Amosando publicacións coa etiqueta mozárabe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mozárabe. Amosar todas as publicacións

08/10/19

VARIEDADES PRERROMÁNICAS


No s. V, os pobos bárbaros invaden o Imperio Romano de Occidente rompendo a unidade política e artística (hai baleiro de estilo unificado, non de estilos nin artístico).
A arte e a cultura fragméntanse nun proceso de rexionalización que rematará coa unidade da Europa románica.
Así pois denominamos arte prerrománica o conxunto de estilos artísticos da Europa Occidental.
Resulta da suma de distintas herdanzas:
  • Romana. Emprega os seus elementos construtivos pero con técnica deficiente. Ademais da precariedade económica, os bárbaros non contaban con tradición construtiva. A escultura, realizada en obradoiros locais, é pobre e escasa, simplificada e esquematiza, poucas veces figurada.
  • Bárbara. Visible no gusto polos obxectos ornamentais (fíbulas, broches, espadas,.), utilizando materiais preciosos (ouro e xemas). Temas decorativos de tipo xeométrico e vexetal (cestería, roleos, rosetas, cruces patadas, sogueado).
  • Bizantina e oriental. Animais fantásticos(grifóns), animais en roelo; cruz grega; xogos de cúpulas; mosaico dourado de temática cristiá. A Igrexa, xunto coa monarquía, será a principal promotora.

ARTE VISIGODA, VI-VIII


Proceden do Sur da Galia, expulsados polos francos. É o pobo xermano máis romanizado
No s. VI fundan un reino na Península Ibérica con capital en Toledo que abarca o centro e oeste da península.
Recaredo convértese ó cristianismo (eran arrianos) a finais do s. VI, e tras del todo o reino.  Conseguen así  a unidade relixiosa
Período de esplendor o s. VII
Remata coa invasión árabe no 711.




Unha visión global


ARQUITECTURA


MURO SOPORTES ARCO

Ladrillo ou perpiaños a soga e tizón en seco en fiadas irregulares, percorridos por cenefas decorativas. Ó ser de muros fortes non precisa contrafortes

Columnas con capiteis de inspiración corintia ou troncocónicos invertidos con relevos e grosos paralelepípedos a modo de cimacio

Diferencia co califal: peralte de 1/3 en lugar de ½ do radio; doela salmer disposta horizontalmente polo que o trasdós e o intradós non se corresponden; despece ó centro do diámetro
PLANTAS CUBERTAS ICONOSTASIO

Basilical ou centralizada de cruz grega inscrita en rectángulo. Espazos interiores compartimentados. Cabeceiras rectas interior e exteriormente. Ábsidas tripartitas (a modo de eremitorios para facer penitencia) Pórticos avanzados nos pés. Ás veces tamén pórticos no cruceiro

Bóvedas de canón, de arestas; teitumes de madeira; cúpula no cruceiro

Iconostasio pechando o transepto (espacio para a xerarquía eclesiástica)
VANOS CIBORIO CENEFAS

Poucos e estreitos

Construcción elevada sobre o cruceiro en forma de torre)

Repetidas ó longo dos muros con formas xeométricas, vexetais,roleos,...



RELEVOS

Plano e esquemático en frisos, cancelas, impostas, basas, capiteis e cimacios, é dicir sosmetido á arquitectura. 
Algúns sarcófagos motivos xeométricos, vexetais, roleos, animais rampantes e simbólicos. 
Ás veces formas figuradas que poden resultar difíciles de interpretar

OURIVERÍA


Emprega materiais moi diversos -ouro, pedras preciosas, vidros de cores- e diferentes técnicas: filigrana e repuxado, pedras preciosas en cabujón 
As pezas máis repetidas son as fíbulas aquiliformes, as coroas votivas (regaladas polos monarcas ás igrexas, seguindo costume bizantino), aneis, … 
O conxunto máis importante é o de Guarrazar.


ARTE CAROLINXIA, VII-IX

Reinado de Carlomagno (768) ata a disgregación do imperio (855) 
Binomio Igrexa-Estado: a Igrexa para contar cun brazo armado e o Estado, dinastía carolinxia, como aglutinante imperial
Desexa reverdecer a unidade imperial e cristiá 
A estabilidade política e a mellora económica, favorecen a renovación cultural e artística
Marco xeográfico moi amplo: Alemaña, Francia, Suíza e a Marca Hispánica. Centro, Aquisgrán

ARQUITECTURA


Cortesán e eclesiástica (igrexas) predominando a planta basilical con cruceiro destacado,  deambulatorios,  cubertas de madeira,  columnas e piares cruciformes,  arco de medio punto.

Capela Palatina de Aquisgrán, actualmente dentro da Catedral.





ARTE ASTURIANA

Invasión musulmán (711), foco de resistencia no Norte, Asturias, que queda incomunicada
Monarquía, Corte asentada en Oviedo
Aínda que senténdose continuadora da monarquía visigoda, non se identifica con ela, tenta constituír unha monarquía independente e renovada
Artisticamente enlaza coa tradición romana, pero recibe as influencias doutras cortes europeas (carolinxio), así como as visigodas e musulmáns. Utilízaas con gran singularidade
ETAPAS
1ª - Afonso II
2ª - Ramiro I, plenitude, mediados do s. IX: Sta Mª do Naranco, S Miguel de Lillo
3ª - Afonso III: S Salvador de Valdediós, Sta Cristina de Lena

ARQUITECTURA


MURO SOPORTES ARCO

Ladrillo e cachotería, reforzada con cantería nas esquinas e nos contrafortes

Preferencia polo piar, a miúdo sen capitel; columnas de fuste sogueado con basas e fustes enriquecidos

De medio punto peraltado, ás veces de ferradura por influencia visigoda
PLANTAS CUBERTAS CONTRAFORTES

Basilicais de 3 naves, con ábsidas rectangulares no exterior e n o interior. Pórtico lateral

Bóvedas de canón, a miúdo peraltada, sobre arcos faixóns. Previamente cubertas de madeira

Estreitos e abundantes para contrarrestar os empuxes das bóvedas (novidoso)
VANOS ORNAMENTO CÁMARA


Fiestras xeminadas, celosías e alfís

Repetidamente medallóns ou clípeos, cintas, sogueado; tamén pintura mural

Cámara secreta sobre a ábsida central con acceso desde o exterior (?)



OURIVERÍA

Como nos casos anteriores escasea a escultura de vulto redondo, pero interese da orfebrería





ARTE MOZÁRABE, s.X

Mozárabe = cristiáns baixo dominio musulmán
Tamén chamada arte de repoboación (emigrados ao norte do Douro)
Construcións cristiás con elementos musulmáns: fusión das dúas culturas


Unha introdución e as xeneralidades

Mozárabe from Asun on Vimeo.

ARQUITECTURA


ARCOS BÓVEDAS SOPORTES

Herdanza musulmá: de ferradura califal, con alfís
Herdanza musulmá: de nervios califal, gallonadas. Tamén cubertas de madeira Herdanza musulmá: columnas con capiteis corintios de trépano
MODILLÓNS DE ROLOS PLANTA ÁBSIDAS
Herdanza musulmá para soportar os aleiros
Pequenas e variadas, estructuras complicadas. Tende a compartimentar os espacios

Rectangulares no exterior e de ferradura moi pechado no interior (recordan os mihrabs)
MURO ICONOSTASIO VANOS

De perpiaños e cachotería, grosos para suxeitar as bóvedas, con aleiros e cornixas
Pechando o transepto
Escasos, estreitos, celosías






O SÉCULO X EN GALICIA 

Desaparecida a monarquía visigoda coa invasión árabe, organizáronse certos núcleos de resistencia no Norte da Península (Asturias), mentres Galicia mantivo unha actitude máis ben pasiva diante destas novas circunstancias. 
Se ben engarza coa dinastía asturiana, a calma que aquí se respira fai que veñan xentes procedentes das terras sometidas, os mozárabes. Deste xeito, Galicia ten a nivel artístico, dúas influencias: a asturiana e a mozárabe ou arte da repoboación. 

  • A principios do século IX, o bispo de Iria localiza a tumba de Santiago e edifica unha capela sobre un mausoleo romano, e logo, en tempos de Afonso III érguese a primeira  basílica, con influencia ovetense. Esta basílica será destruída por Almanzor no 997.

  • Remodélase Santa Comba, con engadidos astures
  • Fúndase en S. Martiño de Mondoñedo unha nova sede monástica cando os monxes de Dumio (cerca de Braga) foxen diante da ocupación musulmán
    Pese a que a obra é maioritariamente dos ss. XI e XII, aínda pervive nela a influencia asturiana (estreitez da nave, cantería a soga e tizón) xunto coa visigoda (abaixo, capitel como pila da auga bendita, capiteis da portada, reaproveitamentos na ábsida central)
    O retablo pétreo ou antipendio considérase do IX.






  © Blogger template 'Solitude' by Ourblogtemplates.com 2008

Subir