A escultura, do mesmo xeito que a pintura vive unha revolución radical aínda que máis lenta (depender de encargos, custos dos materiais) pero adquire valor por si mesma, independizada dun conxunto ou dun entorno.
Maniféstanse dúas tendencias contrapostas:
Tendencia continuadora
Respecta a forma e a técnica, defende a integridade do mundo visible, unha actitude claramente humanista e, inicialmente, unha marcada influencia de Rodin.
Tendencias rupturistas
- EXPRESIONISMO
Inacabado, formas rugosas, novos materiais (formigón, lascas metálicas)
W. Lehmbruck. Xuventude sentada, 1916-17 |
O suízo GIACOMETTI, ligado ao Informalismo, reduce o corpo humano a formas torturadas, alongadas, só osos e pel, superficies ásperas reflectindo a soidade do ser humano. Tamén os animais adquiren semellantes anatomías.
O aragonés PABLO SERRANO evoluciona cara a composicións por ensamblaxe de pezas de refugallo
- ABSTRACCIÓN
Xoga unicamente coas formas desinteresándose de todo problema espiritual
- CUBISMO
Paralelo ás manifestacións pictóricas, descompón a natureza en formas xeométricas pero engade os xogos cóncavo-convexo e os baleirados.
PICASSO
A escultura Cabeza de muller, 1909, está considerada a primeira obra cubista en vulto redondo
ARCHIPENKO: Muller peiteándose, Muller paseando
Desde un xogo de formas fluídas a xogos das formas cóncavas e convexas, os ángulos e as arestas que interactúan co espazo e introducen dinamismo
GARGALLO: O profeta, Bailarina
Grande uso do baleiro recupera o movemento
JULIO GONZÁLEZ: A Monserrat, Muller peiteándose
DUCHAMP-VILLON: Cabalo, Muller sentada
Suxerencia das formas internas entre anatomías e máquinas
BOCCIONI: Formas únicas de continuidade no espazo, Desenvolvemento dunha botella no espazo
Combinación coa simultaneidade, futurismo. Dinamismo rectilíneo ou xiratorio
- ORGÁNICA
BRANCUSSI: Bico, Paxaro no espazo, Musa durmida
Móvese entre as formas cubistas e a comunicación expresionista. Evoluciona cara á abstracción, lograr a esencia e o significado real da obra oculta no seu interior, eliminando detalles e simplificando formas.
Preferencia polas formas pechadas e figuras xeométricas básicas (cubo, cilindro, pirámide) parara logo camiñar cara ás formas ovoides (ovo=orixe)
H. MOORE: Nai con neno, Muller recostada
Combina abstracción e figuración, modelados amplos e curvos que xeran recollemento. O oco adquire o mesmo protagonismo que a masa.
Antinaturalismo, a realidade non se reproduce senón que se recrea.
HANS ARP: Pastor de nubes, Folla descansando
Desde o grupo Dadá ao organicismo e a abstracción
HENRI LAURENS: Outono, Anfión
Estivo conectado co cubismo e co Escola de París
ALBERTO SÁNCHEZ: O pobo español ten un camiño que conduce a unha estrela, Muller castelán
- SURREALISMO E DADAÍSMO
DUCHAMP: A fonte, Botelleiro
LOUISE BOURGOIS: Arco de histeria, Maman
- ABSTRACCIÓN NON FIGURATIVA
Desarticula as formas sen referencia ao mundo circundante
PEVSNER: Cuarta dimensión, Superficie en expansión
CHILLIDA: Eloxio ao horizonte, O peite do vento
Estruturas de corte arquitectónico. Mestura de informalismo, minimalismo y land art.
Outras tendencias recentes
CALDER
Arte cinética. Móbiles definidos como "obxectos libres ou debuxos en catro dimensións", placas planas que se moven nunha coreografía sutil e sempre cambiante, ordenadas sen simetría
Os elementos colgantes en principio eran figuras estilizadas de perfil caricaturizado, logo pasa a formas xeométricas por influencia de Mondrian e finalmente a figuras ameboides por influencia de Miró e Arp en formación arborescente. Tamén se interesa polas sombras xeradas e os sons producidos.
GEORGE SEGAL: Situacións humanas, A cola do pan
Incorpora o escenario coa reacción do público
NIKI DE SAINT PHALLE: As tres Gracias, Bañistas
Novo realismo francés
RON MUECK: Mask II, A girl
Hiperreralismo
ROBERT SMITHSON (Spiral Jetty), CHRISTO e JEANNE CLAUDE ( The Floating Piers)
Land Art
CLAES OLDENBURG: Ponte de culler e cereixa, Plantador
Pop Art. Monumentalidade no espazo urbano
CARL ANDRÉ (Elementos en serie), SOL LEWITT (Cinco estruturas modulares)
Minimalismo, obxectos simples de pura contemplación estética
ANISH KAPOOR: Cloud Gate, Dismemberment-Site1)
Dentro da abstracción
YAYOI KUSAMA: Narcissus Garden, Pumpkin
Móvese entre o Pop Art e a arte conceptual, xunto coa realización de happenings, instalacións e performances.
JEFF KOONS, Balloon Dog, Tulipáns
Divertimento, consumo, ironía. Entre o kitsch e a arte