08/01/24

NAIF


Inxenuo, instintivo, primitivo, carente de principios científicos, de temáticas costumistas e cores vibrantes. Non constitúe unha escola ou grupo pero si que acadaron éxito comercial fundamentado na súa orixinalidade.
Primitivo foi tamén Gauguin cando optou pola simplicidade e a espontaneidade da pintura dun neno considerando que os recursos técnicos poden ser aprendidos por cada quen pero a frescura ou a inxenuidade superan toda aprendizaxe. Abriu as portas ao estudio das culturas primitivas, analizadas có mesmo interese que a tradicional cultura clásica.


ROUSSEAU ADUANEIRO

Con Rousseau puidemos falar por primeira vez de "realismo máxico"
                                                                                             André Breton


Constitúe a figura máis representativa, autodidacta e prolífico autor de paisaxes, retratos, "selvas", escenas decotío, naturezas mortas...
Logrou moverse dentro dos círculos artísticos parisinos mantendo contacto con Apollinaire, Bretón, Delaunay ou Matisse, entre outros,
Pinta con cores intensas, contornos ben definidos, preocupación polo detalle, exotismo temático (pinta selvas pero nunca saíu de Francia)

O sono
Xitana durmida

A vodaXogadores de fútbol

Moi-même, portrait-paysageMadame M.



L.S. LOWRY


O seu estilo de formas simplificadas en paisaxes da súa cidade de residencia, Pendlebury (Inglaterra),  resulta facilmente recoñecible.

Indo ao traballo
Día de Venres Santo


En España, como curiosidade, unha bailaora flamenca, La Chunga, comezou a pintar, diría ela mesma, por aburrimento. A temática e o estilo materializan cos pinceis o seu mundo.



O peche musical co vídeo clip de Oasis, The Masterplan, publicado no 1998  servíndose de animacións de obras de Lawry.










  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir