FONTE
CATALOGACIÓN
Ready-made realizado no 1917 por Marcel Duchamp, artista de orixe francés que desenvolveu boa parte da súa traxectoria en Nova York a onde marchou por mor da guerra mundial. Nestas datas tiña deixado de facer obra pictórica.
Non se trata senón dun urinario masculino de louza branca cambiado de posición e cunhas letras escritas en tinta negra, R. Mutt 1917, a firma.
Clasifícase dentro do Dadaísmo, resultando unha das mostras máis significativas da provocación e da rebeldía dadá en contra de calquera canon artístico e estético establecido.
Os ready-made -xa feito- son a achega máis persoal de Duchamp no campo da escultura, se así a podemos considerar. Sen crear nada novo, só modificando e descontextualizando algo existente, xeralmente obxectos vulgares e de uso común, crea un obxecto novo, orixinal, inútil pero que ó situalo nun ámbito artístico outórgalle outra significación e valoración. A cuestión é ¿é isto arte?. En realidade é unha provocación.
Foi pioneiro da arte cinética, das performance e das fotomontaxes. Exerceu forte influencia sobre o Surrealismo e o Pop Art.

CONTEXTO
Ata as vangardas máis radicais conservaron algún nexo coa tradición, cando menos a obra estaba realizada con técnicas clásicas para facer unha obra artística. Pero agora o Dadaísmo rompe con todo, pois a súa intención é destruír a arte, pasada e presente, desde a Antigüidade ata as vangardas. Para logralo, sitúase fóra do mundo artístico. Non se considera a si mesmo unha vangarda, nin ten ningún presuposto formal. Renuncia incluso a considerar obras de arte as súas creacións ás que denominan obxectos.
Moito ten que ver na súa xénese a Primeira Guerra Mundial que ven de demostrar ata que punto a sociedade industrial provocara a maior masacre da historia. A arte formaba parte desa sociedade monstruosa e había que aniquilala para volver partir de cero.
Pódese afirmar que as súas creacións non son obra de arte como tal pero o Dadaísmo si constitúe unha vangarda en tanto é un fenómeno de reflexión sobre a arte e a súa función. Criticaron duramente a hipocrisía do mercado da arte que aceptaba como arte a obra pola firma do seu autor, independentemente da verdadeira comprensión do seu significado. De aí o seu empeño en provocar por calquera medio
A súa orixe está en Zúric arredor do poeta Tristan Tzara (lee: receita para facer un poema dadaísta), autor do Manifesto Dadá, e paralelamente en Nova York con Duhamp e Man Ray. Despois da guerra configurouse en Berlín un Dadaísmo máis radical e violento. En calquera caso non existen criterios artísticos de unión entre eles, o que os une son as actitudes.
A denominación Dadaísmo, outorgada por Tristan Tzara tamén autor do primeiro Manifesto Dadá, foi a elección ó abrir un dicionario e escoller a palabra que aparecese. A palabra non significa nada o que enlaza ben coa concepción artística do grupo.

ANÁLISE
Neste momento Duchamp era membro da xunta da Sociedade de artistas independentes de Nova York que celebraría o seu primeiro salón no 1917 para o que, dixeron, admitiríanse todas as obras presentadas. Duchamp envía a Fonte, baixo o pseudónimo R. Mutt. Este xesto de enviar un produto comercial intacto fabricado en serie e firmada por un artista inexistente, está en clara oposición á sacralización da obra de arte como creación única e irrepetible, saída de mans dun xenio.
Pero a obra é rexeitada: por "inmoral e vulgar" e por ser un "plaxio ou máis ben unha unha peza comercial procedente da arte da fontanería". Estivo un tempo exposta nunha galería na que se fixo a foto da peza orixinal hoxe perdida (tempo despois fixo varias máis).
É un contrasentido posto que fai anti-arte pero converténdoo en arte. Cando se desubica a peza, se trastoca a súa posición habitual, se firma e se coloca sobre un pedestal para ser exposta nun entorno artístico, a valoración que dela se fai cambia. En defensa da súa obra subliña a esencia do acto artístico, a idea liberada da propia técnica artística .
Non se trata de arte conceptual, aínda que o anticipa, pois ata o día de hoxe non hai constancia de que quixera dicir algo con esta montaxe, nin de lograr unha visión estética. Así explica:

Se o Sr Mutt construíu ou non coas súas propias mans a Fonte non ten ningunha importancia. El a ELIXIU. Tomou un obxecto da vida de acotío, reubicouno de modo que se perdera o seu sentido práctico, deulle un novo título e creou un novo significado para ese obxecto.O obxectivo está claro: ir en contra dos valores estéticos establecidos por medio da provocación.
Non se trata de arte conceptual, aínda que o anticipa, pois ata o día de hoxe non hai constancia de que quixera dicir algo con esta montaxe, nin de lograr unha visión estética. Así explica:
A relación deses ready-mades nunca me foi ditada por un pracer estético. Tal elección sempre está fundamentada nunha reacción de indiferenza visual, ó mesmo tempo que na ausencia total de bo ou mal gusto.O maior sarcasmo é que obras coma Fonte, un sarcasmo artístico, seguen hoxe presentes nos museos e segan a ser consideradas como valiosas achegas á Historia da Arte. O mesmo Duchamp escribiu:
Lanceilles á cabeza os botelleiros e o urinario como unha provocación e agora resulta que admiran a súa beleza estética.
Cos seus ready-mades está a cuestionar esa gran pregunta: ¿que é a arte?, ¿que lle da valor a peza en si ou a firma?. O que Duchamp deixa claro é que non hai resposta, ninguén sabe como definilo ou en que consiste, a non ser todo aquilo que interroga a propia intelixencia do espectador. É pois este quen completa a obra mentres que o artista só actúa como mediador canalizando os significados xa inherentes ós obxectos e ós materiais.
Unha cousa quedaba clara: arte é sobre todo unha reflexión, unha idea máis que un obxecto, unha técnica ou unha forma.

L.H.O.O.Q.
CATALOGACIÓN
En 1919, sobre unha reprodución da Gioconda de Leonardo da Vinci, Duchamp pinta con lapis uns engadidos (bigote e perilla) e engade un título: L.H.O.O.Q.
Non pretende con esta intervención esnaquizar unha obra mestra, pero si criticar o papanatismo, a veneración que o público lle outorga
As siglas lidas en francés quere dicir Ela ten calor no cu, ou o que é o mesmo está quente.
.......Non pretende con esta intervención esnaquizar unha obra mestra, pero si criticar o papanatismo, a veneración que o público lle outorga
As siglas lidas en francés quere dicir Ela ten calor no cu, ou o que é o mesmo está quente.
CONTEXTO
....ANÁLISE
Provocador, divertido e contraditorio cando Duchamp lle pinta un bigote e unha barbicha a unha reprodución da Gioconda, non está a rir de Leonardo nin intentando demostrar que facía arte.
O obxectivo, igual que cos ready-mades coma a Fonte, era destruír a anquilosada, seria e hipócrita forma de entender a arte por parte dos que, simplemente, a utilizaban no seu propio beneficio.
Neste caso parte dunha postal, unha mera reprodución de baixa calidade, repintada como adoitan facer os colexiais nos libros de texto.
..........
A apropiación de obras ten un longo percorrido no século XX.