Amosando publicacións coa etiqueta Futurismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Futurismo. Amosar todas as publicacións

18/06/21

FUTURISMO


No 1909, a primeira plana de Le Figaro publica o texto de Marinetti Manifesto do Futurismo, (fragmento, texto completo) que xa días antes se recollera na prensa de Bolonia. Un total de 11 puntos nos que o poeta italiano propón non só un novo xeito de facer literatura e arte senón tamén un novo modo de vivir na modernidade.
1. Queremos cantar o amor ó perigo, o hábito da audacia e da temeridade.
4. Afirmamos que o esplendor do mundo enriqueceuse cunha beleza nova: a beleza da velocidade. [...] un automovil ruxindo que parece correr sobre a metralla é máis fermosos que a Victoria de Samotracia.
7. Non hai neleza senón na loita...
10. Queremos destruir e queimar os museos, as bibliotecas, as academias variadas e combater o moralismo, o feminismo e todas as demais cobardías oportunistas e utilitarias.
[....] fundamos hoxe o "futurismo", porque queremos liberar este país da súa fétida gangrena de profesores, de arqueólogos, de cicerones e de anticuarios.
Sen esquecer outros ámbitos artísticos -música, escultura, cine ou literatura-, das que tamén se publicaron manifestos particulares, os principais artistas plásticos adeptos ó movemento -Boccioni, Carrá, Balla, Russolo e Severini- publicaron o Manifesto dos pintores futuristas e o Manifesto técnico da pintura futurista.  O primeiro conclúe:
Os mortos serán enterrados nas entrañas máis profundas da terra! O limiar do futuro quedará libre de momias! Abride paso á mocidade, á violencia, á ousadía.
O segundo (texto completo) explicita os principios técnicos:
O xesto que reproduciriamos no lenzo xa non será un momento conxelado no dinamismo universal. Será simplemente a sensación dinámica en si mesma.
De feito, todo se move, todo corre, todo mse transforma rapidamente. A figura nunca está iestable diante dos nosos ollos, senón que aparece e desaparece constantemente. Debido á persistencia da imaxe na retina, as cousas en movemento multiplícanse constantemente; a súa forma cambia como vibracións no espazo que percorren. Así, un cabalo que corre non ten catro patas, senón vinte, e os seus movementos son triangulares.

TRAZOS

  • Berce, Milán
  • Velocidade como expresión do vórtice da vida
  • Exaltación da modernidade a través dos avances tecnolóxicos que simbolizan a perfección (tren, automóbil, fábricas, avións)
  • Expresar a enerxía dinámica interior da materia física continuamente transformada no espazo, é o que os separa do Cubismo que amosa unha realidade estática e sólida desde un punto de vista plástico e xeométrico 
  • Representar a cuarta dimensión: o tempo
  • Herdanza da técnica divisionista e da simboloxía simbolista
  • O movemento exprésase pola repetición das posicións do movemento ou por liñas de forza
  • A cor empregada con valor construtivo
Foi interesante a súa proposta de conectar a vangarda coa cultura de masas ou a creación de fórmulas que serán aproveitadas polo cómic, pola publicidade e no deseño tipográfico
(Marinetti: Despois do Marne, Joffre visitou a fronte en coche)
Non obstante, valores defendidos como a guerra, os nacionalismos, a misoxinia ou o militarismo, fainos entroncar cos fascismos, o mesmo Marinetti colaborou no Manifesto Fascista de 1919. Despois da II Guerra Mundial queda circunscrito ás artes aplicadas.

REPRESENTANTES



UMBERTO BOCCIONI

O obxectivo da escultura é a reconstrución abstracta dos planos e dos volumes que determinan a forma, non o seu valor figurativo.
Foi o compoñente máis destacado do movemento ó que achegou tamén numerosos escritos teóricos.
A visión simultánea da realidade a través de fragmentación da imaxe tamén se aplica ós contidos psíquicos e mentais (Tríptico dos estados de ánimo).

Formas únicas de continuidade no espazoDesarrollo dunha botella no espazo
A cidade levántase
Visión simultáneaMuller no café. Compenetración de liñas e planosCarga de lanceirosEstados de ánimo. Os que se vanEstados de ánimo. Os adeusesEstados de ánimo. Os que se quedan



GIACOMO BALLA

Dinamismo dun can con correaNena correndo polo balcón

Luz da rúaNúmeros namaoradosVelocidade do atomóbil


CARLO CARRÁ

A súa adscrición o movemento futurista remata cando coñece a De Chirico e pasa á pintura metafísica da que será un dos fundadores.
Se tivera continuado cos futuristas, sería un hipócrita. Coa miña nova actitude intento atopar ... ese equilibrio entre arte e tradición, entre natureza e arte ... negado ó futurismo.
Funerais do anarquista GalliDinamismo dun automóbilA Musa metafísica



LUIGI RUSSOLO

Ademais da pintura traballou no campo da música sobre a que publicou A arte dos ruídos e inventou o "entoador de ruídos". Temos falado da súa música nesta entrada.
perfumeA revoltaA música


GINO SEVERINI

A descomposición da imaxe en teselas cromáticas xustapostas, como vista a través dun calidoscopio, e a súa estancia en París acabarán por conectalo co Cubismo en cuxa formación participará activamente.
Canóns en acciónA modistaDinamismo dunha bailarina



O cómic empregará este recurso de repetición, ademais das liñas cinéticas, para representar o movemento






Adam and the Ants, fan con esta canción de 1979 toda unha versión sonora do Futurismo, o ritmo musical impón a velocidade da que tanto gustaban os futurista que se citan: Marinetti, Boccioni, Carrà, Balla, Palazzeschi. Ademais do propio Manifesto Futurista.










  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir