que determinan a forma, non o seu valor figurativo.
Foi o compoñente máis destacado do movemento ó que achegou tamén numerosos escritos teóricos.
A visión simultánea da realidade a través de fragmentación da imaxe tamén se aplica ós contidos psíquicos e mentais (Tríptico dos estados de ánimo).
GIACOMO BALLA
CARLO CARRÁ
A súa adscrición o movemento futurista remata cando coñece a De Chirico e pasa á pintura metafísica da que será un dos fundadores.
Se tivera continuado cos futuristas, sería un hipócrita. Coa miña nova actitude intento atopar ... ese equilibrio entre arte e tradición, entre natureza e arte ... negado ó futurismo.
Ademais da pintura traballou no campo da música sobre a que publicou A arte dos ruídos e inventou o "entoador de ruídos". Temos falado da súa música nesta entrada.
GINO SEVERINI
A descomposición da imaxe en teselas cromáticas xustapostas, como vista a través dun calidoscopio, e a súa estancia en París acabarán por conectalo co Cubismo en cuxa formación participará activamente.
O cómic empregará este recurso de repetición, ademais das liñas cinéticas, para representar o movemento
Adam and the Ants, fan con esta canción de 1979 toda unha versión sonora do Futurismo, o ritmo musical impón a velocidade da que tanto gustaban os futurista que se citan: Marinetti, Boccioni, Carrà, Balla, Palazzeschi. Ademais do propio Manifesto Futurista.