MINIMALISMO
-EQUIVALENTE VIII
CATALOGACIÓN
Autor: Carl André
Arte minimal
Cronoloxía: 1966
Categoría: escultura
Localización: Tate Modern
Carl André (1935-), artista estadounidense se adicou fundamentalmente á escultura na arte conceptual, na arte minimalista e no Land art. Usa principalmente materiais industriais (como no caso que nos ocupa ladrillos cerámicos), madeira ou metal, preocupándose sempre pola busca de formas xeométricas perfectas.
A arte minimal é un estilo artístico xurdido nos anos 50 nos EEUU vencellado dende un principio á xeometría como obxectivo formal. Deriva directamente do construtivismo ruso e do neoplasticismo. Os artistas deste movemento queren conseguir o maior nivel de abstracción posible polo que se someten a unha xeometría moi pura e simple. Así se reducen os detalles ó máximo (de aí o nome do estilo), apostando pola simplicidade e eliminando os elementos sobrantes. Ademais de formas xeométricas simples tamén empregan cores puras, para conseguir orde e precisión. Hai tamén un desexo de ocultar a man do autor e así as obras soen ter un acabado industrial, impersoal que lles quita calquera aspecto de manualidade. É unha arte na que a obra non quere representar nada, simplemente é. Os obxectos teñen a única finalidade de facernos experimentar como nos afecta a súa presenza, tanto a nos coma ó espacio que habitamos. Outros autores ademais de Carl André son Donald Judd e Sol Lewitt.
CONTEXTO

ANÁLISE
Estamos diante de 120 ladrillos refractarios dispostos en dúas capas de 10x6 ladrillos. Obra dun escultor que non esculpe, nin talla nin modela, nin funde, toma materiais e os dispón, iso é todo. Nin sequera as monta sobre un pedestal. Mais esas configuracións formais adquiren significado por si mesmas e polo espazo que ocupan obrigando ó espectador a rodealas ou, se o considera, a pisalas.
Esta obra pertence a unha instalación maior chamada Equivalent Series realizada no ano 1966 na Galería Tibor Nagy de New York e que se compoñía de 8 formacións diferentes -sempre da mesma altura- de 120 ladrillos -polo tanto, sempre o mesmo volume-, que superpostos en dúas capas ocupaban todo o espazo da sala e así os espazos baleiros semellaban ser parte indisoluble do conxunto da obra. Entendemos dende este punto de vista o título da obra, xa que cada formación aínda que con distinta configuración ten exactamente a mesma masa, peso e volume, é dicir son equivalentes.

André quería xenerar a sensación de horizontalidade extrema que recorda o nivel da auga e o espacio entre as esculturas era tan importante como os ladrillos mesmos polo que é chamativo como é posible que máis tarde se venderan as obras por separado rompendo esta unidade espacial. André solucionouno en parte creando en 1995 unha reprodución desta exposición para devolverlle a unidade á obra.
A compra da obra pola Tate Modern supuxo un pequeno escándalo xa que moita xente cuestionou mercar 120 ladrillos por 2.000 $, pero como pasa habitualmente có mundo da arte a obra se revalorizou, e hoxe está tasada en torno ós 850.000 $.
“A escultura resulta completamente abstracta, claramente concisa, simétrica, premeditada e carente de calquera tipo de efectismo. O artista elaborouna do xeito máis impersoanl posible. André no quere que pensemos que Equivalencia VIII é outra cousa que o que é: 120 ladrillos que forman un rectángulo, pero… si é unha obra de arte, cal é o seu obxectivo? Simplemente ser vista, desfrutada e xulgada en termos exclusivamente estéticos e materiais, polo seu aspecto formal e as sensacións que xenera. Non hai que interpretar a obra, nin hai ningún significado oculto que desvelar, cousa que na miña opinión é moi liberadora. Por unha vez non falta trucos nin coñecementos especializados, só se trata de tomar unha decisión: gústame ou non? A min me gusta!”
Will Gompertz: ¿Que estás mirando? 150 años de arte moderno en un abrir y cerrar de ojos. Madrid, Taurus, 2013.
A súa obra causou tanta controversia como o urinario de Duchamp. A prensa satirizou o asunto
Música minimalista: Clapping Music de Steve Reich