PRIMEIRAS VANGARDAS
CONTEXTO
Principias feitos históricos do século XX:
Economicamente recordar crises do capitalismo, división entre países desenvolvidos e subdesenvolvidos ou a influencia que a economía ten no desenvolvemento científico e técnico (transportes, comunicacións).
A arte ten que evolucionar do mesmo xeito que a sociedade, non se poden manter inamovibles os principios artísticos nun mundo modificado pola ciencia e a tecnoloxía (Freud, Einstein,...).
O Impresionismo abriu ás portas á outros investigacións e xeitos de pintar, a outras tendencias, a outras formas de mirar, pero el mesmo chegou a un punto de esgotamento. Van xurdir diferentes estilos que coexisten e se suceden de xeito vertixinoso desde finais do XIX.
Teñen en común a intención de transformar a linguaxe artística, liberados de todas as cadeas estilísticas do pasado
- Fin da unidade artística e convivencia de estilos de concepcións moi diferentes, que se suceden moi rapidamente
- A arte deixa de ser a manifestación privilexiada dunha cultura, pertence só ao aartista
- Constante afán de descubrir e explorar novas vías artísticas (cine, fotografía, collage...)
- Uso indiscriminado de toda clase de materiais (periódicos, cortiza, area...)
- Supremacía da creatividade e da experimentación, a arte xa non trata de imitar ou copiar, máis que representar interpreta
- Superación de conceptos tradicionais como forma, cor, luz e espazo. Son revisados ou incluso rexeitados.
FAUVISMO
O Salón de Outono de 1905, na sala VII, presentaba esculturas neorrenacentistas de Albert Marque e lenzos de Matisse, Derain, Vlaminck. O crítico Louis Vauxcelles fixo a crónica da exposición, incluíndo a famosa a frase que serviu a dar nome a estes pintores inclasificables.
«No centro da sala, un torso infantil e un pequeno busto de mármore de Albert Marque, que modela primorosamente. O candor destes bustos sorprende no medio da orxía de tons puros: Donatello chez les Fauves".
¿Conformaron unha escola estilística de vangarda? En sentido estrito diríamos que non xa que non chegaron a constituír un grupo homoxéneo unido no tempo -en 1907, o grupo xa está desintegrado, cada quen seguiu camiño propio-, nin estableceron un corpus doutrinario, tan só os uniu a liberdade, o emprego arbitrario da cor e o distanciamento da realidade, todo isto é o que os fai vangardistas.
Rexeitaron a ríxida metodoloxía do Neoimpresionismo, pese a que moitos comezaron servíndose da técnica puntillista, a lixeireza do Impresionismo, o ornamentalismo da Art Nouveau e a evasión espiritualista do Simbolismo.
, acabaron por rexeitala pola súa rixidez, tampouco comungaban co Impresionismo polas súas formas esvaecentes, nin co Simbolismo pola súa evasión espiritualista nin co Modernismo polo seu ornamentalismo.
Tiñan os seus fundamentos pictóricos nos postimpresionistas (Gauguin e Van Gogh, sobre todo), nas culturas primitivas e, incluso, poden ser considerados expresionistas no uso da cor xa que a empregan só en función da súa propia sensibilidade e emocións, non está ó servizo da imaxe.
Liderados por Matisse, Vlaminck e Derain, xunto con outros artistas que se sumaron temporalmente van Doegen, Dufy, Marquet, Rouault.
TRAZOS
MATISSE
O que persigo por riba de todo é a expresión e a cor debe atender sobre todo a servir o mellor da expresión.
O lado expresivo das cores impónseme de xeito instintivo. A elección das miñas cores non se fundamenta en ningunha teoría científica, senón na observación, sobre o sentimento, sobre a experiencia da miña sensibilidade.
Foi o eixo do grupo pero acabara abandonándoo. Con Harmonía en vermello rompe co fauvismo e avanza cara a formas simplificadas, maior ornamentalismo e á creación de collages con papeis pintados con gouache (pintura coas cores diluídas en auga).
VLAMINCK Paisaxes das emocións en cores moi contrastadas aplicadas en densas pinceladas
VLAMINCK Paisaxes das emocións en cores moi contrastadas aplicadas en densas pinceladas
DERAIN O máis radical dos fauvistas, tendencia que abandonou despois da guerra mundial cara a un realismo máis ecléctico
VAN DONGEN Sensualidade feminina na vida nocturna parisina ou as refinadas burguesas. Característicos ollos pintados de negro
ROUAULT Entrou en contacto cos fauvistas pero sérvese dunha linguaxe propia caracterizada pola figuración expresionista, a fonda inspiración relixiosa, as cores escuras e o emprego da cor negra.