CATALOGACIÓN
Óleo e acrílico sobre lenzo, de grandes dimensións (2,69 x 5,30 m) pintado por Jackson Pollock en 1950 e que se atopa no MOMA (Museum of Modern Art) de Nova York. A pintura pertence ao Expresionismo Abstracto, corrente que se desenvolve nos EEUU tras da II GM e da que Pollock é un dos máximos representantes, creador do dripping (goteo e salpicaduras) e o expoñente principal da pintura de acción ou action painting.
A vida e maila obra de Pollock foron vertixinosas. Nuns seis anos pasou de ser un artista case descoñecido ó recoñecemento mundial. Formado en Nova York, a xénese da súa produción pictórica amosa diferentes influencias: a dos muralistas mexicanos, na composición e nos grandes formatos (mira o exemplo de Diego Rivera neste mural Sono dunha tarde dominical na Alameda; e o de Siqueiros: O tormento de Cuauhtémoc ); a das vangardas europeas, nas cores e nos trazos áxiles e soltos -Picasso, Kandinsky ou Miró-; a dos indios navajos de América do Norte, cos seus rituais de pinturas de area. Os seus problemas de alcoholismo e as conseguintes terapias psicanalíticas, particularmente coas técnicas de automatismo, teñen tamén que ver coa xénese da súa obra.
Con todas estes referentes, comezou traballando en lenzos de carácter figurativo (á dereita, Male and Female, 1942). Unha pintura dura, mesta, de cores violentas, coñecida como fase totémica.
No 1947 abandona a figuración e inicia unha das experiencias máis apaixonantes do século: o dripping (goteo). Non era unha técnica totalmente novidosa, xa Max Ernst a tiña empregado, pero Pollock dálle unha absoluta relevancia.

CONTEXTO
Coa II Guerra Mundial, o centro da arte occidental trasladase, por primeira vez, fóra de Europa. París cedíalle o cetro a Nova York. Moitos dos artistas das vangardas europeas, como Duchamp, Mondrian ou Dalí, exílianse nos Estados Unidos (Hitler cualificara as vangardas de arte dexenerada) e o MOMA actúa como difusor da arte das primeiras vangardas, en especial da obra de Picasso que sería de gran influencia para os artistas americanos apoiados pola galería de Peggy Guggenheim (Art of this Century). O mercado artístico collerá un pulo sen precedentes e determinará a creación artística, xa sexa como rexeitamento da obra como mercancía (na liña da arte conceptual e da arte de acción) ou como inserción e aproveitamento das súas canles (como será o caso do Pop Art).
Os artistas dos anos 40, agrupados na denominada Escola de Nova York, son os primeiros en desenvolver unha linguaxe identitaria propia, afastada dos parámetros europeos e do rexionalismo americano. Imbuídos dun espírito de rebeldía creativa, decántanse polo informalismo (como en Europa, Tapies), é dicir por unha pintura que rompa coas formas da tradición e que fuxa de toda regulación e racionalidade.
Esta pintura é a expresión dunha época marcada por profundos cambios sociais e políticos nun mundo que acaba de saír dunha guerra mundial, que ven de descubrir o horror dos campos de concentración, que está a experimentar coa bomba atómica -Hiroshima e Nagasaki- e que se acha inmerso no comezo da Guerra Fría.
Partindo do automatismo surrealista, da espiritualidade herdada de Kandinsky (para quen toda arte é froito dunha necesidade interior) e do expresionismo europeo, os xoves artistas estadounidenses recorren a todo tipo de técnicas par deixar patente a pegada do artista na obra. A pincelada xestual, o goteo, as resgaduras (frottage) e os chorretóns, entre outros recursos, son os transmisores das emocións e sentimentos do artista. O resultado eran lenzos de gran forza visual que reflectían unha acción intuitiva desenvolta nun momento irrepetible.
Isto denominouse Expresionismo Abstracto e Pollock foi o seu mellor representante, sen esquecer a De Kooning.
O reverso do Informalismo foi a pintura de campos de cor (color-field paintings) desenvolta por Rothko. A improvisación, a xestualidade, o automatismo é substituído pola reflexión, a racionalidade e a meditación para crear amplas áreas rectangulares de cor intermediadas por zonas de transición.

ANÁLISE
A Composición nº 1 é unha obra de dimensións enormes, unhas dimensións heroicas que evocan a grandiosidade dos grandes lenzos do pasado pero que era absolutamente novo na pintura moderna. Como todas as outras composicións xa non hai título, simplemente nomea as obras con números para abrir o significado da obra e non limitala coa significación dos títulos.
Coloca o lenzo directamente sobre o chan, pois como el mesmo explica así sente que está dentro da pintura, xira no seu redor e entra nela, incluso quedan as pegadas das súas mans na parte superior dereita
Sobre a tela así disposta deixa caer a pintura, ás veces mesturada con outros materiais, mediante un goteo máis ou menos intenso xa sexa cun pincel, coa man, cun bote furado que leve pintura no seu interior ou lanzando directamente chorros de pintura. É a técnica do dripping ou goteo e salpicaduras que a miúdo retoca con cepillos.
Toda a superficie pictórica se enche de cor e liñas, ou de liñas e cor xa que unha é a outra, non se diferencian como se facía tradicionalmente. De xeito automático e improvisado, sen planificación previa, deixando que a intuición controlada guíe a acción de pintar, acaba por crear unha inextricable maraña de redes filiformes que se engrosan ou adelgaza, que se cortan e superpoñen, que atravesan todo o lenzo e o ocupan por completo. Non hai baleiros, non hai centro nin motivo predominante, non hai composición a non ser ese varrido de liñas dispostas en completo horror vacui, non hai límites previos pois a pintura sobrepasa o lenzo ou este se corta despois de pintar. O resultado é un espazo óptico bidimensional totalmente cuberto de pintura e continuo, all over, capaz de expandirse ata o infinito.
Emprega cores primarias e puras, sen mesturar. Nesta obra emprega branco, azul, amarelo, ocre, gris, negro e rosa lavanda. Aplicados con densidade acaban por xerar unha sensación de rugosidade táctil.
Certamente a obra parece ter vida, obriga a dirixir a mirada en todas direccións, porque o que estamos a contemplar non é senón o acto creativo en si, a pegada do artista ou a pista sobre a súa execución, que se adiviña rápida, enérxica, posuidora dun frenético e axitado ritmo interno e que expresa o espírito do artista. O proceso creativo é o que importa, un proceso irrepetible e imposible de copiar, a action painting que para Pollock era unha especie de ritual, un estado de trance que conecta co primitivismo de Picasso, co automatismo surrealista, coa psicanálise e cos rituais navajos das pinturas de area. Pero un ritual no que conxuga a casualidade, a intuición e o control para crear unha técnica pictórica do presente. El mesmo explicaba

Prefiro pegar a tela sen enmarcar ao muro ou ao chan. Necesito a resistencia dunha superficie dura. No chan atópome mais ao meu aire. Síntome mais próximo ao cadro, penso que formo parte del xa que podo camiñar por arredor, traballar os catro lados e literalmente poñerme dentro.O pintor xa non se sitúa diante do cadro senón que se mete dentro del. Do mesmo modo, o gran formato fai que o espectador non contemple a obra senón que se sinta dentro dela, que quede preso nese entretecido de cor que o pintor lle ofrece.
(...) Continuo separándome das ferramentas usuais do pintor, tales como cabalete, paleta, pinceis, etc. Prefiro paos, culleres, coitelos e gotear pintura fluído ou unha densa pasta con area, vidro moído ou outros materiais inusuais adicionados.
Sobre a tela así disposta deixa caer a pintura, ás veces mesturada con outros materiais, mediante un goteo máis ou menos intenso xa sexa cun pincel, coa man, cun bote furado que leve pintura no seu interior ou lanzando directamente chorros de pintura. É a técnica do dripping ou goteo e salpicaduras que a miúdo retoca con cepillos.
Toda a superficie pictórica se enche de cor e liñas, ou de liñas e cor xa que unha é a outra, non se diferencian como se facía tradicionalmente. De xeito automático e improvisado, sen planificación previa, deixando que a intuición controlada guíe a acción de pintar, acaba por crear unha inextricable maraña de redes filiformes que se engrosan ou adelgaza, que se cortan e superpoñen, que atravesan todo o lenzo e o ocupan por completo. Non hai baleiros, non hai centro nin motivo predominante, non hai composición a non ser ese varrido de liñas dispostas en completo horror vacui, non hai límites previos pois a pintura sobrepasa o lenzo ou este se corta despois de pintar. O resultado é un espazo óptico bidimensional totalmente cuberto de pintura e continuo, all over, capaz de expandirse ata o infinito.
Emprega cores primarias e puras, sen mesturar. Nesta obra emprega branco, azul, amarelo, ocre, gris, negro e rosa lavanda. Aplicados con densidade acaban por xerar unha sensación de rugosidade táctil.
Certamente a obra parece ter vida, obriga a dirixir a mirada en todas direccións, porque o que estamos a contemplar non é senón o acto creativo en si, a pegada do artista ou a pista sobre a súa execución, que se adiviña rápida, enérxica, posuidora dun frenético e axitado ritmo interno e que expresa o espírito do artista. O proceso creativo é o que importa, un proceso irrepetible e imposible de copiar, a action painting que para Pollock era unha especie de ritual, un estado de trance que conecta co primitivismo de Picasso, co automatismo surrealista, coa psicanálise e cos rituais navajos das pinturas de area. Pero un ritual no que conxuga a casualidade, a intuición e o control para crear unha técnica pictórica do presente. El mesmo explicaba
Creo que as novas necesidades precisan novas técnicas, que o artista moderno atopou novos camiños e novos medios de transmitir a súa mensaxe. Creo que o pintor moderno non consegue expresar a época na que vive, o avión, a bomba atómica, a radio, cos métodos que se empregaron no Renacemento e noutras culturas do pasado. Cada época atopa a súa propia técnica.Pollock trata de crear unha arte universal, que non remitira a ningún tipo de iconografía propia dunha cultura determinada e que puidera ser entendida por todos. Tres anos antes da súa morte nun accidente de tráfico, con a penas corenta e catro anos, entra nunha depresión ao entender que as posibilidades do dripping estaban esgotadas.
Detalle no que se aprecian as pegadas das súas mans
|
E mira a Pollock pintando