Amosando publicacións coa etiqueta fotografía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fotografía. Amosar todas as publicacións

09/04/16

ENFOQUES

Non hai dúbida que no ámbito da fotografía de publicidade hai moitos e orixinais artistas. Hoxe fixámonos en primeiro lugar nun fotógrafo que se move entre as referencias surrealistas e a arte pop: Bela Borsodi.
Tras de estudar arte e deseño gráfico na súa Austria natal, marchou a Nova York decantándose polo traballo fotográfico. Hoxe é un artista recoñecido e reclamado polas principais firmas de produtos de luxo.
Unha mostra do  orixinal traballo deste artista controvertido e irreverente, pero tamén creativo e innovador.







O segundo fotógrafo que quero tratar é Michael Kenna, un estilo ben diferente. As súas imaxes da natureza en branco e negro, dentro dunha estética minimalista suxiren serenidade e silencio. Adoita escoller paisaxes insólitos e solitarios que semellan oníricos, moven as emocións en, en primeira estancia, son verdadiramente fermosos.




Como ves unha enorme disparidade entre o obxecto, a técnica e o sentimento.





02/12/15

FOTOGRAFÍA, CANDO 1+1 ≠ 2


A fotografía é unha forma de arte que segue a sorprendernos moi gratamente na actualidade. Algúns destes novos valores nos aportan fermosas e suxerentes imaxes  cunha linguaxe visual moi persoal.
Imos ver algúns exemplos, que se moven entre o conceptual, o surrealismo e o minimalismo. Os tres empregan elementos existentes, simples e claros, pero que cando se suman dan unha significación distinta da que individualmente ten cada un por si mesmo, por iso ese título de 1 mais 1 non é igual a 2. Certamente hai dous, ou mais significantes, que combinados provocan un significado novo.


ERIK JOHANSSON
O rei do retoque fotográfico que combinado escenarios reais, os manipula para crear imaxes surrealistas, paisaxes imaxinarios e ilusións ópticas.
Non deixes de mirar este vídeo do proceso creativo dunha fotografía



 


TANAKA TATSUYA
Na serie Miniature Calendar, que elabora desde fai catro anos, crea un mundo en miniatura combinado obxectos de cotío, froitas, verduras,...






CHEMA MADOZ
Imaxe en branco e negro, con referencias a Magritte e unha fonda sensibilidade poética. Talento, imaxinación, xogos de perspectiva, distorsións e ilusións,....







AARON TILLEY 
Capta o instante previo a que algo nefasto suceda,Pero non nos anticipemos, desfrutemos desde intante previo pois de momento "nada sucede"






RICH McCOR, coñecido como Paperboyo
Engade figuras recortables a imaxes icónicas de distintos países, unha foto que faríamaos calquera turista. Xa ves que non intenta ocultar o trampantollo, sempre se ve a súa man suxetando a figura de papel que serve para o xogo. Un grato divertimento.




ADRIAN LIMANI
Podíamos definílo como o fotógrafo que xoga coa Lúa




SARAH ILLENBERG
Serie denominada Tutti Frutti, un xogo compositivo escultórico, logo fotografiado, no que os elementos empregados -froitas, verduras- adquiren un novo significado









20/05/15

FOTOMONTAXE


Bénédicte Lacroix, xoga coa Arte colocando por medio do retoque fotográfico -¿bendito Photoshop, cantas desfeitas arregla!- os rostros de celebridades -reais ou de película- do noso tempo dentro de cadros clásicos.
O proxecto denomínase Voyages dans le temp, pois certamente os rostros do presente viaxan ós lenzos do pasado. O resultado da fotomontaxe é verdadeiramente interesante e divertido.Case que podemos xogar na casa a facer o mesmo.
Vexamos algúns exemplos, podes encontrar máis buscando por aí có nome da autora.

A. Cabanel, Nacemento de Venus

Caravaggio, Baco enfermo

Jim Parsons

Adélaïde Labille-Guiard, retrato de Joachin Lebreton

Daft Punk
Cezanne, Xogadores de cartas

Rowan Atkinson

Gustav Courbet, Autorretrato

Michael Jackson
Robert Lefèvre, Retrato de Pierre Narcisse Guerin


Angelina Jolie
W. A. Bouguereau, Retrato de Branche de Laurier


Miley Cyrus

H.G. Schlesinger, Spanish Beauty

Johnny Deep

Jean-Léon Géròme, Mercader de O Cairo


En fin, non é un proceso moi complexo, trátase de buscar unha foto axeitada e un cadro que encaixe coa persoa. Logo hai que poñerse mans á obra e .... tachín....aí está o resultado.

Por certo, xa que esta entrada resulta da suxerencia dun compañeiro, tan só un saúdo: hola, Xan, espero que che guste o resultado.






  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir