Xunto coa Natividade, a Epifanía ou Adoración dos Reis Magos é un tema clásico recorrente no Quattrocento florentino, desde ahí terá continuidade. Nese contexto enlazaba ben coa sociedade de grandes mecenas: a adoración subliñaba a idea dos grandes señores postrados diante dunha figura superior, por suposto superior pola súa divindade.
Epifanía significa "manifestación" de Deus encarnado, Cristo dáse a coñecer por primeira vez, mais non é a única, por exemplo no bautismo no Xordán de feito é a esta que se celebra como Epifanía no cristianismo oriental.
Como celebración no marco occidental institucionalizase a partir do século III no día 6 de xaneiro. Os magos representaban os pobos non xudeus, polo que o feito significaba a revelación aos xentís, é dicir os pagáns non xudeus.
O relato está fundamentado no texto Mateo (2:1-12)
A partir destes poucos datos había que crear unha iconografía claramente comprensible do aviso por medio dunha estrela, da viaxe, do encontro con Herodes e da advertencia do anxo, da adoración e do regreso. Sen dúbida, o punto culminante, por tanto o máis representado, é o da adoración no que conflúen todos os símbolos.
O relato está fundamentado no texto Mateo (2:1-12)
1. Nacido Jesús en Belén de Judea, en tiempo del rey Herodes, unos magos que venían del Oriente se presentaron en Jerusalén,
2. diciendo: «¿Dónde está el Rey de los judíos que ha nacido? Pues vimos su estrella en el Oriente y hemos venido a adorarle.»
3. En oyéndolo, el rey Herodes se sobresaltó y con él toda Jerusalén.
4. Convocó a todos los sumos sacerdotes y escribas del pueblo, y por ellos se estuvo informando del lugar donde había de nacer el Cristo.
5. Ellos le dijeron: «En Belén de Judea, porque así está escrito por medio del profeta:
6. Y tú, Belén, tierra de Judá, no eres, no, la menor entre los principales clanes de Judá; porque de ti saldrá un caudillo que apacentará a mi pueblo Israel.»
7. Entonces Herodes llamó aparte a los magos y por sus datos precisó el tiempo de la aparición de la estrella.
8. Después, enviándolos a Belén, les dijo: «Id e indagad cuidadosamente sobre ese niño; y cuando le encontréis, comunicádmelo, para ir también yo a adorarle.»
9. Ellos, después de oír al rey, se pusieron en camino, y he aquí que la estrella que habían visto en el Oriente iba delante de ellos, hasta que llegó y se detuvo encima del lugar donde estaba el niño.
10. Al ver la estrella se llenaron de inmensa alegría.
11. Entraron en la casa; vieron al niño con María su madre y, postrándose, le adoraron; abrieron luego sus cofres y le ofrecieron dones de oro, incienso y mirra.
12. Y, avisados en sueños que no volvieran donde Herodes, se retiraron a su país por otro camino.
2. diciendo: «¿Dónde está el Rey de los judíos que ha nacido? Pues vimos su estrella en el Oriente y hemos venido a adorarle.»
3. En oyéndolo, el rey Herodes se sobresaltó y con él toda Jerusalén.
4. Convocó a todos los sumos sacerdotes y escribas del pueblo, y por ellos se estuvo informando del lugar donde había de nacer el Cristo.
5. Ellos le dijeron: «En Belén de Judea, porque así está escrito por medio del profeta:
6. Y tú, Belén, tierra de Judá, no eres, no, la menor entre los principales clanes de Judá; porque de ti saldrá un caudillo que apacentará a mi pueblo Israel.»
7. Entonces Herodes llamó aparte a los magos y por sus datos precisó el tiempo de la aparición de la estrella.
8. Después, enviándolos a Belén, les dijo: «Id e indagad cuidadosamente sobre ese niño; y cuando le encontréis, comunicádmelo, para ir también yo a adorarle.»
9. Ellos, después de oír al rey, se pusieron en camino, y he aquí que la estrella que habían visto en el Oriente iba delante de ellos, hasta que llegó y se detuvo encima del lugar donde estaba el niño.
10. Al ver la estrella se llenaron de inmensa alegría.
11. Entraron en la casa; vieron al niño con María su madre y, postrándose, le adoraron; abrieron luego sus cofres y le ofrecieron dones de oro, incienso y mirra.
12. Y, avisados en sueños que no volvieran donde Herodes, se retiraron a su país por otro camino.
A partir destes poucos datos había que crear unha iconografía claramente comprensible do aviso por medio dunha estrela, da viaxe, do encontro con Herodes e da advertencia do anxo, da adoración e do regreso. Sen dúbida, o punto culminante, por tanto o máis representado, é o da adoración no que conflúen todos os símbolos.
A ESTRELA E A VIAXE DOS MAGOS
O encontro ante Herodes e o regreso por rota distinta despois do aviso do anxo en sonos, no foi un episodio que tivera continuidade pero si nos primeiros tempos.

Non podía deixar sen engadir esta peza, un capitel no que o anxo ven espertar os Reis, avisándoos de que deben continua a viaxe seguindo a estrela que sinala, pois Herodes quere interrogalos sobre o lugar do nacemento dese "rei de xudeus". Pertencente á San Lázaro de Autum, resulta un verdadeiro prodixio de creatividade e de inxenuidade na súa representación que debemos ó mestre Gislebertus que o labrou a principios do século XII. Observa a delicadeza da man do anxo tocando cun só dedo a man dun dos magos.

OS DATOS
Dada a escaseza dos mesmos, xurdían moitas dúbidas
- Magos ou reis?, desde o século II, fíxanse as dúas cousas: Reis Magos
- De onde procedían? Serían estudosos zoroastristas de Babilonia. Seguirían unha estrela, algúns consideran que se trataría dun cometa
- Cando chegaron? Segunda Lenda Dourada, chegarían 13 días despois do nacemento. O Pseudomateo sinala que sería despois da Presentación no templo, o que sucedía aos 2 anos. isto último encaixa co feito de que Herodes ordena matar os menores de 2 anos. A Lenda dourada indica que tardarían 13 días en chegar.
- Cantos eran? Dado que se fala de tres regalos serían tres, pero ás veces aparecían só dous ou eran catro, chegouse a falar de doce!! Para solventar o problema, León I no século V fixa o número de tres, un número simbólico (Trindade, idades do home, etnias descendentes dos fillos de Noé, partes do mundo por entón coñecidas)
- Houbo un 4º? A lenda fala deste cuarto mago, Artabán, que se perdeu no camiño e non chegou a Belén
- Coñecemos os seus nomes? recóllense nos apócrifos. No s.XV atribuíronselles as idades de 60, 40 e 20
- Un era negro? Foi unha iconografía tardía, ben entrado o XIV. Incluso houbo algunha representación cun rei amerindio
- Cales foron os regalos? Ademais dos tres clásicos: ouro como rei, incenso como deus e mirra pola súa natureza mortal (a mirra empregábase nos embalsamamentos). Os apócrifos suma moedas de ouro, canela, perfumes, púrpura, prata, pedras preciosas, perlas, manuscritos
Evanxeo armenio da infancia de Xesús, s.VI
...he aquí que los magos de Oriente, que habían salido de su país hacía nueve meses, y que llevaban consigo un ejército numeroso, llegaron a la ciudad de Jerusalén. Y aquellos reyes de los magos eran tres hermanos. El primero era Melkón, rey de los persas; el segundo, Gaspar, rey de los indios; y el tercero, Baltasar, rey de los árabes... Y acamparon en los alrededores de la ciudad, donde permanecieron tres días, con los príncipes de sus reinos respectivos. Aunque fuesen hermanos e hijos del mismo padre, ejércitos de lenguas y nacionalidades diversas caminaban en su séquito. El primer rey, Melkón, aportaba, como presentes, mirra, áloe, muselina, púrpura, cintas de lino, y también los libros escritos y sellados por el dedo de Dios. El segundo rey, Gaspar, aportaba, en honor al niño, nardo, cinamomo, canela e incienso. Y el tercer rey, Baltasar, traía consigo oro, piedras preciosas, perlas finas y zafiros de gran precio”
Excerptiones Patrum, s,VI
El primero de los Magos fue Melchor, un anciano de larga cabellera cana y loenga barba…fue él quien ofreció el oro, símbolo de la realeza divina. El segundo, llamado Gaspar, joven, imberbe, de tez blanca y rosada, honró a Jesús ofreciéndole incienso, símbolo de la divinidad. El tercero, llamado Baltasar, de tez morena, testimonió ofreciéndole mirra, que significa que el Hijo del Hombre debía morir

CANTOS?
A representación máis antiga é a das catacumbas de Priscila datables no século III. Aínda non se presentan coma reis, serían magos que portan ofrendas. Tampouco se diferencian as idades. Na catacumba dos santos Marcelino e Pedro, de principios do s. IV, aparecen só dous,
En cambio na de Domitila hai catro, o mesmo número que na Igrexa de Massagno - s. XV- cun deles negro.
Grao Vasco, pintor portugués do XVI, no lugar dun rei negro coloca un cuarto rei amerindio.
Acabou por impoñerse o número de tres, decisión de León I no século V, que coincidía coa Trindade, coas idades do home e coas parte do mundo, e por suposto co escrito por Mateo de tres regalos.
O REI NEGRO
Non había datos que o sustentasen, pero introducido no Renacemento xa se mantivo para sempre. Completaba a idea de representar os continentes de Europa, Asia e África.
Memling e O Bosco introducen o Baltasar negro, que xa estivo presente neste Misal de Salzburgo do s. XIV co soño dos reis.
Grao Vasco, pintor portugués do XVI, troca o rei negro por un rei amerindio. A significación era clara.
A ESTRELA
A estrela que seguen presenta formas diferentes, para algúns sería froito da conxunción de Saturno e Xúpiter que tivo lugar no ano 7 a.C. A principios do XIV, Giotto, na Capela Scrovegni, a representa como un cometa, posiblemente porque catro anos antes de que comezas a realizar os frescos da capela puido ter visto o paso do cometa Haley no 1301.
Van der Weyden, s.XV, resulta máis creativo, introduce o neno dentro da estrela para avisar os magos do seu nacemento. Incluso engade o detalle anecdótico do aseo no río.
A VIAXE
Para a viaxe empregan distintos cabalgaduras se ben predominan os camelos ou dromedarios e os cabalos, apropiados para xente de afastadas terras.
Giovanni de Modena móstraos regresando en barco. Por que non?
O SÉQUITO
Van acompañados dun luxoso e exótico séquito no que a imaxinación dos artistas voa en liberdade. Para luxo, os frescos de Benozzo Gozzoli na capela do Palacio Medici Ricardi. Un feito relixioso aproveitado a maior gloria da corte de Cosme o Vello.
Os curiosos detalles: os retratos de Cosme e Piero, autorretrato, a riqueza das cabalgaduras e os animais exóticos
|
![]() |
![]() |
|
![]() |
|
OS PRESENTES
Fan entrega dos presentes portados en bandexas, cofres ou copas que son depositados ós pes do Neno que repousa nos brazos da Virxe e os bendice, ou ben un dos reis, case sempre Melchor, bica a man ou o pé.
Os recipientes que conteñen as ofrendas (copas, cofres ...) son verdadeiras coias de ouro ás veces con pedras preciosas encastadas
A POSTURA
Tampouco había diferencias de idades nas primeiras representacións. Así o vemos nestes relevos de dous sarcófagos ou os reducidos espazos dos capiteis nos que o canteiro logra adaptar todas as figuras.
Nesta grandiosa obra de Rubens interesan tamén os detalles: o Neno tocando con curiosidade o incenso que lle ofrece Gaspar, o rapaz que sopra as brasas, o tocado cun ave do paraíso, os musculados corpos ao modo de Miguel Anxo, o se autorretrato, os pés ben sucio como Caravaggio.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Igual de grandiosa é a obra de Gentile da Fabriano realizada para unha nova capela na Basílica da Santa Trinidad en Florencia. O comitente, Palla Strozzi, xunto con outros conspiradores lograra o arresto de Cosme o Vello, mais cando o Medici regresa, os Strrozzi serán desterrados
A VESTIMENTA
Inicialmente visten roupas orientais e gorro frixio, como neste sarcófago e nun mosaico de San Apolinar Novo do s. VI , onde xa se marcan as diferencias de idades pero non de raza. Neste mosaico é a primeira vez que se escriben os seus nomes, pero curiosamente Melchor é o mais novo dos tres, o único sen barba.
Co tempo vestirán roupas contemporáneas e luxosas de brocados, peles, sedas, xoias ...
O PESEBRE
Xesús xa non está no pesebre, descansa no colo da nai. O lugar de Belén, do mesmo modo que nas representacións da Natividade, pode manter a idea de pequeno cortello ou arquitectura derruída mais tamén se aproveita para enmarcar unha paisaxe a través da que se vexa o rico séquito.
O NENO
En tanto figura principal pode estar especialmente iluminado por un raio de luz que subliña a súa divindade ou por riba da súa cabeza a estrela que guiou os magos
Adopta actitudes de seguridade bendicindo ou tocando coa súa man. Incluso en Giotto, Melchor achégase a collelo en brazos
Pero algúns artistas quixeron saír da fórmula, así o vemos temeroso, sorprendido ou curioso tocando as moedas de ouro.
SAN XOSÉ
Sempre figura secundaria, tanto que ás veces nin sequera aparece na representación ou moi escondido á marxe dos acontecementos
Con todo ás veces a sú a actitude introduce un punto anecdótico. Podemos velo sorprendido mentres estaba ocupado noutras tarefas de cotío desde preparar comida no fornelo ou lavar os pés.
VARIANTES CONTRAPOSTAS
Leonardo, nesta obra inacabada, ordena nunha composición piramidal con mútiples elementos (arquitecturas, xinetes), mentres que Mantegna desenvolve a escena coma se dun friso se tratase contido nun espazo mínimo sen engadir ningún elemento anecdótico, tan só o estrictamente necesario.
Velázquez reduce tamén as figuras outorgándolles maior monumentalidade. Mentres Brueghel o Vello presenta o mundo enteiro e Brueghel o Novo presenta unha vila en tempo de inverno cunha forte nevada, case hai que buscar os Reis Magos no medio de tanta actividade
SAN NICOLÁS-SANTA CLAUS
A festa de san Nicolás, Jan Steen c.1666, recolle o que pode suceder cando os nenos recollen or regalos deixados polo santo quen diferencia entre os que se portan ven e os que non. A nena cun caldeiro cheo de doces suxeita ben contenta un San Xoán Bautista. Detrás dela, á dereita, o irmán tamén está contento có pao e a pelota de xogar sobre xeo no inverno ou no campo en verán. Sorrí con picardía sinalando o zapato que sostén a criada, é o zapato que corresponde ao irmán maior que chora desconsolado, o zapato só contén varas de bidueiro, as que servían para castigar os nenos travesos. Pero a aboa chámao, quizá hai algo escondido para el. No lado dereito os tres nenos sinalan e miran a cheminea por onde entraron os regalos.
![]() |
![]() |
---|---|
![]() |
Có paso do tempo, os emigrantes dos Países Baixos levaron a festividade a EEEUU e alí converteuse na figura de Santa Claus ou Papá Noel
ROSCÓN DE REIS
Cando tratamos a Natividade vimos que no mundo romano os temas de nadal coincidían coas festa saturnais onde e enxertou a festa do Sol Invicto. Para cristianizar as celebracións pagáns, en tempos de Constantino, as Saturnais pasaron a febreiro (hoxe Carnaval) deixando libres as súas datas
Fixada a Natividade no 25 de decembro, o día 6 de xaneiro no que antes se celebraba pasou ser o día de Reis.
Das orixes saturnais pasou a torta saturnalia a roscón de reis. O que cambiou foi o resultado de encontrar a faba, de significado positivo a negativo: o que encontre a sorpresa debe pagar o roscón. Aí está tamé a orixe da frase "parvo da faba".