Por certo, a introdución destas representacións parte de Nápoles -o inventor do "nacemento" fora San Francisco de Asís-, e foi Carlos III -antes rei de Nápoles- quen impulsou entre a aristocracia estas representacións. Artista destacado na elaboración das figuras foi Salzillo a quen pertence o misterio da imaxe superior.
Pero agora imos centrarnos nas iconografías pictóricas dun dos temas relacionados có nacemento que teñen sido moi habituais na pintura occidental. Tratan os distintos episodios: Anunciación, Encarnación, Fuxida a Exipto, Natividade, Anuncio aos pastores, Adoración do Neno, Adoración dos Reis Magos, Presentación no templo, etc.
Existen, sen embargo, dous modelos iconográficos pouco empregados, quizá porque resultaban demasiado "humanas". Foi a partir do Concilio de Trento, gran impulsor do culto mariano, cando ambas representacións se prohibiron de xeito que as existentes nos altares houbo que retiralas.
- As Virxes encinta, denominadas Virxe do Parto ou coas advocacións de Nosa Señora da O, da Esperanza, da Cinta, da Espera, da Expectación.
Adoita estar acompañada de anxos e sinalar coa man dereita o seu ventre. Aquí tes dous exemplos de pintura italiana: Tadeo Gaddi e a magnífica de Piero della Francesca onde a Virxe de pé, frontal e hierática desabotoa o vestido sobre o ventre ao tempo que os anxos comezan a correr as cortinaxes para protexer a intimidade do momento (en certa medida recordan os anxos de Giotto que abren os ceos na capela Scrovegni).
- Existe outra iconografía moi curiosa, procedente das iconas e mosaicos bizantinos, a Virxe Blachernitissa, en actitude orante e cun medallón no ventre presentando o Neno como signo da súa maternidade, sen que o seu ventre mostre signo de embarazo. Abaixo á esquerda, un mosaico da basílica de San Salvador de Cora en Turquía e á dereita unha icona do século XIII.
Unha especie de mistura entre a Virxe da Expectación e a Blachertinissa da como resultado un novo modelo no que a Virxe mostra o seu estado encinta máis unha pequena imaxe do Neno no ventre ou faise alusión por medio dun disco solar como alegoría de traerá a uz ao mundo.
Á esquerda, en Castilleja de la Cuesta, Sevilla. Á dereita, Catedral de Valencia. |
- As Virxes aleitando o Neno, ou Virxe do Leite. É un modelo iconográfico de orixe bizantina denominado Galaktotraphousa. Sexan exemplo esta táboa de Jan van Eyck e o baixorrelevo Miguel Anxo.
Ademais de imaxes illadas, aparece inserta en representacións evanxélicas como na Sagrada Familia ou na Fuxida a Exipto que inclúe a denominada Virxe do Repouso -abaixo, obra de Patinir-, tamén en compañía de santos ou como este exemplo curioso de Van der Weyden de San Lucas retratando a Virxe
O Concilio de Trento que impuxo a idea de pudor nas imaxes, non impediu que a advocación iconográfica se mantivera pero si que se amosara o peito. Tal é o caso desta delicada representación de Luís de Morales, á dereita, ben distinta da de Bartolomé Bermejo, á esquerda.
Tres exemplos de tallas galegas
![]() Museo Catedral de Mondoñedo | ![]() Igrexa de Santiago, A Coruña | Casa-Museo Emilia Pardo Bazán |
NATIVIDADE
Pero volvamos ó tema que nos ocupa, a celebración do grande episodio que se conmemora no Nadal: a Natividade.
As fontes son os Evanxeos, particularmente o relato de San Lucas, e, sobre todo, os Apócrifos.
Lucas (2,4-7) explica a razón do nacemento en Belén sen engadir máis dealles
Y aconteció en aquellos días que salió un edicto de César Augusto, para que se hiciera un censo de todo el mundo habitado.2 Este fue el primer censo que se levantó cuando Cirenio era gobernador de Siria.3 Y todos se dirigían a inscribirse en el censo, cada uno a su ciudad.4 Y también José subió de Galilea, de la ciudad de Nazaret, a Judea, a la ciudad de David que se llama Belén, por ser él de la casa y de la familia de David,5 para inscribirse junto con María, desposada con él, la cual estaba encinta.6 Y sucedió que mientras estaban ellos allí, se cumplieron los días de su alumbramiento.7 Y dio a luz a su hijo primogénito; le envolvió en pañales y le acostó en un pesebre, porque no había lugar para ellos en el mesón.
En cambio dos Apócrifos proceden elementos como: a cova e o pesebre (o que fai pensar nunha corte non nunha cova); o boi e o asno; a luz celestial (primeiro como estrela no ceo e logo emanando do propio Neno, o que lle da un significado engadido: Xesús trae a luz ó mundo); os anxos que entoan o Gloria; os pastores coidando o gando e acercándose a ver o prodixio e as parteiras que foi buscar Xosé.
Se ben as representacións escultóricas son escasas, as pictóricas son moi abondosas. Uns exemplos de relevos en Francia: Nosa Señora de Poitiers, San Trófimo de Arlés (fachada e claustro), San Lázaro de Autun.
E tres exemplos en España: sarcófago de San Ramón na Catedral de Roda de Isábena (Huesca), no mosteiro de San Juan de Ortega, Burgos, e en San Juan de Duero.
En calquera caso hai trazos que se repiten dentro dunha iconografía moi estable e tamén certas variantes, miremos algunhas
dentro dos compoñentes básicos.
- O NENO |
Pode estar espido ou envolto en cueiros dentro dun pesebre ou no chan, sempre centrando a composición. Ás veces minúsculo, maioritariamente esperto, poucas veces como un verdadeiro recen nacido.
En todo caso o que sempre se subliña é a pobreza.
A luz que emana ou a aureola que o rodea, é simbólica: a luz do mundo. En ocasión a luz procede do alto nun rompemento de gloria que o ilumina. En calquera caso serviu a moitos pintores para o tratamento do claroscuro.
- A VIRXE |
Nova e doce, adoita vestir de azul, a cor da pureza e a humildade, estar de xeonllos en actitude orante ou sentada co Neno en brazos, se ben houbo representacións nas que aparece deitada na cama seguindo a fórmula bizantina, a única que amosa a incidencia do parto.
Pero son as dúas primeiras as que remataron por impoñerse a partir do s. XV, pois facía fincapé en que o nacemento non produciu danos físicos en María. Este modelo que se configura como Adoración no pesebre, arranca das visións de Santa Bríxida de Suecia (publicadas no 1492). Escribe:
Cuando la Virgen sintió que había dado a luz a su Hijo, le adoró inmediatamente, con su cabeza inclinada y sus manos juntas
- SAN XOSÉ |
Xosé, o pai putativo (Pater Putativus = pepe), aparece como un home moito maior que María, queda en lugar secundario ou o seu tamaño vese reducido por mor da perspectiva xerárquica. Incluso non estaba presente nas primeiras representacións como vimos de ver.
Como mero espectador alleo aos acontecementos, pode aparecer durmido, pois no soño o anxo o avisa sobre o perigo de Herodes. Outras veces está pensativo cunha actitude melancólica nunha esquina. Posiblemente está actitude parte do escrito en Mateo 1, 24-25
24 Y despertando José del sueño, hizo como el ángel del Señor le había mandado, y recibió a su mujer.25 Pero no la conoció hasta que dio a luz a su hijo primogénito; y le puso por nombre Jesús
Outra representación característica preséntao portando a vela para iluminar a noite. Eso sí, aínda que a obra presente a escena de día. É unha iconografía mais propia do norte de Europa.
Pero tamén pode compartir con María a adoración do Neno seguindo a narración xa citada de Santa Bríxida:
En ese momento, San José se postró en el suelo y sollozó de alegría y arrodillados ambos le adoraron
A partir da Contrarreforma vai adquirir un papel mais relevante como pai implicado e, incluso, partícipe nas tarefas do que acontece. Así encontramos algunhas mostras nos que o vemos colaborando coas parteiras na preparación do baño, preparando o pesebre, co Neno en brazos, cargando palla, arranxando as botas ...
E ben gracioso resulta este san Xosé do Bosco a quen, no panel esquerdo do Tríptico da Adoración dos Magos vemos acubillado secando os pañais no lume, mentres os Magos ofrecen os seus presente na táboa central.
- AS PARTEIRAS |
Os evanxeos apócrifos, particularmente o Pseudo Mateo e o Protoevanxeo de Santiago, recollen que Xosé chamounas cando viu que se producía o parto.
Danse dous nomes: Salomé e Zelomi. A primeira, incrédula, quixo confirmar a virxindade de María pero foi castigada coa parálise das mans aínda que logo o Neno curouna milagrosamente. Son pois a testemuña da milagrosa concepción de Xesús.
O seu papel limitouse ó baño do Neno recen nacido.
A súa presenza foi habitual nas primeiras representacións, se ben perviviron no ámbito da igrexa ortodoxa, mais acabarían por seren suprimidas das representacións da Natividade ó se impoñer o modelo de Adoración e ser rexeitadas polo Concilio de Trento por razóns doutrinarias.
Escasean os relevos que recollan a súa participación na Natividade, como neste capitel do claustro da Catedral de Tarragona.
Pode ser un alpendre, unha gruta (Lenda Dourada, Apócrifos) ou unha corte habitualmente medio derruída como símbolo da decadencia do mundo antes do nacemento de Cristo.
Co tempo os artistas adoptaron construcións da propia época dentro dun marco máis urbano.
É común que sexa de noite polo que ás veces San Xosé aparece cunha vela ou un candil como xa comentamos.
Altdorfert, s.XVI, resulta ben diferenciado no seu estilo. Engade elementos de dubidosa interpretación. Ruinosas estruturas arquitectónicas sosteñen un teito de de o que uns pequenos anxos lanzan palla ao chan. Outros suben/baixan pola alta escaleira. No primeiro plano María axeonllada en oración, o Neno rodeado por anxos que parecen protexelo dun risco incerto, Xosé olla o alto levantando o candil. O ceo de vermello solpor resulta ameazador. O conxunto está cheo de dramatismo e inquedanza. |
- OS PASTORES |
O aviso aos pastores adoita compartir escena coa Natividade como unha escena máis no fondo. En principio o seu número é escaso e aparecen ben separados do pesebre, pero acaban por se achegar e rodear ao Neno. Ghirlandio combina as dúas fórmulas: tan só tres en adoración pero un grande cortexo que se aproxima.
Visten roupas pobres, portan apeiros de labranza, a veces instrumentos musicais. Fan entrega das ofrendas para o recen nacido. Unha delas será simbólica, o cordeiro, en alusión ao seu sacrificio redentor.
.jpg)

.jpg/1200px-Adoraci%C3%B3n_de_los_pastores_(Ma%C3%ADno).jpg)
Caravaggio, s.XVI, ofrece a visión máis verista de toda a historia da arte. No interior dun escuro establo, unha muller tumbada no chan e apoiada no pesebre ven de dar a luz, está esgotada, desaliñada, pero sostén amorosamente o pequeno. Á dereita, Xosé en primeiro plano e tres pastores observan abraiados e con adoración. Só un sinxelo halo de luz permite recoñecer as santas figuras. A mula e o boi no fondo, son alleos ao acontecer, non como a miúdo convertidos en figuras partícipes. Tenebrismo e naturalismo en plennitude. |
|
- OS ANXOS |
O anxo anunciador sitúase en solitario no alto do ceo, fóra do espazo sagrado, pode portar cartelas de adoración como signo de recoñecemento da divindade do recen nacido.
Non en tanto, pronto se incrementa o número de anxos, en adoración ou como cantores. Agora sí integrados na escena, de xeito que o anxo anunciador queda reducida a un mínima figura ao lonxe.
- CON DOANTES e SANTOS |
O tema da Natividade resultaba moi acorde para amosar a piedade dos comitentes, ou para recalcar o recoñecemento dos santos.
Con todos estes elementos que vimos de revisar, personaxes e motivos, cada artista recrea a escena ó seu xeito de modo que paisaxes, arquitecturas ou vestimentas non teñen nada que ver coa Palestina de comezos da nosa era.
Pechamos con esta Natividade Mística de Botticcelli , datada no 1501.
Aínda mantendo parte da iconografía clásica, converte toda a escena nunha adoración: no centro, a Sagrada Familia (nótese a desproporción de tamaños); á dereita, os pastores, e á esquerda, os Reis Magos.
A gruta cun teito de palla, na que ten lugar o nacemento ábrese para deixar ver o bosque do fondo
No alto unha especie de cúpula dourada con anxos danzantes portando ramas de oliveira, tamén portan o mesmo os tres anxos sobre lo tellado cun libro nas mans. Abaixo no primeiro plano, tres anxos abrázanse con tres homes que levan oliveiras con cintas e cabezas laureadas. Na parte inferior, os demos foxen polas gretas da terra.
Pese ás desproporcións, á rixidez das figuras e á antinaturalidade, a obra sorprende e intriga nos seu significado.
Analizándoa en franxas horizontais, a parte superior simbolizaría a rexeneración espiritual; a franxa media, estaría en relación coa misión terreal de Xesús; a franxa inferior, aludiría á consecución da paz que empurra os demos ao inframundo.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Aproveito o tema para incluír, aínda sen relación directa, unha talla do Museo Catedralicio de Mondoñedo.
O grupo escultórico do XVII, alude ao regreso de Sagrada Familia a Nazaret tras da morte de Herodes.
É unha talla en madeira ricamente estofada, pertencente a un discípulo galego de Gregorio Fernández, semellante a un conxunto seu (en San Antolín de Tordesillas). Pero esta obra destaca pola actitude agarimosa e coidadora duns pais cara ao seu fillo.
Pera xa nesas datas había outra celebración antiga, as Saturnais na honra de Saturno, relacionadas cos cultos agrarios. Eran días de festa a todos os efectos, entre o 17 e o 23 de decembro tras do remate dos traballos da sembra, nos que se decoraban as casas con velas, plantas e grilandas, facíanse comilonas e regalos entre amigos e familiares vestidos coas súas mellores galas, amén dun grande banquete público despois dos sacrificios no templo de Saturno que tiña lugar o primeiro día festivo. Era típicas as tortas saturnalia, un bolo de figos, mel e dátiles que escondía unha faba e servía a un xogo: quen a encontraba era nomeado Princeps Saturnalicius, todos debían cumprir as súas ordes. Como ademais se asociaban coa igualdade entre todos os homes, os escravos eran libres eses días e incluso invertían o papel co do seu amo. Eran días de festa rachada nos que encontrar unha persoa sobria volvíase excepcional.
Así que a festa do Sol Invicto converteuse nunha data máis sinalada dentro dos días das Saturnais, o apoxeo da celebración.
Queda un último paso: cristianizar as celebracións pagás. Isto produciuse por acordo entre Constantino e o papa Xulio I, as Lupercais pasaron a ser o día de san Valentín e as Saturnais mudaron ó mes de febreiro, hoxe Carnaval. Mais quedaba por fixar a celebración da Natividade e sen dúbida resultaba idóneo o 25 de decembro, antes día do nacemento do sol e agora día do nacemento de Cristo por orde do papa Liberio no 380. Ata entón os cristiáns celabrábana o 6 de xaneiro, a Epifanía, que logo quedou como Día de Reis a onde pasou a torta saturnalia convertida despois en roscón de reis.
O que cambiou foi o resultado de encontrar a faba, de significado positivo a negativo: o que encontre a sorpresa debe pagar o roscón. Aí está tamé a orixe da frase "tonto del haba".