Amosando publicacións coa etiqueta Anamorfose. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Anamorfose. Amosar todas as publicacións

14/01/19

NA RÚA


O que comezara cunhas simples pinturas na rúa con xices, acabou en magníficas obras que xogan coa perspectiva, fálase de "arte perceptivo"
Hai que deformar par obter a imaxe correcta desde un único punto de vista



Aquí vemos as obras de artistas que realizan tanto obra na rúa coma en paredes. Sempre sorprendentes!


Powered by emaze


Agora miremos os vídeos do seu traballo mostrando a técnica. Non están todos pero  serve para facernos unha idea.

- KURT WENNER



- EDGAR MÜLLER




- TRACY LEE STUM (páxina web)


A colaboración comercial deu lugar a este spot de Honda





- EDUARDO RELERO (páxina web)



- LEON KEER (páxina web)





Outro ámbito no que se xoga coa anamorfose son as instalacións. Uns exemplos

- MICHAEL MURPHY (páxina web)





A ilusión óptica dun paso de cebra nunha pequena poboación do noroeste de Islandia. Un xeito definitivo de frear a velocidade 








07/06/09

ANAMORFOSES: ¿COMO SE MIRA?


As formas anamórficas esixen un punto de vista lateral para obter a visión correcta. A perspectiva non fuga perpendicularmente cara ó fondo, pola contra está invertido, fuga diagonalmente cara adiante, cara a nos, por iso as dimensións se deforman.
Este artificio lúdico foi utilizado sen recibir  denominación propia, a de anamorfose, ata mediados do XVII por obra do alemán Gaspar Schott. A primeira  coñecida ven da man de Leonardo
Tales divertimentos que precisan un alto dominio técnico espalláronse por todas partes, ás veces para ocultar o prohibido ou facer sátira. Especial éxito tiveron en Alemaña estas adiviñas gráficas ou Cadros con secreto
Erhard Schön, discípulo de Durero, xilografía como a titulada Sal pola porta vello estúpido, 1535.  No lado esquerdo, unha escena moralizante  na que unha  moza se deixa acariciar por un vello mentres lle rouba a bolsa para darlla ó mozo que está detrais da cortina. No lado dereito tan só se ven uns trazos pouco definidos, pero cando se  mira adecuadamente  aparece unha escena de sexo explícito entre a  parella mentres expulsan o vello.


A mais recoñecida é a pintura de Holbein, Os Embaixadores, 1553

No XVII estendeuse a Francia e a España, onde contamos co curioso retrato de Carlos V na Catedral de Palencia que visto de fronte semella unha caricatura, pero ó mirar oblicuamente polo pequeno furado xurda o severo rostro do emperador.
Tamén entón apareceron as deformacións en xogos de espellos cilíndricos e cónicos que chegaron a Europa desde China a través da Ruta da Seda. A deformación anamórfica plana adquire a forma correcta ó se reflectir no espello



Ross McBride emprega este recurso nas súas tazas anamórficas e Bernard Prass para os retratos anamórficos: para captar a forma é preciso elixir o punto de vista correcto para que a acumulación de obxectos dé lugar á forma debida

O mesmo sucede con este traballo de 2002 nometro de Toronto

Os artistas de rúa  (ver entrada) e a publicidade se serven das anamorfoses, en casos con grande talento creativo

  • HONDA recorre ás ilusións ópticas e ás anamorfoses para crear unha "irreal realidad". No segundo vídoe descubrimos os trucos empregados




  • Vodafone


Ese mesmo xogo de perspectivas é o que fan artistas da rúa con xiz de cores. Todo un engano visual!


Powered by emaze

Despois de ver os seus traballos, míraos pintando: Beever, Wenner e Müeller








  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir