Amosando publicacións coa etiqueta Matisse. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Matisse. Amosar todas as publicacións

12/06/21

FAUVISMO

 

PRIMEIRAS VANGARDAS

CONTEXTO 

Principias feitos históricos do século XX:
Economicamente recordar crises do capitalismo, división entre países desenvolvidos e subdesenvolvidos ou a influencia que a economía ten no desenvolvemento científico e técnico (transportes, comunicacións). 
A arte ten que evolucionar do mesmo xeito que a sociedade, non se poden manter inamovibles os principios artísticos nun mundo modificado pola ciencia e a tecnoloxía (Freud, Einstein,...).
O Impresionismo abriu ás portas á outros investigacións e xeitos de pintar, a outras tendencias, a outras formas de mirar, pero el mesmo chegou a un punto de esgotamento. Van xurdir diferentes estilos que coexisten e se suceden de xeito vertixinoso desde finais do XIX.
Teñen en común  a intención de transformar a linguaxe artística, liberados de todas as cadeas estilísticas do pasado
  • Fin da unidade artística e convivencia de estilos de concepcións moi diferentes, que se suceden moi rapidamente
  • A arte deixa de ser a manifestación privilexiada dunha cultura, pertence só ao aartista
  • Constante afán de descubrir e explorar novas vías artísticas (cine, fotografía, collage...)
  • Uso indiscriminado de toda clase de materiais (periódicos, cortiza, area...)
  • Supremacía da creatividade e da experimentación, a arte xa non trata de imitar ou copiar, máis que representar interpreta 
  • Superación de conceptos tradicionais como forma, cor, luz e espazo. Son revisados ou incluso  rexeitados.
O triunfo social failles perder o seu carácter de ruptura.

FAUVISMO


O Salón de Outono de 1905, na sala VII,  presentaba esculturas neorrenacentistas de Albert Marque e lenzos de Matisse, Derain, Vlaminck. O crítico Louis Vauxcelles fixo a crónica da exposición, incluíndo a famosa a frase que serviu a dar nome a estes pintores inclasificables.
«No centro da sala, un torso infantil e un pequeno busto de mármore de Albert Marque, que modela primorosamente. O candor destes bustos sorprende no medio da orxía de tons puros: Donatello chez les Fauves".

¿Conformaron unha escola estilística de vangarda? En sentido estrito diríamos que non xa que non chegaron a constituír un grupo homoxéneo unido no tempo -en 1907, o grupo xa está desintegrado, cada quen seguiu camiño propio-, nin estableceron un corpus doutrinario, tan só os uniu a liberdade, o emprego arbitrario da cor e o distanciamento da realidade, todo isto é o que os fai vangardistas. 
Rexeitaron a ríxida metodoloxía do Neoimpresionismo, pese a que moitos comezaron servíndose da técnica puntillista, a lixeireza do Impresionismo, o ornamentalismo da Art Nouveau e a evasión espiritualista do Simbolismo.
(Matisse)
, acabaron por rexeitala pola súa rixidez, tampouco comungaban co Impresionismo polas súas formas esvaecentes, nin co Simbolismo pola súa evasión espiritualista nin co Modernismo polo seu ornamentalismo.
Tiñan os seus fundamentos pictóricos nos postimpresionistas (Gauguin e Van Gogh, sobre todo), nas culturas primitivas e, incluso, poden ser considerados expresionistas no uso da cor xa que a empregan só en función da súa propia sensibilidade e emocións, non está ó servizo da imaxe. 
Liderados por Matisse, Vlaminck e Derain, xunto con outros artistas que se sumaron temporalmente van Doegen, Dufy, Marquet, Rouault.

TRAZOS

Cor arbitraria, forte, violenta, pura, contrastada e non descriptiva Sen luces e sombras, a luz obténse polas cores complementarias Pinceladas xustapostas e pastosa Nin perspectiva nin profundidade
Recupera a liña de contorno para conservar a forma Temas intranscendentes (paisaxe, natureza morta, nu) sen procurar a mímese do motivo senón a súa plasmación emotiva Xesto impulsivo acorde ó instinto creativo Alegría e pracer, atractivo para o sentido dos espectadores



MATISSE        
O que persigo por riba de todo é a expresión e a cor debe atender sobre todo a  servir o mellor da expresión.

O lado expresivo das cores impónseme de xeito instintivo. A elección das miñas cores non se fundamenta en ningunha teoría científica, senón na observación, sobre o sentimento, sobre a experiencia da miña sensibilidade.

Foi o eixo do grupo pero acabara abandonándoo. Con Harmonía en vermello rompe co fauvismo e avanza cara a formas simplificadas, maior ornamentalismo e á creación de collages con papeis pintados con gouache (pintura coas cores diluídas en auga).
Muller con sombreiroHarmonía en vermelloFiestra aberta en Collioure


VLAMINCK       Paisaxes das emocións en cores moi contrastadas aplicadas en densas pinceladas

Restaurante de la Machine en BougivalO xardiñeiro
Retrato de DerainRetrato de muller


DERAIN O máis radical dos fauvistas, tendencia que abandonou despois da guerra mundial cara a un realismo máis ecléctico

A danzaCharing Cross BridgeArboresMuller en camisa


VAN DONGEN       Sensualidade feminina na vida nocturna parisina ou as refinadas burguesas. Característicos ollos pintados de negro

Cantante de óperaAmapola de millo
A xitana



ROUAULT Entrou en contacto cos fauvistas pero sérvese dunha linguaxe propia caracterizada pola figuración expresionista, a fonda inspiración relixiosa, as cores escuras e o emprego da cor negra.

Cristo e o doutorCrucifixión






30/08/17

MATISSE, A raia verde



CATALOGACIÓN

Óleo sobre lenzo pintado por Henri Matisse. Tratase súa retrato da súa dona, pero a obra é coñecida coo A raia verde pola contundente liña desa cor sobre o rostro da muller.
O retrato de busto dunha figura real non é sen embargo o importante para o pintor que o que está a investigar é a interrelación de cores.
Diante de todo é un estudio da cor como elemento da linguaxe pictórica, pois Matisse entende a pintura como unha superficie coloreada non como a representación de obxectos.
Pode considerarse como o manifesto da pintura fauve nacida en Francia, marcaría unha liña a seguir para os restantes integrantes do movemento. Foi presentado na Exposición de 1905.

CONTEXTO
Certo que Monet seguía a ser admirado, pero era un home do XIX, e a arte tiña que evolucionar do mesmo modo que o facía a sociedade cos seus avances científicos e tecnolóxicos. As novas xeracións artísticas traballaban nun proxecto de renovación artística que os vai levar por camiños diferentes. Á marxe de calquera dogma, a arte disgregase agora nunha infinidade de tendencias estética e ideoloxicamente dispares que, ademais, sucédense cunha vertixe irresistible, solapándose ou enfrontándose entre elas. Comparten só o seu carácter innovador que os coloca por diante do gusto predominante a liberdade plena do artista, de aí que os resultados sexan distintos e incluso contraditorios. Son as vangardas da arte no seu eterno proceso de renovación.
A unidade de acción creba por completo ó tratar de materializar esa nova arte coa que pretendían ser orixinais en lugar de perseguir a mestría dos grandes artistas do pasado. Dentro da multiplicidade de tendencias, súas son as posicións básicas: as fundamentadas na razón e as fundamentadas na emoción.
A función da arte cambia: por riba de todo está a creatividade e a experimentación, a arte xa non trata de imitar ou copiar, máis que representar interpreta polo que supera conceptos tradicionais como forma, luz, cor ou espazo.
No período que vai ata a Primeira Guerra Mundial (1914-1918), as principais vangardas son: Fauvismo (Matisse), Expresionismo (Munch) e Cubismo (Picasso), xunto co Futurismo (Balla) e a Escola de Paris (Modigliani). Paralelamente xorden as variantes da Abstracción e un pouco despois o Dadaísmo e o Surrealismo.
O III Salón de Outono de 1905 en París, constituíu unha homenaxe ós grandes renovadores da pintura, especialmente a Cézanne. Pero tamén se incluíron artistas mozos que estaban a traballar na superación plástica do Impresionismo. Entre eles destacaba Matisse xunto con Derain e Vlaminck, entre outros.
Os seus cadros caracterizábanse por unha violencia cromática extrema. Servíanse de cores planas xustapostas, aplicadas en grandes manchas independentes das formas.
Contrarios ó Neoimpresionismo pola súa rixidez, ó Impresionismo pola súa lixeireza, ó Simbolismo pola súa evasión espiritual e ó Modernismo polo seu ornamentalismo, buscaban unha nova vía distanciándose polo protagonismo da cor e a autonomía das formas.
A denominación do grupo como fauve, fera, foi dada por un crítico ó afirmar despectivamente sobre as obras dese Salón de 1905: Isto é Donatello entre as feras. Facía alusión a unha escultura neo-renacentista que tamén se expoñía.
En sentido estrito non foi unha vangarda en tanto carece de unidade doutrinaria específica, de feito foi moi heteroxéneo e só permaneceu unido un breve período de tempo. O seu precedente está na obra de Gauguin e de Van Gogh.

ANÁLISE

A súa esposa posa en actitude seria e coa cabeza lixeiramente inclinada, dirixindo unha profunda mirada ó espectador. Viste camisa vermella e leva o pelo recollido nun moño alto. En si, unha composición sinxela que pese á violencia cromática transmite sensación de calma e elegancia.
O que prima é a mancha de cor, moi empastada, forte e violenta, aplicada en amplas superficies bidimensionais, coa que busca a interrelacións e a harmonía cromática. É a luz e a sombra a que xera o colorido entendido dun xeito moi persoal: cor desvinculada da realidade.
Na figura prevalecen as cores primarias: vermello, azul e amarelo, e no fondo, configurado como superficies planas que suxiren unha certa profundidade, o contraste de cores binarias: laranxa (amarelo+vermello), verde (amarelo+azul) e violeta (vermello+azul). Está pois a xogar coa compensación cromática de cores primarias e cores secundarias
O rostro recibe a luz polos dous lados pero queda unha parte máis sombreada que a outra, unha en cores cálidas, amarelos e brancos rosáceos, que representan a zona iluminada e outra en cores frías, rosas apagados, para o lado das sombras. Tal diferencia ven sinalada pola contundente raia verde sobre o nariz que a modo dunha bisectriz divide o rostro en dúas metades e acentúa o contraste. O verde equilibrase ademais cos verdes das olleiras e das aletas do nariz e o vermello dos labios, harmonizando ó tempo coa gama dos azuis no pelo, nas cellas, no nariz,sobre a boca e no contorno do rostro). Toda a gama vai descendendo en intensidade de arriba abaixo.
Os detalles son suprimidos, uns escasos contornos sinalan os elementos básicos, o resto é considerado accesorio (para iso xa estaba a fotografía) xa que non procura ser unha representación naturalista nin busca un retrato psicolóxico.
O novidoso é a posibilidade da cor e na súa utilización máis agresiva e autónoma. A sombra ten cor, o que xa sucedía nos impresionistas, pero agora desprendese da súa conexión coa realidade, adquire valor propio e convertese en elemento de provocación.
En síntese, Matisse debuxa coa cor distribuíndoo en amplas áreas e con tundentes pinceladas pastosas sobre o espazo sen que se produzan deformacións de perspectiva. Neste sentido resulta herdeiro de Gauguin.







07/04/12

MATISSE, A ALEGRÍA DE VIVIR


Unha introdución ó Fauvismo


CATALOGACIÓN

Óleo sobre lenzo pintado por Henri Matisse, entre 1905 e 1906.  Neste ano foi exposta no Salón dos Independentes en Paris e tivo unha gran aceptación xa que se escapaba do que fixera Matisse ata ese momento.nbsp;
Diante de todo é un estudio da cor como elemento da linguaxe pictórica, pois Matisse entende a pintura como unha superficie coloreada non como a representación de obxectos.

CONTEXTO


Certo que Monet seguía a ser admirado, pero era un home do XIX, e a arte tiña que evolucionar do mesmo modo que o facía a sociedade cos seus avances científicos e tecnolóxicos. As novas xeracións artísticas traballaban nun proxecto de renovación artística que os vai levar por camiños diferentes. Á marxe de calquera dogma, a arte disgregase agora nunha infinidade de tendencias estética e ideoloxicamente dispares que, ademais, sucédense cunha vertixe irresistible, solapándose ou enfrontándose entre elas. Comparten só o seu carácter innovador que os coloca por diante do gusto predominante a liberdade plena do artista, de aí que os resultados sexan distintos e incluso contraditorios. Son as vangardas da arte no seu eterno proceso de renovación.
A unidade de acción creba por completo ó tratar de materializar esa nova arte coa que pretendían ser orixinais en lugar de perseguir a mestría dos grandes artistas do pasado. Dentro da multiplicidade de tendencias, súas son as posicións básicas: as fundamentadas na razón e as fundamentadas na emoción.
A función da arte cambia: por riba de todo está a creatividade e a experimentación, a arte xa non trata de imitar ou copiar, máis que representar interpreta polo que supera conceptos tradicionais como forma, luz, cor ou espazo.
No período que vai ata a Primeira Guerra Mundial (1914-1918), as principais vangardas son: Fauvismo (Matisse), Expresionismo (Munch) e Cubismo (Picasso), xunto co Futurismo (Balla) e a Escola de Paris (Modigliani). Paralelamente xorden as variantes da Abstracción e un pouco despois o Dadaísmo e o Surrealismo.
O III Salón de Outono de 1905 en París, constituíu unha homenaxe ós grandes renovadores da pintura, especialmente a Cézanne. Pero tamén se incluíron artistas mozos que estaban a traballar na superación plástica do Impresionismo. Entre eles destacaba Matisse xunto con Derain e Vlaminck, entre outros.
Os seus cadros caracterizábanse por unha violencia cromática extrema. Servíanse de cores planas xustapostas, aplicadas en grandes manchas independentes das formas.
Contrarios ó Neoimpresionismo pola súa rixidez, ó Impresionismo pola súa lixeireza, ó Simbolismo pola súa evasión espiritual e ó Modernismo polo seu ornamentalismo, buscaban unha nova vía distanciándose polo protagonismo da cor e a autonomía das formas.
A denominación do grupo como fauve, fera, foi dada por un crítico ó afirmar despectivamente sobre as obras dese Salón de 1905: Isto é Donatello entre as feras. Facía alusión a unha escultura neo-renacentista que tamén se expoñía.
En sentido estrito non foi unha vangarda en tanto carece de unidade doutrinaria específica, de feito foi moi heteroxéneo e só permaneceu unido un breve período de tempo. O seu precedente está na obra de Gauguin e de Van Gogh.

ANÁLISE

Estamos ante unha representación da Arcadia, ese lugar imaxinario onde os pastores pasan o día entre bailes e cantos en comuñón coa natureza, un mundo representado por moitos artistas ó longo da historia, peros sobre todo no Renacemento e no romanticismo.
Nunha paisaxe irreal e frondoso cunha pequena masa de auga ó fondo que establece a liña de horizonte, aparecen unha serie de figuras humanas espidas, dispostas en distintos planos e agrupadas en distintas composicións: no primeiro plano unha parella de amantes se abrazan e unha figura feminina toca unha dobre frauta; nun segundo plano e con distinto tamaño temos outro pastor debaixo dunha árbore tamén cunha frauta, unha parella de mulleres recostada na herba, unha muller axoenllada recolle flores, outra de pe parece estar facendo unha grilanda con flores mentres outras dúas mulleres están abrazadas; no centro un grupo de danzantes fan un círculo tal e como Matissse pintará logo no seu cadro “A danza”. 
O espazo é moi esquemático aínda que podemos recoñecer as árbores que enmarcan a escena, o prado e a herba na que se atopan e ó fondo probablemente a masa de auga. Pero as cores son absolutamente irreais e arbitrarias convertendo a paisaxe nun entorno fantástico. 
A composición está equilibrada cun recoñecible triángulo compositivo en cuio centro se atopa o pequeno grupo dos danzantes en círculo. Os outros grupos formarían unha elipse, un ovoide, en cuio centro teríamos as dúas mulleres recostadas. Seguindo as súas propias palabras en 1908, o que Matisse buscaba era a expresión: “Toda a ordenación do meu cadro é expresiva. O lugar ocupado polas figuras ou polos obxectos, os espazos baleiros que as rodean, as proporcións, todo representa un papel. A composición é a arte de ordenar dunha maneira decorativa os diversos elementos a disposición do pintor para a expresión dos seus sentimentos”. 
Como outros moitos pintores desta xeración se inspiraba na orde, claridade e solidez de Cezanne. Isto provirá en última instancia do concepto de orde clásica dos antigos gregos. Pero para Matisse outro elemento fundamental na obra de arte será a expresión e esta dependerá das cores que use o artista. No uso das cores, Matisse partirá das experiencias de artistas anteriores como Gauguin e Van Gogh que uas empregan sen a intención de copiar á natureza. Nesta liña, para Matisse serán as ferramentas para expresar o que el sinte sobre o tema do cadro: 
“Para pintar unha paisaxe de outono non tratarei de recordar as cores propias desa estación, senón que me inspirarei unicamente na sensación que esta estación me produce” .
As cores puras,  intensas, vivas e brillantes traducen exactamente o que esa arcadia debería transmitir: alegría, paz, felicidade,... Tamén as formas vibrantes, distorsionadas e onduladas das figuras e das árbores inciden no mesmo efecto. O rosado dos corpos contrasta cós tons ocres e amarelos do prado central ou có verde e azul do campo do primeiro plano. Nas árbores emprega cores complementarias como o verde e o vermello. Aínda que parecen escollidas de xeito arbitrario en conxunto ofrecen unha grande harmonía que xunto coas formas, expresan de forma clara a idea do autor.
Mentres a vexetación se define por áreas de cor, os corpos se delimitan por final liñas de contorno
É curioso que Cezanne, que xa traballaba o tema das bañistas dende 1870,  entre 1900 e 1906 elabore un cadro disposición formal tan semellante, falamos de “As grandes bañistas”, na que ademais da temática recoñecemos o triángulo enmarcado polas árbores e a disposición nun ovoide das figuras espidas. Pero Matisse elimina a profundidade espacial  e a solidez plástica dos corpos.




E, ¿onde volveremos ver esta disposición? Solución















  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir